Premios Martín Códax da Música

Premios Martín Códax da Música Os Premios da
Síguenos en Facebook, Instagram e X A inscrición aos Premios é libre e gratuíta. Máis información: www.premiosmartincodaxdamusica.gal

A convocatoria está promovida por Músicas ao Vivo, e vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano 2022.

11/09/2023

Músicas Ao Vivo mostra o seu pesar polo falecemento de Dorothé Schubarth. O seu legado foi vital para a preservación da tradición oral galega.
Premio Honorífico Martín Códax 2017.
https://acortar.link/IHD0pJ

LUZ CASALPremio Honorífico"Recibo con moitísimo gusto esta honra", así falaba unha emocionada Luz Casal tras este recoñe...
22/06/2023

LUZ CASAL
Premio Honorífico
"Recibo con moitísimo gusto esta honra", así falaba unha emocionada Luz Casal tras este recoñecemento a toda a súa carreira, ao recibir o Premio Honorífico desta X edición dos Premios Martín Códax da Música.
👉 Toda a información do seu último traballo "Las ventanas de mi alma", próximos concertos e últimas novas, na súa web https://luzcasal.es
▶ Podedes ver a súa intervención na gran festa da , no vídeo completo da Gala dispoñible en Youtube: https://bit.ly/3pepyiD
🙌 Moitísimos parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo Luz Casal Luz Casal _ News

GALICIANTUNESPremio Organistrum: Proxectos de Comunicación e Difusión Musical"Moitas grazas aos músicos por este recoñec...
22/06/2023

GALICIANTUNES
Premio Organistrum: Proxectos de Comunicación e Difusión Musical
"Moitas grazas aos músicos por este recoñecemento, fainos doble ilusión sabendo que ven do propio sector", eran as palabras de Jacobo Sutil da Agadic, tras recibir a estatuíña melómana na categoría Organistrum de Proxectos de Comunicación e Difusión Musical por GalicianTunes.
"Galiciantunes" é a marca da promoción internacional da música galega, ideada como plataforma conxunta das institucións, empresas e asociacións profesionais do sector musical en Galicia.
👉 Páxina web: http://www.galiciantunes.com
🎵 Spotify: https://bit.ly/3XdbS3M
▶ Youtube: https://bit.ly/448Icae
🙌 Moitos parabéns polo premio!
Músicas Ao Vivo

FOLIADA DA FONSAGRADAPremio Organistrum: Festivais"Somos un grupo de rapaces e rapazas de 27, 26, 25 anos e menos... que...
21/06/2023

FOLIADA DA FONSAGRADA
Premio Organistrum: Festivais
"Somos un grupo de rapaces e rapazas de 27, 26, 25 anos e menos... que fai 8 anos nos deu a toleada de facer un punto de encontro alí a 960m de altitude do mar, na montaña lucense", así de claro falan dende a Foliada da Fonsagrada, tras subir a recoller a estatuíña melómana na categoría Organistrum de Festivais.
Dende o 2015 a Asociación Cultural Petapouco e a Destempo organiza a Foliada da Fonsagrada, buscando achegar a cultura propia aos máis novos, promover a conservación da propia tradición oral e musical, rompendo cos estereotipos de xénero do baile tradicional e aproveitando para reivindicar tamén a idiosincrasia desa terra de grandes artistas.
▶ Mirade o fermoso vídeo resumo da súa última edición: https://bit.ly/3PkwhlD
🙌 Parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

SALA REBULLÓNPremio Organistrum: Salas"Grazas a toda a veciñanza comuneira de Tameiga, e a súa comunidade de montes, por...
21/06/2023

SALA REBULLÓN
Premio Organistrum: Salas
"Grazas a toda a veciñanza comuneira de Tameiga, e a súa comunidade de montes, porque sen eles non sería posible este proxecto", emocionantes agradecementos da Sala Rebullón tras recoller o premio Organistrum de Salas.
A Sala Rebullón é un proxecto impulsado pola Comunicade de Montes de Tameira, un espazo cultural que conta, ademais, cunha fantástica acústica que vos recomendamos desfrutar cando retomen programación, que de seguro volverá a ser de calidade e diversa.
👉 Toda a info en https://www.salarebullon.com
▶ A súa canle con vídeos de concertos: https://bit.ly/3NC2G60
.
🙌 Moitos parabéns polo premio!
Músicas Ao Vivo

SERGIO DE MIGUELPremio na categoría de Artista Emerxente"Grazas a todas as persoas que están involucradas no proxecto At...
20/06/2023

SERGIO DE MIGUEL
Premio na categoría de Artista Emerxente
"Grazas a todas as persoas que están involucradas no proxecto Atlántida, que é o meu último álbum", agradecementos de Sergio De Miguel Music tras recibir a estatuíña melómana na categoría de Artista Emerxente.
En "Atlántida", Sergio de Miguel fusiona a música tradicional galega co flamenco, o jazz, elementos da música clásica, da música latina e doutras músicas do mundo.
➡ Podedes desfrutalo no seu Spotify: https://bit.ly/449em5t
👉 Próximos concertos en Galicia: o 16 de agosto no Filloa Jazz Club (A Coruña), o 17 no Vitruvia Café (Vigo), o 18 en Villa Solita(Vigo) e o 19 na Abadía de Eiras (O Rosal). Non o perdades!
🙌 Parabéns por este recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

PILLABANDPremio na categoría de Música Infantil"Todo isto empezou cun caderno esquecido nun faiado, dunha rapaza que se ...
20/06/2023

PILLABAND
Premio na categoría de Música Infantil
"Todo isto empezou cun caderno esquecido nun faiado, dunha rapaza que se chama Eva, que tiña debuxados uns personaxes que foron o principio desta historia, deste conto musicado que se chama A árbore dos desexos", así o explicaba Pillaband tras recoller o premio na categoría de Música Infantil.
"A árbore dos desexos" é un relato musicado familiar que fala, entre outras cousas, de descubrimento persoal, de amizade, de perseverancia e da inclusión, e que podedes escoitar en Bandcamp: https://bit.ly/43NQBQX
▶ Vídeo "Hoxe nada pode saír mal": https://youtu.be/JVbVzf0mey0
🎵 En directo: 8 de xullo en Muros, 11 xullo en Meis e 23 xullo en Vigo
🙌 Moitos parabéns!
Músicas Ao Vivo

MOMBOIPremio na categoría de Pop e Indie"Ás veces as forzas fraquean un pouquiño, pero este recoñecemento que nos dades ...
19/06/2023

MOMBOI
Premio na categoría de Pop e Indie
"Ás veces as forzas fraquean un pouquiño, pero este recoñecemento que nos dades é moi importante para nós", emocionante mensaxe de Momboi ao recoller a súa estatuíña melómana da categoría de Pop e Indie.
Non vos perdades o seu último traballo, "Vacacións en Ornanda", do que sacaron o sinxelo "Último baile" que podedes desfrutar aquí: https://youtu.be/2ZABpEw4BrU
👉 Toda a súa música en: https://bit.ly/43KKiNW
🙌 Parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

DAVID REGUEIRO TRÍO ft. ALEXANDRE CAVALIEREPremio na categoría de Jazz e Músicas Improvisadas"Grazas a todos os que face...
19/06/2023

DAVID REGUEIRO TRÍO ft. ALEXANDRE CAVALIERE
Premio na categoría de Jazz e Músicas Improvisadas
"Grazas a todos os que facedes música en Galiza (...) porque aportades cultura e beleza a este país, máis da que xa ten", fermosas palabras de David Regueiro Music tras ser premiado polo seu proxecto David Regueiro Trío ft. Alexandre Cavaliere, na categoría de Jazz e Músicas Improvisadas.
O seu recente traballo "Perfect Match!", integrado por composicións e arranxos orixinais, co seu trío e con Alexandre Cavaliere, está dispoñible en Bandcamp (▶️ https://bit.ly/3qFSPmx), dádelle o play e desfrutádeo!
👉 Máis info en https://davidregueiro.gal/david-regueiro-trio
🙌 Parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

MARIO G. CORTIZOPremio na categoría de Música Clásica e Contemporánea"Dende aquí quería reivindicar o papel do músico fr...
18/06/2023

MARIO G. CORTIZO
Premio na categoría de Música Clásica e Contemporánea
"Dende aquí quería reivindicar o papel do músico freelance, que creo que é moi importante para o tecido da música galega e da música en xeral", foi unha das mensaxes de Mario G. Cortizo ao recoller a súa estatuíña melómana da categoría de Música Clásica e Contemporánea.
Aproveitade para velo en directo, estará o día 19 de xullo no Mosteiro de Carboeiro dentro do Festival Internacional de Percusión (FIP).
👉 Toda a súa info en https://mariocortizo.com
🙌 Moitos parabéns polo premio!
Músicas Ao Vivo

ORQUESTA LA OCA BANDPremio na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena"Quero acordarme de toda a xente que fo...
18/06/2023

ORQUESTA LA OCA BAND
Premio na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena
"Quero acordarme de toda a xente que forma a nosa banda e da xente que pasou por ela, nestes 33 anos de historia", así falou Dani Dopazo, da Orquesta La Ocaband tras recoller a estatuíña melómana da categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena.
Actualmente están traballando nunha xira de 10 concertos por Galicia, co musical" Camiñantes e Cantantes", totalmente en galego e con grandes colaboracións artísticas. Ademais, van facer un musical, "Unha Noite na Eira do Trigo" con repertorio do mítico grupo galego "Los Tamara, que vai ser moi especial.
👉 Seguídelles a pista nas súas redes, Facebook e Instagram!
🙌 Parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

SILA LUAPremio na categoría de Músicas Urbanas"Moitas grazas á organización por celebrar o meu álbum Rompe, que está ins...
17/06/2023

SILA LUA
Premio na categoría de Músicas Urbanas
"Moitas grazas á organización por celebrar o meu álbum Rompe, que está inspirado no mar, no vento e nas ondas", este foi un dos agradecementos de Sila Lua, dende o escenario da Gala desta X edición dos Premios Martín Códax da Música.
Actualmente está de xira con ese traballo, "Rompe", que está dispoñible en todas as plataformas, dádelle ao play!
▶️ Concertos, vídeos e música en: ffm.live/rompetour
🙌 Moitos parabéns polo premio!
Músicas Ao Vivo

MOURAPremio na categoría de Rock e Punk"Quero acordarme de toda esa xente que nestes dez anos (...) xa non están entre n...
17/06/2023

MOURA
Premio na categoría de Rock e Punk
"Quero acordarme de toda esa xente que nestes dez anos (...) xa non están entre nós, e formaron e seguen formando unha parte moi importante do que é Moura", así remataba o discurso de MOURA tras recoller a súa estatuíña melómana na categoría de Rock e Punk.
As vindeiras datas para desfrutar do seu directo preto da casa, son: 25 agosto nos Atardeceres no Gaiás (Santiago de Compostela) e entre o 1-3 de setembro dentro da programación do Festiletras (Ponteceso).
▶️ Concerto de Radio3: https://youtu.be/NSquYKOZjvQ
🙌 Parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE SALCEDAPremio na categoría de Bandas de Música Popular"É para nós unha honra compartir este ...
16/06/2023

BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE SALCEDA
Premio na categoría de Bandas de Música Popular
"É para nós unha honra compartir este premio co banda de Silleda e de Viveiro, calquera das dúas podería estar aquí arriba", así falaron dende a Banda Cultural de Salceda ao recoller a súa estatuíña melómana na categoría de Bandas de Música Popular.
Están en pleno traballo do seu proxecto "... de tradición con Suso Vaamonde", no que ao groso da Banda de Música engádenselle, en cada tema do repertorio, diferentes instrumentos da tradición musical popular galega, interpretados por Suso Vaamonde".
➡️ Estarán actuando este domingo 18 nas Festas de Santa Bárbara (Salceda de Caselas) e o vindeiro 4 de xullo nas Festas de Coia, se tedes a oportunidade non vola perdades!
🙌 Parabéns polo voso traballo e por este premio!

Músicas Ao Vivo

TON RISCO E MARCOS TEIRAPremio na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe"Ver que hai tanta xente facendo cousas tan b...
16/06/2023

TON RISCO E MARCOS TEIRA
Premio na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe
"Ver que hai tanta xente facendo cousas tan boas, é realmente un orgullo", fermosas palabras de Ton Risco tras recibir a estatuíña melómana na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe.
Tedes o seu disco "Circum" dispoñible en todas as plataformas dixitais e poderedes desfrutalos en directo no seu vindeiro concerto o 8 de xullo no Espazo Icatú.
➡️ "Circum" en Spotify: https://bit.ly/42EjDkt
🙌 Moitos parabéns aos dous por este recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

AILÁPremio na categoría de Música Tradicional"Temos aí unhas mestras, que foron mestras case sen querelo, que son as mes...
15/06/2023

AILÁ
Premio na categoría de Música Tradicional
"Temos aí unhas mestras, que foron mestras case sen querelo, que son as mestras pandeireteiras (...) un forte aplauso para todas elas", esta foi unha das emocionantes mencións de Ailá tras recibir a estatuíña melómana da categoría de Música Tradicional.
🎵 O seu 2º traballo "Sansolimón" está dispoñible en Spotify ▶️ https://bit.ly/3qEAzdx e podedes ver o seu último vídeo "San Andrés" en Youtube: https://youtu.be/myz72-HZZeI
🙌 Parabéns por este premio!
Músicas Ao Vivo

QUICO COMESAÑA + GRUPOPremio na categoría de Música Folk"Quería compartir este recoñecemento con Xurxo Fernandes e Abril...
15/06/2023

QUICO COMESAÑA + GRUPO
Premio na categoría de Música Folk
"Quería compartir este recoñecemento con Xurxo Fernandes e Abril, que perfectamente podían estar aquí, porque o nivel é impresionante", así falou Quico Comesaña (Quico Comesaña+Grupo) tras recibir a súa estatuíña melómana da categoría de Música Folk.
🎵 Estarán presentando en xira o seu traballo discográfico "Mãe": o 12 de xullo en Madrid (Sala Galileo), 28 de xullo en Granada (Parapanda Folk), o 22 de setembro na Coruña (Teatro Rosalía), entre outras. Non vos perdades a oportunidade de desfrutalos en directo!
➡️ Podedes saber máis nesta recente entrevista: https://youtu.be/IgVIJqHlG0g
Músicas Ao Vivo

TERRAEPremio na categoría de Electrónica"Celebremos toda a diversidade creativa que a música electrónica aporta ao panor...
14/06/2023

TERRAE
Premio na categoría de Electrónica
"Celebremos toda a diversidade creativa que a música electrónica aporta ao panorama musical galego", esta foi unha das reflexións de Terrae ao ser premiados na categoría de Electrónica, durante a Gala desta X edición.
👉 Están a punto de publicar o seu novo sinxelo "ALUMEA", como adianto do seu vindeiro álbum que sairá en 2024. Non lles perdades a pista, seguídeos en Facebook, Instagram ou Youtube como .
▶ Vídeo "Madre Tierra": https://youtu.be/4TvCkQLRPVc
Músicas Ao Vivo

UDRAPremio na categoría de Blues, Funk e Soul"Grazas ao xurado (...) aos socios de Músicas ao Vivo e aos que están detrá...
14/06/2023

UDRA
Premio na categoría de Blues, Funk e Soul
"Grazas ao xurado (...) aos socios de Músicas ao Vivo e aos que están detrás de todo o que facemos", palabras de agradecemento de Udra tras recibir a estatuíña melómana da categoría de Blues, Funk e Soul.
👉 Poderedes desfrutar do seu directo en varios festivais do país: Rapa das Bestas, Burgojazz, JazzDeRia e o EtalEqual de Ribeira Crea.
▶ Velaquí o vídeo do seu tema "Paisaxe": https://youtu.be/udC6WfovzsY
Músicas Ao Vivo

SU GARRIDO POMBOPremio na categoría de Canción de Autor/a"Grazas a todas vós, por resistir, por seguir facendo música ne...
13/06/2023

SU GARRIDO POMBO
Premio na categoría de Canción de Autor/a
"Grazas a todas vós, por resistir, por seguir facendo música neste contexto", emocionantes palabras de Su Garrido Pombo Música no escenario do Pazo da Cultura de , tras recoller a súa estatuíña melómana da categoría de Canción de Autor/a.
Podedes desfrutar o seu último traballo "Patios de luz" en https://sugarridopombo.bandcamp.com/album/patios-de-luz
👉 Máis info na súa web: http://sugarridopombo.com
🙌 Moitos parabéns polo recoñecemento!
Músicas Ao Vivo

ARRHYTHMIAPremio na categoría de Metal e Heavy"Nós non facemos música por moda, facémola por amor e o noso amor á música...
13/06/2023

ARRHYTHMIA
Premio na categoría de Metal e Heavy
"Nós non facemos música por moda, facémola por amor e o noso amor á música é infinito", así de claro falaron Arrhythmia ao recoller a súa estatuíña melómana da categoría de Metal e Heavy.
👉 Non perdades a oportunidade de velos en directo: o 17 de xuño no Festival Noceda Rock, o 29 de xullo no Festival Aturuxo...e máis! ➡️ https://beacons.ai/arrhythmia
Músicas Ao Vivo

Músicas Ao VivoEntidade organizadora dos Premios Martín Códax da Música"Queremos que os proxectos galegos estén no centr...
12/06/2023

Músicas Ao Vivo
Entidade organizadora dos Premios Martín Códax da Música
"Queremos que os proxectos galegos estén no centro da nosa cultura", foi unha das importantes mensaxes da directiva de Músicas Ao Vivo no seu discurso na Gala da X edición, animando tamén aos músicos e músicas galegas a asociarse e facer máis forza dende o colectivo.
👉 Tedes toda a info en: http://musicasaovivo.gal/faqs

As entidades patrocinadoras👉 Esta X edición dos Premios Martín Códax da Música realizouse co apoio das seguintes entidad...
12/06/2023

As entidades patrocinadoras
👉 Esta X edición dos Premios Martín Códax da Música realizouse co apoio das seguintes entidades patrocinadoras: Bodegas Martin Codax, Concello de Pontevedra, Agadic - Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra.
🙌 Moitas grazas a todas por apoiar e axudar a impulsar, outra edición máis, este certame que pretende visibilizar e poñer en valor a calidade e diversidade da .
Músicas Ao Vivo

📸 Dúo Vaguedades e a Banda da  Desfrutamos moito na Gala desta X edición, elaborando viño galego xunto a Fran Rei e Isab...
11/06/2023

📸 Dúo Vaguedades e a Banda da
Desfrutamos moito na Gala desta X edición, elaborando viño galego xunto a Fran Rei e Isabel Risco, ou mellor dito, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro e o seu Dúo Vaguedades, que nos fixeron rir e pensar a partes iguais, cunha enerxía poderosa de orgullo e valoración do noso sector musical.
🙌 Ademais da súa fantástica condución, puidemos g***r da música ao vivo dunha banda moi especial, á que queremos agradecer o seu traballo e dedicación:
▪️ María Mendoza: teclas e voces
▪️ Félix Rodríguez: percusións
▪️ Lu Fernández: baixo e guitarra
▪️ REY DJ: disc-jóckey
🥳 Foi unha gran festa da , grazas por facela posible!
Músicas Ao Vivo

09/06/2023

Aftermovie da
▶️ Aquí tedes un pequeno resumo da emocionante noite da Gala desta X edición dos Premios Martín Códax da Música, celebrada este pasado 7 de xuño no Pazo da Cultura de .
🎵 Foi unha noite de celebración, reivindicación e moitas alegrías, grazas e parabéns a todos/as!
Estamos a traballar na montaxe e realización do vídeo completo da Gala, axiña estará dispoñible na nosa canle de Youtube: https://bit.ly/3lqDRZX
🎬Vídeos: Adarme Visual
Músicas Ao Vivo Bodegas Martín Códax Concello de Pontevedra Agadic - Xunta de Galicia Deputación Provincial de Pontevedra

08/06/2023
 📷 Velaquí algunhas imaxes dos fermosos momentos vividos na Gala dos  , foi emocionante verse e celebrar en persoa, no P...
08/06/2023


📷 Velaquí algunhas imaxes dos fermosos momentos vividos na Gala dos , foi emocionante verse e celebrar en persoa, no Pazo da Cultura de .
🙌 Parabéns a todos os proxectos premiados, e tamén aos proxectos finalistas e inscritos nesta edición, porque quedou clara, un edición máis, a calidade e diversidade da !
Grazas a Isabel Risco e Fran Rei (Dúo Vaguedades) pola estupenda condución e dirección artística, así como a toda a banda que os acompañou!
👉 :
-METAL E HEAVY: Arrhythmia
-CANCIÓN DE AUTOR/A: Su Garrido Pombo Música
-BLUES, FUNK E SOUL: Udra
-ELECTRÓNICA: Terrae
-MÚSICA FOLK: Quico Comesaña + Grupo
-MÚSICA TRADICIONAL: Ailá
-MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Ton Risco e Marcos Teira
-BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda Cultural de Salceda
-ROCK E PUNK: MOURA
-MÚSICAS URBANAS: Sila Lua
-ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Orquesta La Ocaband
-MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: Mario G. Cortizo
-JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: David Regueiro Trio ft. Alexandre Cavaliere
-POP E INDIE: Momboi
-MÚSICA INFANTIL: Pillaband
-ARTISTA EMERXENTE: Sergio De Miguel Music
-Organistrum SALAS: Sala Rebullón
-Organistrum FESTIVAIS: Foliada da Fonsagrada
-Organistrum COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: GalicianTunes
-PREMIO HONORÍFICO: Luz Casal
🧡 🧡 GRAZAS ás entidades patrocinadoras por facer posible unha vez máis, este certame organizado por Músicas Ao Vivo: Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, Agadic- Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra.
Ás empresas e profesionais que traballades para que poida realizarse: Adarme Visual, Bombo estudio, CUNDE, Global Setup, RTA , Streaming Galicia, Aleuto, Trisquelia Comunicación, Víctor Lorenzo, Efímera , Inés Portela Mada Producións, Rubén Capelán Repica acción cultural, Arancha Estévez, Max Gómez e Santiago Sotelo e PixelinPhoto.
🥳 Que viva a nosa música!

🥳 HOXE! Chegou o día de coñecer os proxectos premiados desta X edición, será durante a  , xuntándonos para celebrar, val...
07/06/2023

🥳 HOXE! Chegou o día de coñecer os proxectos premiados desta X edición, será durante a , xuntándonos para celebrar, valorar e reivindicar o esforzo de músicos/as, salas, festivais, espazos de comunicación, que traballan cada día por un sector musical galego digno e de calidade!
👉 Dende as 20:30 emitirémola en directo dende a nosa web, para que desfrutedes con nós desta gran festa da !
Músicas Ao Vivo Bodegas Martin Codax Concello de Pontevedra Agadic - Deputación Pontevedra

A   desta X edición contará coa condución e dirección artística de Fran Rei e Isabel Risco, na pel de Eduardo Pondal e R...
06/06/2023

A desta X edición contará coa condución e dirección artística de Fran Rei e Isabel Risco, na pel de Eduardo Pondal e Rosalía de Castro e o seu Dúo Vaguedades, co que bailaremos e riremos a partes iguais, na gran festa da !
🧡 Vai ser unha noite emocionante, na que compartir e valorar mutuamente a gran calidade e diversidade musical que temos!
👉 Mañá mércores, dende as 20:30 podedes seguila en directo e comodamente dende casa, na nosa web: https://premiosmartincodaxdamusica.gal
Músicas Ao Vivo

Queredes vir á  ❓Quedan poucas prazas, seguide as indicacións da imaxe para acompañarnos na gran festa da  !👉 Este mérco...
05/06/2023

Queredes vir á ❓
Quedan poucas prazas, seguide as indicacións da imaxe para acompañarnos na gran festa da !
👉 Este mércores dende as 20:30h coñeceremos os proxectos premiados desta X edición!
▶️ Poderedes seguila en directo dende casa, na nosa web: https://premiosmartincodaxdamusica.gal
Músicas Ao Vivo

04/06/2023

📢 ATENCIÓN! Hoxe é o último día para as votacións de socios e socias de Músicas Ao Vivo, así como para as votacións da categoría "Artista Emerxente" por parte do público xeral.
👉 https://premiosmartincodaxdamusica.gal/login
📅 Este mércores dende as 20:30 descubriremos os desta X edición, podedes seguir a en directo dende a nosa web!
🎉 Que viva a nosa música!

31/05/2023

🥳 A !
O vindeiro mércores 7 de xuño celebraremos a gran festa da , no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde nos xuntaremos para coñecer os proxectos premiados desta IX edición.
🎬 Estará conducida por estas dúas grandes figuras da : Eduardo Pondal e Rosalía de Castro 😜
👉 Dende as 20:30 en directo na nosa web: https://premiosmartincodaxdamusica.gal
Vai ser unha noite moi emocionante e divertida!
Músicas Ao Vivo Bodegas Martin Codax Concello de Pontevedra Agadic - Xunta de Galicia, Deputación Pontevedra Dúo Vaguedades

30/05/2023

Finalistas ARTISTA EMERXENTE:
▶ Fillas de Cassandra
▶ Sergio De Miguel Music
▶ Lontreira
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
📢 ATENCIÓN: esta categoría está aberta ás votacións do público xeral!
👉 Votar é moi sinxelo: https://premiosmartincodaxdamusica.gal/login
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición na !
Músicas Ao Vivo

30/05/2023

Finalistas "Organistrum" COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL:
▶ Cuac FM
▶ O Recanto do Corcovado
▶ GalicianTunes
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

29/05/2023

Finalistas "Organistrum" FESTIVAIS:
▶ Festival Millo Verde
▶ CanteiraFest
▶ Foliada da Fonsagrada
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

29/05/2023

Finalistas "Organistrum" SALAS:
▶ Sala Rebullón
▶ Aturuxo Bar (Bueu)
▶ PubGatos Algo Bo
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

28/05/2023

Finalistas POP E INDIE:
▶ Banda Aldaolado
▶ Blanco Palamera
▶ Momboi
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

28/05/2023

Finalistas ROCK E PUNK:
▶ MOURA
▶ Eager Platypus
▶ WetSocks
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

27/05/2023

Finalistas JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS:
▶ Lucia Martinez & The Fearless
▶ David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere
▶ Valentin Caamaño
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

27/05/2023

Finalistas ELECTRÓNICA:
▶ Carabela
▶ Terrae
▶ Mel
🙌 Moitos parabéns e moita sorte!
👉 Votacións de socios/as de Músicas Ao Vivo (e do público xeral en "Artista Emerxente") ata o 4 de xuño na nosa web!
📅 O 7 de xuño coñeceremos os proxectos premiados desta X edición, durante a !

Endereço

Galiza
15700

Notificações

Seja o primeiro a receber as novidades e deixe-nos enviar-lhe um email quando Premios Martín Códax da Música publica notícias e promoções. O seu endereço de email não será utilizado para qualquer outro propósito, e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Vídeos

Compartilhar

Premios Martín Códax da Música

Os Premios Martín Códax da Música naceron en 2013 promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo, nun contexto que segue rebordando creatividade musical pero adoece de apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha industria capaz de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico. Un sector que, no caso de ser dimensionado, moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con más potencial para a cultura galega Estes galardóns teñen uns obxectivos que van moito máis aló da autocomplacencia e o autobombo do sector, para sumarse a esa idea de “facer país” na que tantos/as axentes traballan a diario.

As principais metas destes premios son: Recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, revelar novos talentos da escena musical galega, achegar a música e o seu proceso de produción ao público, facer rendible o potencial da nosa música e facer visible a todo un sector.

Empresas De Mídia nas proximidades


Outra empresas de mídia em Galiza

Mostrar Todos