30/09/2023
Co**ha de Ouro no Donostia Zinemaldia - Festival de San Sebastián
Parabéns a todos os envolvidos.
🏆 Jaione Camborda fai historia con ***o🌾
★ Primeira directora española que gaña a Cuncha de Ouro á mellor película.
★ Primeiro filme en galego que acada o máximo galardón do Donostia Zinemaldia - Festival de San Sebastián.
O xurado do que preside Claire Denis decidiu premiar esta película de fuxida e sororidade, na que Jaione Camborda afonda nas personaxes femininas desde a emoción, o físico, o corporal. Mostrando cunha ollada íntima e profunda a súa capacidade animal para dar vida e o dereito humano a decidir sobre o seu corpo, agochado na clandestinidade dos últimos anos do franquismo.
Unha historia de mulleres, dirixida e producida por mulleres: Jaione Camborda, Andrea Vázquez, María Zamora. 💜 Con Janet Novás como protagonista e Julia Gómez, Carla Rivas, Maria Lado, Nuria Lestegás, Daniela Hernán Marchán e Siobhan Fernandes compoñendo esta cadea de coidados e apoio mutuo.
💫 Un fito histórico nun ano cheo de éxitos nos festivais para o . O recoñecemento a una xeración de cineastas que traballan fóra dos centros habituais de produción, cunha ollada diferente, desde as entrañas da terra e do corpo. En linguas que gardan toda a nosa riqueza e diversidade cultural. E con vocación de chegar ao gran público.
Este premio é de todas vós. 🙌
🍿 Agardámosvos o 11 de outubro nos cinemas.
🌾 O C***O é unha produción de Esnatu Zinema, miramemira e Elastica, en coprodución con Bando à Parte(Portugal) e Bulletproof Cupid (Bélxica). Conta co financiamento de Cine ICAA e coa subvención de Axencia Galega das Industrias Culturais. Coa participación de RTVE, da TVG da RTP e de Movistar Plus+. Co apoio de Eurimages, Programa Ibermedia, The Taxshelter Of The Federal Government Of Belgium, BNP Paribas Fortis Film Finance, Deputación Pontevedra, Ikusmira Berriak (San Sebastián Film Festival), ECAM - Escuela de Cine y Audiovisual , Toronto FilmMaker Lab.
👉 www.ocorno.com