XXV ANIVERSARIO DE LA DECLARACIÓN DEL CAMINO DE SANTIAGO COMO PRIMER ITINERARIO EUROPEO. EL ALCALDE DE SANTIAGO ANGEL CURRÁS DEFIENDE EL PAPEL DEL CAMINO COMO "REPRESENTACIÓN "DO IDEAL DA UNIDADE DA CULTURA EUROPEA": A cidade acolleu os act...os conmemorativos do XXV Aniversario da Declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Lembrouse así a importancia dunha ruta que, para o alcalde compostelán, Ángel Currás, encarna "o ideal da unidade da cultura europea".
O programa da xornada iniciouse cun percorrido a pé, dende a Porta do Camiño, polo último tramo do Camiño de Santiago. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o secretario xeral do Consello de Europa, Thorbjern Jagland, encabezaron a comitiva de autoridades.
Xa na praza do Obradoiro agardaba o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo. Tras o saúdo, foi o momento para as diversas intervencións, comezando pola do alcalde compostelán, quen dende o centro da praza, lembrou as palabras do historiador Antonio Bonet nas que indicaba que "para entender a Compostela, con toda a súa historia e o seu significado, hai que situarse en medio de da praza do Obradoiro". Para Ángel Currás, dende este punto mesmo se pode comprender bo aparte da historia e do significado de Europa.
O alcalde falou do "Camiño europeo por autonomasia" e agradeceu ao Consello de Europa o seu recoñecemento a unha ruta que representa "o ideal da unidade da cultura europea" e "unha oportunidade para concienciarnos da nosa europeidade". Esa cultura, dixo, entendida como "conxunto de historias que nos unen" atópase representada no Camiño de Santiago. Por iso, puxo a cidade e a praza "a disposición de todos aqueles que queiran pensar e repensar Europa, que queiran sentir Europa, e que queiran soñar Europa".