
12/02/2025
Hoxe, dentro da a mostra dedicada ás Escritoras do XIX, recomendamos AS DAMAS VERDES, de George Sand, traducida ao galego e editada por Hugin e Munin.
George Sand (1804-1876) é o pseudónimo de Amantine Aurore Lucile Dupin, baronesa Dudevant e unha das principais figuras do romanticismo francés.
Novelista e periodista, foi moi popular na súa época tanto pola vida intelectual como polo seu comportamento público ambiguo e rebelde (vestía roupa de home e fumaba puros).
No persoal, abandonou ao seu rico marido ao pouco de casar polas infidelidades deste. Foi considerada na súa época unha muller de vida licenciosa, sendo famosa a súa relación co compositor Chopin. Para boa parte da sociedade do momento, Sand erixiuse como referente dos ideais feministas en Francia.
As damas verdes é unha novela curta, publicada orixinalmente por entregas nun diario. Pertencente ao xénero fantástico, o relato é aproveitado pola autora para pór de manifesto toda unha serie de preocupacións sociais da época.
"A presente novela foi moi apreciada por Rosalía de Castro, que consideraba a Sand unha novelista profunda, ademais dun modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista". (Información: Hugin e Munin).
Unha ledicia de 110 páxinas!
Esta obra foi incorporada á colección da Biblioteca do Barqueiro grazas ao premio María Moliner.
Editorial Hugin e Munin de Galicia Ministerio de Cultura Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura