22/12/2022
🔴 EN DÚAS EMPRESAS POLA DO NOVO DO
A remodelación do céntrico parque licítase por importe de 374.766 euros
🔴 O proxecto adaptará o céntrico espazo público á estética e requirimentos do século XXI e o converterá nun punto de encontro e convivencia entre os deportes urbanos e a cidadanía
🔴 A esperada remodelación do parque do Cavadelo colle pulo estes días cos últimos trámites para adxudicar as obras orzamentadas en 374.766 euros. rematado o prazo de presentación de ofertas, son dúas as empresas que optan ao contrato para executar os traballos que adaptarán o céntrico espazo público á estética e requirimentos do século XXI e o converterán nunha gran área de encontro e convivencia entre os deportes urbanos e a cidadanía. Mesa de Contratación deberá avaliar as propostas a efectos de adxudicar os traballos a principios de xaneiro.
Unha vez asinado o contrato, a empresa disporá dun prazo de cinco meses para executar os traballos que se financian con fondos propios do Concello máis a subvención concedida pola Deputación con cargo ao Plan Concellos 2022.
O proxecto do skate park do Cavadelo foi redactado polos arquitectos Javier Segura e Andrea Gesteiro, ámbolos dous con experiencia no deseño deste tipo de infraestruturas dedicadas aos deportes urbanos. Para o deseño consultouse previamente cos usuarios do propio parque, a efectos de coñecer as súas necesidades e opinións e recollelas no proxecto.
Disciplinas como o skate, o parkour, o break dance e o BMX poderán practicarse nunhas instalacións perfectamente equipadas e seguras nun parque no que se manterán as canchas de baloncesto e gañarán peso as zonas verdes e os espazos de recreo para que a cidadanía poida g***r delas á vez que achegarse a coñecer estes deportes.
Cada modalidade deportiva contará cunha área propia para a súa práctica, dotada de equipamentos e infraestruturas específicas, que terán en común que se abrirán cara o centro do parque para favorecer a comunicación e interacción social entre practicantes das distintas modalidades e tamén entre o público e os transeúntes. Os arquitectos tamén tiveron en conta os materiais a utilizar en cada unha destas áreas deportivas, optando polos máis axeitados para a súa práctica.