A Movida

A Movida A Movida é a axenda cultural de referencia en Vigo. Un medio online e offline no que os vigueses at

🌳🪓 A plataforma cidadá 'Salvemos a Barroca' organiza unha nova acción para concienciar sobre a carballeira ameazada polo...
07/02/2025

🌳🪓 A plataforma cidadá 'Salvemos a Barroca' organiza unha nova acción para concienciar sobre a carballeira ameazada polo proxecto do recinto multiusos Vigo Arena.

😠 Afirman sentirse enganados polo alcalde Abel Caballero por quitar a Barroca das zonas verdes do novo PXOM tras rematar o prazo de alegacións.

A plataforma cidadá Salvemos a Barroca organiza unha nova acción para concienciar sobre a carballeira ameazada polo proxecto do recinto multiusos Vigo Arena. Por iso, organizan unha foliada reivindicativa este [...]

🎭👹 A asociación O Merdeiro organiza, por oitavo ano, a Merdeirada Cativa, unha xornada dirixida á rapazada de entre 3 e ...
07/02/2025

🎭👹 A asociación O Merdeiro organiza, por oitavo ano, a Merdeirada Cativa, unha xornada dirixida á rapazada de entre 3 e 12 anos que inclúe un obradoiro de máscaras, unha comparsa polo Casco Vello e posterior chocolatada.

O 15 de febreiro a asociación O Merdeiro organiza, por oitavo ano, a Merdeirada Cativa, unha zornada dirixida á rapazada de entre 3 e 12 anos que inclúe un obradoiro [...]

🗣 Falamos coa actriz e cómica, que este domingo trae a Ártika Cultura E Arte o seu novo espectáculo.
07/02/2025

🗣 Falamos coa actriz e cómica, que este domingo trae a Ártika Cultura E Arte o seu novo espectáculo.

Goza de Chegar e encher , un monólogo agudo e divertido de Bea Campos que mestura improvisación, narración e cabaré para cuestionar as expectativas de xénero e o control das [...]

🍰☕ Estes son algúns dos lugares que paga a pena visitar en Bembrive, con parada incluída no Café-Pastelería San Blas .🧐 ...
06/02/2025

🍰☕ Estes son algúns dos lugares que paga a pena visitar en Bembrive, con parada incluída no Café-Pastelería San Blas .

🧐 Podedes ler a reportaxe completa na web 👉 https://amovida.gal/vecinanzas-bembrive/

🎶🎭 Nesta fin de semana temos varias actividades solidarias, espectáculos de todo tipo (maxia, monólogos, teatro…) e moit...
06/02/2025

🎶🎭 Nesta fin de semana temos varias actividades solidarias, espectáculos de todo tipo (maxia, monólogos, teatro…) e moita música en directo.

Nesta fin de semana temos varias actividades solidarias, espectáculos de todo tipo (maxia, monólogos, teatro…) e moita música en directo. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin [...]

🏔📽 As mellores películas de montaña, aventura e natureza chegan a Vigo da man do Club Montañeiros Celtas do 11 ao 13 de ...
06/02/2025

🏔📽 As mellores películas de montaña, aventura e natureza chegan a Vigo da man do Club Montañeiros Celtas do 11 ao 13 de febreiro na 6ª Mostra de cine de montaña e aventura: Mendi Tour Vigo 2025.

As mellores películas de montaña, aventura e natureza chegan a Vigo da man do Club Montañeiros Celtas. Concretamente, entre o día 11 e o 13 de febreiro, organizan a 6ª [...]

🕵️ Cinco curiosidades sobre Bembrive, aparroquia protagonista da nosa sección Veciñanzas. Coñecías todos estes datos?🧐 P...
05/02/2025

🕵️ Cinco curiosidades sobre Bembrive, aparroquia protagonista da nosa sección Veciñanzas. Coñecías todos estes datos?

🧐 Podedes ler a reportaxe completa na web 👉 https://amovida.gal/vecinanzas-bembrive/

🎶 O artista de Austin actuará en formato cuarteto o mércores 12 de febreiro na Sala Supersonic.
05/02/2025

🎶 O artista de Austin actuará en formato cuarteto o mércores 12 de febreiro na Sala Supersonic.

O artista de Texas Jack Burton actúa por primeira vez en Galicia, o mércores 12 de febreiro na sala Supersonic de Vigo.

🎪🤹‍♂️ Hai pouco máis dun ano que botou a andar Atípico Circo, unha iniciativa de formación e animación creada polo artis...
05/02/2025

🎪🤹‍♂️ Hai pouco máis dun ano que botou a andar Atípico Circo, unha iniciativa de formación e animación creada polo artista italiano Claudio Casaccia.

Hai pouco máis dun ano que botou a andar Atípico Circo, unha iniciativa de formación e animación creada polo artista italiano Claudio Casaccia

🥁 O grupo folk galego presenta en Vigo "XX. Encrucucillada", un disco con temas emblemáticos e unha canción composta e c...
05/02/2025

🥁 O grupo folk galego presenta en Vigo "XX. Encrucucillada", un disco con temas emblemáticos e unha canción composta e cantada polo cantautor cubano Pablo Milanés.

Concerto o 15 de febreiro ás 20:00 h no Teatro García Barbón. Entradas desde 24,20 € en Ataquilla. Luar na Lubre, o grupo folk máis internacional de Galicia, presenta os [...]

⛪️🥁 No mes de xaneiro coñecemos a parroquia de Bembrive na sección Veciñanzas da revista en papel, un barrio con goberno...
04/02/2025

⛪️🥁 No mes de xaneiro coñecemos a parroquia de Bembrive na sección Veciñanzas da revista en papel, un barrio con goberno propio e un vasto patrimonio natural e cultural.

🖍 Na ilustración de Noaltodopoleiro podemos ver algúns dos seus lugares destacados: a igrexa románica, a senda do río Eifonso, a Entidade local menor, o centro cultural Helios, as tabernas de San Brais e café e panadería Café-Pastelería San Blas .

💘 O Centro Comercial Vialia Estación de Vigo organiza por San Valentín unhas citas rápidas para persoas de entre 18 e 35...
04/02/2025

💘 O Centro Comercial Vialia Estación de Vigo organiza por San Valentín unhas citas rápidas para persoas de entre 18 e 35 anos.

Este San Valentín, o amor agarda por ti no Vialia. Se tes entre 18 e 35 anos,podes participar nas citas rápidas de Vialia e deixa que a maxia de San [...]

🎈🏥 A actividade, que se levará a cabo pola tarde na planta alta do Centro Comercial Camelias, ofrecerá aos máis pequenos...
04/02/2025

🎈🏥 A actividade, que se levará a cabo pola tarde na planta alta do Centro Comercial Camelias, ofrecerá aos máis pequenos unha variedade de actividades gratuítas, incluíndo manualidades, pintacaras e globoflexia.

O vindeiro sábado 8 de febreiro, o Centro Comercial Camelias acollerá unha xornada solidaria en colaboración con Cruz Vermella, co obxectivo de apoiar os seus proxectos sociais e brindar entretemento [...]

🎬 Proxectarase este venres en A Morada e haberá un coloquio no que participará o equipo que realizou a curtametraxe.
03/02/2025

🎬 Proxectarase este venres en A Morada e haberá un coloquio no que participará o equipo que realizou a curtametraxe.

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) presenta o próximo venres 7 de febreiro ás 20:00 h no local d’A Morada Cooperativa en Vigo a curta documental [...]

🤣🎙 O comediante venezolano, con máis de 730.000 seguidores en Instagram, demostra as súas habilidades de interacción co ...
03/02/2025

🤣🎙 O comediante venezolano, con máis de 730.000 seguidores en Instagram, demostra as súas habilidades de interacción co público ao tempo que entrelaza os seus chistes coa información que recibe del.

El showcito de nanutria é unha proposta orixinal e creativa que leva máis de 3 anos en continuo desenvolvemento. Trátase dun espectáculo de entre 80 e 90 minutos de Stand [...]

🎶 Entre febreiro e xuño, o festival incluirá 55 eventos entre os que se atopan concertos, talleres, clases maxistrais e ...
02/02/2025

🎶 Entre febreiro e xuño, o festival incluirá 55 eventos entre os que se atopan concertos, talleres, clases maxistrais e ponencias.

O X Festival de Música e das Artes Nas Ondas desenvolverase entre o 6 de febreiro e o 5 de xuño de 2025 no Conservatorio Superior de Música de Vigo [...]

🥁🕺 Desde o berce leva Artur Puga (Teis, 1997) mamando a música tradicional, que pouco tardou en converter na súa profesi...
02/02/2025

🥁🕺 Desde o berce leva Artur Puga (Teis, 1997) mamando a música tradicional, que pouco tardou en converter na súa profesión. Este percusionista, bailarín e mestre está moi ligado á festa de San Brais e é o noso Vigués do Mes.

Desde o berce leva Artur Puga (Teis, 1997) mamando a música tradicional, que pouco tardou en converter na súa profesión

Dirección

Calle Celso Emilio Ferreiro 7 Bajo
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Teléfono

+34986042475

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Movida publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a A Movida:

Videos

Compartir

Categoría

A Movida, axenda cultural de Vigo

Falamos da movida viguesa coa nostalxia dun tempo pasado no que a cidade olívica foi escenario dun movemento cidadán, cultural e musical moi activo, que tivo conexión coa movida madrileña. Velaí o dito “Madrid escríbese con V de Vigo”. É momento de rachar con esa morriña, porque en Vigo estase a mover algo. As opcións para pasar o tempo de lecer son cada vez máis numerosas e variadas e os vigueses estamos ávidos de participar delas. Demostrámolo acotío enchendo a rúa en eventos como a Reconquista, O Marisquiño ou os concertos de Castrelos.

A Movida chega para informar de tódolos eventos que teñen lugar na cidade. Dos meirandes acontecementos a aqueloutros que adoitan pasar desapercibidos. Eventos para menear o corpo en concertos e festas, para se poñer ao día en charlas e coloquios ou para pasalo xenial cos máis pequenos en espectáculos e obradoiros familiares. Tamén haberá lugar para propostas gastronómicas e plans para estar en boa forma como andainas, carreiras populares e rastrexos.

Para iso, no apartado Axenda do noso web atópase unha completa relación de todo o que se está a mover en Vigo no día e hora á escolla. E, se aínda houbese dúbidas sobre que plan da oferta escoller, no apartado Amovigo atópanse artigos e entrevistas con máis información sobre os eventos. Ademais, os subscritores do noso Newsletter recibirán todos os xoves un relatorio dos mellores plans da semana no seu enderezo electrónico.

Detrás de A Movida está un grupo de viguesas vencelladas ao amor pola nosa cidade. Sabemos que Vigo ten o potencial e que os vigueses temos a actitude precisa para lle devolver á cidade o título de Capital da Movida!