VIGO, CITY OF STARS 💫
Estades list@s para comezar o novo trimestre de Academia Vigosónico?
Este martes 14 arrancamos con cosas clases de canto 🎤 e baixo.
O mércores 15 é o turno de batería 🥁e guitarra🎸
Vigosónico é o distrito creativo onde podes aprender cos nosos cursos de iniciación 🚀
@ourizoazulteam @vgosonico
A última, pero non derradeira, gravación de Demosónico 1ªEdición: ELÍAS&RAFA
Elías solicitou Sala de Ensaio en Vigosónico hai dous anos para vir coa súa gaita, pero pronto coñeceu a Rafa estudiando robótica 🤖 e decidiron vir xuntos coas súas guitarras🎸.
Estes amigos, veciños do centro de Vigo e Canadelo, pasan o seu tempo ensaiando as súas propias composicións que, polo de agora, son instrumentais.
A súa música experimental ⚗️ ten influencias rock, toques de metal🧑🏻🎤 e tintes de blues 🎷
É posible que nun futuro o seu proxecto se transforme nunha nova banda de Vigo 🥁
#Demosónico24 #vigosónico #distritocreativo @xuventudevigo @vgosonico @Elías Lamoso Oliver
🎖️St.Cyr é unha banda de estilo Speed Glam e Trash Glam formada por tres veciños de Vigo, naturais de Bembrive, Baiona e Vigo centro.
Levan 10 anos ensaiando con varias formacións en Vigosónico ata que, en 2017, Rubén e Jandro coñeceron a Patri.
🎸Gústalles facer versións de Metallica, Death Kennedys, Skid Roud, Iron Mayden, Slayer e Nacha Pop 🤯
Pero veñen con 11 temas propios no peto e apostan polos seus 6 temas favoritos para gravar en Demosónico🎧
ARI & Los MAGRITTES son a banda máis interxeneracional ✨ de Vigosónico. Dos 16 aos 50's van as idades destes músic@s de Coruxo, O Calvario, Ponteareas e Mondariz.
👁️🗨️ Oráculo é o proxecto que AriMagritte lanzou cun formato do máis orixinal: cada tema 🎶 representa a Unha carta🃏 do teu destino🌄
🌜 Ari xunto a Mateo, Alberto, Rober e David, transfórmanse en ARI & Los MAGRITTES 🧞♂️
🌞 Esta banda indie de Pop melódico -con influencia de Jazz e aires caribeños 🌴- logrou gravar máis de 10 temas 😲 en Demosónico así que estade atent@s ás súas redes 🌠 @arimagritte
#Demosónico24 #vigosónico24 #distritocreativo #xuventudevigo #talentovigo #oráculo #arimagritte @xuventudevigo @abel_caballero_oficial @vgosonico
🎤Comunidade! LA CASA ROTA 🏚️ foron os seguintes en pasar por DEMOSÓNICO.
Son unha banda de Pop-Rock formada hai case dous anos e tocan exclusivamente temas propios 🥁.
Algúns dos seus integrantes comezaron os seus primeiros pasiños na música ensaiando en Súbete ao Castro e Vigosónico.
Veciños de Hispanidade, O Calvario, Pontevedra e Salceda de Caselas están preparando dous singles un estudio profesional, atent@s a finais de xuño 🧐‼️
🏃🏻♀️🏃🏽♂️Sígueos Nas redes: @lacasarota_oficial
Demosónico presenta máis bandas viguesas 🔝: Dioivo 🤘🎸
Jacobo Mouriño e Dani Valladares, veciños de Torrecedeira, forman esta banda de Black Metal.
Amigos dende o parvulario comezaron as súas andaduras ensaiando nas salas da Casa da Xuventude e continuaron en Vigosónico, con outras formacións, prácticamente dende que abriu as portas.
Poderíamos dicir que @dioivo_metal naceu "Musicando a Rosalía" 🙆🏻♀️ no concurso de Vigosónico, alá polo ano 2016, co seu tema "Sempre pola morte esperas".💀
"Cara os ceios incrementes" é o seu último LP publicado en 2023 coa discográfica grega Sleaszy Rider Records 🤯
Chegan a Demosónico coa nostalxia daquela primeira vez, para gravar covers e versións ao vivo dos seus temas, que vos parece? 🔥
#Demosónico24 #vigosónico24
#distritocreativo #metalmusic #xuventudevigo @xuventudevigo @abel_caballero_oficial @vgosonico
💥Nuklear Waste é a 3ªbanda que pasa polo estudo Demosónico:
Gabriel chegou ás nosas salas de Ensaio acompañando a unha banda de veteranos; decidiu convocar por redes a máis interesados no seu estilo e da súa idade. Quedaron en Vigosónico e así coñeceu a Juan, Álex e Xoel para completar a formación.
Estes mozos teñen 14 e 15 anos, veñen de Castrelos, Beade e Balaídos e versionan a Pantera, Metallica e Rage Against the Machine cun talento brutal.🎸
Están a compoñer xuntos e chegan co seu primeiro tema propio 🤯
¿Qué vos parece a nova xeración do Metal?🤘
#Demosónico24 #vigosónico24 #distritocreativo @xuventudevigo @abel_caballero_oficial @vgosonico @nuklear.waste
"Grupo Punk Rock do extrarradio vigués, 15 anos molestando e cada vez máis alto"
Así se define a 2ªbanda en gravar:
🥁 Demencia Sonora 🔊
Diego, Aarón, Santi e Iván son amigos dende cativos, levan 15 anos tocando xuntos e preto de 2 ensaiando nas salas de Vigosónico.
Por extrarradio se refiren a Valadares e máis concreto son veciños de O Freixo 👨🎤🤘
Lles encanta versionar a Barricada, Escorbuto, Piperrak e Reincidentes entre outras bandas, pero este ano chegan con 10 temas propios ao estudo de Vigosónico e de seguro romperán o record da banda que mellor aproveita o tempo ⌛🤭
Que vos parece? Demencial!!! 🤯
#Demosónico24 #vigosónico #distritocreativo @xuventudevigo @abel_caballero_oficial @vgosonico @demencia_sonora
🎙️Comunidade! Imos presentar Unha a Unha as bandas gañadoras de DEMOSÓNICO | ESTUDO ABERTO 👉🎵
🚀Candela aterrizou en Vigosónico interesada en Home Studio🎧 e rematou anotándose aos obradoiros de Deejay e Ableton Live 🎛️; preguntou se podería ensaiar cuns amig@s nalgunha das nosas salas...🤔
🎲Aroa e Yoel tamén se achegaron para participar en Vigosónico Xoga.
Así coñeceron as nosas instalacións estes rapaces de entre 8 e 13 anos, naturais de Vigo, O Porriño e Chapela.
Todxs son amigxs e integrantes da Orquestra Kv2211 e, na súa maioría, estudiantes do Conservatorio de Vigo CMUS PROFESIONAL DE VIGO
Forman "Galician Strings" e versionan temas variados con instrumentos de corda 🎻 e percusión 🪇
¿Non parece a banda sonora dalgunha serie?
Pois... son Galician Strings 🤯
#demosónico2024 #vigosónico24 #distritocreativo #talento @xuventudevigo @abel_caballero_oficial @vgosonico
Os alumnos e alumnas de 𝗔𝗰𝗮𝗱𝗲𝗺𝗶𝗮 𝗩𝗶𝗴𝗼𝘀𝗼́𝗻𝗶𝗰𝗼 xa traen o talento de casa eh!
Non todo vai a ser mérito de @marta_toro non?
📢 𝗩𝗜𝗚𝗢𝗦Ó𝗡𝗜𝗖𝗢 | 𝗗𝗜𝗦𝗧𝗥𝗜𝗧𝗢 𝗖𝗥𝗘𝗔𝗧𝗜𝗩𝗢 🚀
Presenta:
🪘𝗖𝗢𝗠𝗕𝗢 𝗔𝗖𝗔𝗗𝗘𝗠𝗜𝗔 | 𝗖𝗿𝗲𝗮 𝗮 𝘁ú𝗮 𝗯𝗮𝗻𝗱𝗮🎤
👂Escoitamos as vosas peticións e aquí estamos para ofrecer dúas tardes adicionais de ➕ 𝗔𝗰𝗮𝗱𝗲𝗺𝗶𝗮 𝗩𝗶𝗴𝗼𝘀ó𝗻𝗶𝗰𝗼
pero... serán dúas tardes moi especiais 🤩.
O 🗓️ 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 7 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 e o 🗓️ 𝗺é𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀 8 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 podedes vir a pasar a tarde cos vosos mestres de canto, guitarra, baixo e batería.
Na sala Multiusos atoparedes a TOñO, ᗰᗩᖇTIñO E ᗰᗩᑎᑌ.
🤭 Lles podemos sonsacar algunha anécdota de como comezaron nesto da música e estarán dispoñibles para calquera dúbida que teñades.
E, como non, poderedes escoitalos cantar 👩🎤 e tocar xuntos 🎸🥁. Traede os vosos instrumentos (guitarra, baixo...) para unirvos á festa 🎊.
Podedes invitar aos vosos pais, nais, amigos e amigas que lles guste a música ou interesad@s en anotarse na vindeira convocatoria e xs máis atrevid@s podedes cantar e tocar para xs asistentes.
Este encontro ven a ser, ademáis dunha 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗲𝗱𝗶𝗱𝗮 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗮𝗻𝗼 𝗮𝗰𝗮𝗱é𝗺𝗶𝗰𝗼🧑🎓, unha 𝗼𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗻𝗼𝘃𝗮𝘀 𝗯𝗮𝗻𝗱𝗮𝘀 𝗼𝘂 𝗮𝘁𝗼𝗽𝗮𝗿 𝗮 𝗲𝘀𝗲 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝘃𝗼𝘀 𝗳𝗮𝗹𝘁𝗮🕵️.
Queremos coñecer as vosas expectativas musicais e servir de ponte para que vos atopedes. Temos un taboleiro especial para que deixedes os vosos contactos 📝
Podedes asistir as dúas tardes, ou calquera delas indistintamente dos días nos que tiñades praza.
𝗛