Noticias de Beade

Noticias de Beade Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Noticias de Beade, Creador digital, Beade, Vigo.

28/01/2025

⚠ Estas son as claves a ter en conta da , que xa ven en camiño e que nos deixará un mércores plenamente invernal, no que teremos un pouco de todo.

👉 Comezaremos a sentir os seus efectos esta noite. O vento do suroeste volverá arreciar e zoará con moita intensidade (en principio, non tanta coma con Herminia). O peor momento semella que será entre as 5:00 e as 10:00 da mañá. Neste intervalo horario, tamén irá entrando a fronte, que será moi activa e descargará chuvias intensas con risco de treboadas.

👉 Ao longo do mércores, quedaremos nunha zona de chuvascos, por veces moi intensos, con treboadas, saraibadas, e fortes refachos de vento. Non zoará tanto coma o luns, pero tamén haberá que ter conta.

👉 A partir de media tarde, o vento irá virando a norte, volvendo coller forza en todo o litoral, e especialmente no norte, onde se deixará notar máis. Como consecuencia deste role a ventos do norte, as temperaturas baixarán, os chuvascos serán máis frecuentes en e e a neve poderase ver por riba dos 900-1000 metros.

👉 Despediremos a IVO xa na mañá do xoves. As precipitacións iranse retirando polo leste, e aínda que o vento norte soprará intenso, xa non falaremos de condicións de temporal. Iso si, no mar a cousa seguirá estando complicada debido ás ondas.

Irei detallando máis información en vindeiras publicacións. Se ves que isto pode resultar útil para máis persoas, non dubides en compartir! :)

28/01/2025

👉 Bo día! Continuamos baixo os efectos de , seguen os chuvascos intensos, os refachos fortes de vento por momentos, as saraibadas e as tronadas. Irán a menos a partir da tarde pero ollo, que xa temos á asomando xa polo atlántico! 🌧️

27/01/2025

👉 Xa foi nomeada a borrasca que nos afectará o mércores, chamarase IVO, e volverá empeorar as condicións meteorolóxicas de novo cunha xornada de vento, chuvia, ondas, treboadas.. vamos, un remix invernal.

Xa a vemos representada ao norte de no mapa de isobaras coas frontes debuxadas para o mércores ás 12:00:

27/01/2025

O programa EsquiOU, unha iniciativa da Deputación de Ourense para que nenos e nenas da provincia aprendan a esquiar na única estación de montaña de Galicia, Manzaneda, continúa o seu éxito coa segunda quenda de rapaces da provincia. Un cento de nenos das comarcas de O Ribeiro e O Carballiño i...

27/01/2025

A Deputación de Ourense abrirá o prazo de solicitudes do programa de Termalismo Social 2025 mañá martes 28 de xaneiro, ofertando nos balnearios da provincia un total de 92 quendas de estancias termais desde febreiro ata novembro. No día de hoxe, o Boletín Oficial da Provincia foron publicadas ...

27/01/2025

⚠️ Bos días! Seguimos baixo os efectos da e agárdanos un luns de chuvascos, por veces fortes, con saraiba, trebóns e neve que pola tarde pode aparecer en cotas superiores aos 800 metros. O vento do oeste segue soplando con forza.

Ollo no mar, aviso vermello 🔴

26/01/2025
26/01/2025

‼️ Imos intentar debullar como vai ser o paso da por

1️⃣ Os primeiros efectos ímolos sentir xa de golpe na madrugada do domingo. Comezará a chover e a ventar xa arreo co avance da madrugada. Ese será o primeiro arreón.

2️⃣ Tras unha mañá na que o vento baixará lixeiramente a súa intensidade, a partir do mediodía volverá coller moita forza, ao igual que a chuvia. Será unha tarde complicada, con chuvias fortes, persistentes e con fortísimos refachos de vento. Moita precaución.

3️⃣ Dende a noite, unha vez pase a fronte, imos quedar nunha situación de chuvascos intensos, bastante persistentes e tamén acompañados de fortes refachos de vento. Esta será a tónica dominante do luns, ademais tamén acompañado dun descenso térmico.

4️⃣ A última parte será xa o martes na que aínda quedaremos baixo a súa influencia. Chuvascos intensos, máis frío, e refachos intensos do oeste/noroeste, aínda que xa sen acadar os rexistros de días anteriores.

Polo tanto, como vedes, temos para días. Moita precaución e sentido común!

Se ves que esta publicación pode ser de utilidade para máis persoas, comparte! 🥰

26/01/2025
25/01/2025

El actor Luis Zahera se une al clamor para frenar la mega factoría de celulosa de Altri y los daños que ocasionaría en el medio ambiente y las personas de Ga...

A terra é nosa.Nin do PP nin da celulosa Empresas contaminantes en Galicia NONALTRI NON.
25/01/2025

A terra é nosa.
Nin do PP nin da celulosa
Empresas contaminantes en Galicia NON
ALTRI NON.

25/01/2025

🔴🟠 ESTES SON OS AVISOS ACTIVADOS POR PARTE DA AEMET PARA MAÑÁ DOMINGO DEBIDO Á 🟠🔴

Imos por partes, primeiro imos cos avisos por CHUVIAS 🌧️

🟠 Están activados avisos LARANXAS no interior de , , Baixo Miño, noroeste e sur de por acumulados superiores aos 80 l/m2 en 12 horas e ata máis de 100 l/m2 en 24 horas.

🟡 No resto de , agás no norte de e norte e montaña de , o aviso é de nivel AMARELO por cantidades superiores aos 40-60 l/m2 en 12 horas.

🌬️ Imos aos avisos por VENTO

🟠 Aviso de nivel LARANXA no norte de e por refachos superiores aos 100 km/h.

🟡 No resto, o aviso é de nivel AMARELO por refachos superiores aos 80 km/h.

🌊 Na costa, a cousa vai estar así:

🔴 AVISO VERMELLO 🔴 en toda a costa Coruñesa por ventos do suroeste de ata forza 8-9 e ondas de entre 9 e 10 metros de altura.

🟠 Na costa de e , os ventos serán de ata forza 8 de dirección suroeste e as ondas de entre 6 e 8 metros de altura, polo que está activado un aviso de nivel LARANXA.

Como vedes, HERMINIA deixará un domingo complicado. É un temporal dos que estamos afeitos, pero non por iso hai que deixar de extremar as precaucións. Choverá e ventará arreo durante moitas horas seguidas.

NON achegarse aos cantís e non estar en zonas inundables. Vamos, sentido común ⚠️

25/01/2025

🔴 ÚLTIMA HORA: ACTIVADO un aviso de nivel VERMELLO por parte da AEMET para a costa de mañá domingo por ventos do suroeste de forza 8/9 e mar combinada de entre 8 a 10 m.

MOITÍSIMA PRECAUCIÓN, os avisos vermellos non son para tomalos a coña.

Máis tarde entro en detalles de tódolos avisos ⚠️

25/01/2025
11/12/2024

Galicia....miña terra...meu lar ❤️

Dirección

Beade
Vigo
32431

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Noticias de Beade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Noticias de Beade:

Videos

Compartir

Categoría