Radio Municipal de Tui

Radio Municipal de Tui Radio Municipal de Tui 107.4 FM
Área Panorámica - R/Colón 2 , Tui - Pontevedra
Telf. 986 60 37 47

Emisora municipal dedicada á información local e comarcal
Emisión online: www.concellotui.org/php/radio.php

Tui pechou o ano 2024 con 945 persoas en situación de  . O paro en Tui na última década ten experimentando unha baixada ...
21/02/2025

Tui pechou o ano 2024 con 945 persoas en situación de . O paro en Tui na última década ten experimentando unha baixada importante xa que pasou do 30,81% en 2013 ao 11,99% en decembro de 2024.

O Concello de Tui destacaba “a notable diminución” rexistrada nos últimos anos unha “tendencia positiva que reflicte o esforzo conxunto das diferentes administracións públicas e do sector produtivo local para fomentar a empregabilidade e fortalecer o mercado laboral na zona”.

O goberno local reafirma o seu compromiso co emprego lembrando que máis de 350 persoas participaron en políticas activas de emprego coma os 3 Programas Integrados de Emprego e os 3 Obradoiros de Emprego que tiveron lugar dende 2019.
Destacan amais traballo que realiza o Servizo de Orientación Laboral, ofrecendo asesoramento personalizado, formación e recursos para a procura de emprego. Destaca amais a bolsa de emprego municipal, que conecta de xeito eficiente ás persoas demandantes de emprego coas empresas da contorna.

O próximo luns, 24 de febreiro, comeza a inscrición para o programa "Coida o corpo"  que a partir de marzo chegará a tod...
21/02/2025

O próximo luns, 24 de febreiro, comeza a inscrición para o programa "Coida o corpo" que a partir de marzo chegará a todas as parroquias tudenses.
O Concello de Tui reafirma a s
úa aposta polos Servizos Sociais e neste caso traballa na prevención. "Coida o corpo" súmase a "Cultiva a mente" un programa co que Tui foi pioneiro.

👧🏼👦🏼 Esta semana recibimos as visitas do alumnado da escola infantil Galiña Azul, do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui e dos n...
21/02/2025

👧🏼👦🏼 Esta semana recibimos as visitas do alumnado da escola infantil Galiña Azul, do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui e dos nenos e nenas dos GAP (Grupos de Atención de Proximidade) de Aldeas Infantís.

Puideron coñecer como é a nosa radio, e descubriron algúns segredos da nosa emisora.

Moitas grazas por visitarnos!

  Estas son as citas desta fin de semana en  .
21/02/2025



Estas son as citas desta fin de semana en .

Estes son os principais titulares de hoxe en   - O Concello de   pon en marcha o programa “Coida o corpo” en todas as pa...
21/02/2025

Estes son os principais titulares de hoxe en
- O Concello de pon en marcha o programa “Coida o corpo” en todas as parroquias. A inscrición comeza o luns
- O 6 de marzo comeza en Tui un curso gratuíto de competencias dixitais
- Andrea González no Top 100 de Mulleres Líderes e primeira presidenta de Xuventudes Musicas de España
- Daniel Rodríguez, coa estrea de “Transeúnte” enche esta noite o Teatro Municipal de Tui
- ACITUI celebra esta fin de semana San Solterín
- Visitas guiadas, gastronomía, o entre as propostas para esta fin de semana
- Deportes
- ...

Escucha y descarga los episodios de Informativos gratis. Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui pon en marcha o programa “Coida o corpo” en todas as parroquias. A...

Coida o corpo é a nova aposta do Concello de   para previr o deterioro físico da veciñanza maior de 55 anos. Un programa...
21/02/2025

Coida o corpo é a nova aposta do Concello de para previr o deterioro físico da veciñanza maior de 55 anos. Un programa que se levará a cabo en todas as parroquias tudenses a partir do 10 de marzo, e que se unirá a Cultiva a Mente co obxectivo de promover un envellecemento activo. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a traballadora social Carmen González, déronnos os detalles. O prazo de inscrición abrirase o luns día 24.

Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/140264649
Spotify: https://open.spotify.com/episode/1WB4so9k0x6xhZFQgThinr?si=mF6SuN_cTEGLvoWMiirgfQ

Estes son os principais titulares de hoxe en   - O Concello de Tui fai balanzo positivo da evolución do desemprego no mu...
20/02/2025

Estes son os principais titulares de hoxe en
- O Concello de Tui fai balanzo positivo da evolución do desemprego no municipio que pasou do 30% en 2013 ao 12% en 2024 en .
- Unha viaxe pola tradición e a modernidade é a que propón Daniel Rodríguez en "Transeúnte", o espectáculo que estrea mañá no Teatro Municipal de Tui.
- Tui contará cunha Jam Session o próximo venres, 28 de febreiro, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.
- Hoxe remata o prazo de inscrición na Festa do Lacón con Grelos que se celebra o domingo en Malvas.
- Até o domingo prezo reducido na inscrición para a Eurocidade BTT.
- ...

Escucha y descarga los episodios de Informativos gratis. Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui fai balanzo positivo da evolución do desemprego no municipio que...

Unha viaxe pola tradición e a modernidade é a que propón Daniel Rodríguez en "Transeúnte". O espectáculo estrearase mañá...
20/02/2025

Unha viaxe pola tradición e a modernidade é a que propón Daniel Rodríguez en "Transeúnte". O espectáculo estrearase mañá venres, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Prevese cheo total xa que quedan poucas entradas á venda en tui.gal.

Con Daniel Rodríguez, bailarín e coreógrafo, falamos deste espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego.

Ivoox https://go.ivoox.com/rf/140225134
Spotify https://open.spotify.com/episode/2vBOb6jb9xtnIonIyuo2gA?si=MpySUrhwRlKm8ueSXrc1Iw

Tui contará cunha Jam Session o próximo venres, 28 de febreiro, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Mú...
20/02/2025

Tui contará cunha Jam Session o próximo venres, 28 de febreiro, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Músicos locais e da contorna reuniranse para tocar e brindar unha tarde chea de música e improvisación.

Unha iniciativa froito da colaboración entre o Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, e a promotora local FB ProduXion. Así nolo contou hoxe Frans Banfield.

Ivoox https://go.ivoox.com/rf/140224668
Spotify https://open.spotify.com/episode/7hWKqEAxRiwJuIVHhjwg3j?si=BhL3ZegsQuaxfpyigVIA1A

Estes son os principais titulares de hoxe en   - Até o 6 de marzo pódense presentar ás ofertas á licitación para a rehab...
19/02/2025

Estes son os principais titulares de hoxe en
- Até o 6 de marzo pódense presentar ás ofertas á licitación para a rehabilitación do inmoble adquirido pola Xunta na rúa Bispo Castañón 20, que visitou hoxe a conselleira de Vivenda
- O Consorcio do Louro informa nun corte no subministro de auga mañá xoves 20 de 9 a 12.30 h que afectará ás Bornetas, Cota de Gaio e Estrada
- O martes 25 comezan as IV Xornadas Rosendo Salvado en
- Á venda ás derradeirsa entradas para a estrea de Traseúnte de Daniel Rodríguez este venres no Teatro Municipal de Tui
- ...

Escucha y descarga los episodios de Informativos gratis. Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Até o 6 de marzo pódense presentar ás ofertas á licitación para a rehabilitación do...

O Espazo XOVE TUI continúa coa actividade da CAI, que se mantén ate o 20 de xuño e que se celebra os venres de 17.00 a 1...
19/02/2025

O Espazo XOVE TUI continúa coa actividade da CAI, que se mantén ate o 20 de xuño e que se celebra os venres de 17.00 a 18.30 horas para a mocidade de 12 a 20 anos.

A directora do espazo, Mónica Bugarín, deu conta desta actividade e da apertura do prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos, que comeza o 24 de febreiro. Tamén está aberto o prazo para os campos de voluntariado no estranxeiro; e o vindeiro 17 de marzo abrirase para o concurso "Lingua de namorar".

Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/140166815

Esta fin de semana Visitas Guiadas Galicia Buguina realizará dúas visitas guiadas na comarca dentro do programa "Experie...
19/02/2025

Esta fin de semana Visitas Guiadas Galicia Buguina realizará dúas visitas guiadas na comarca dentro do programa "Experiencias con esencia 2025". A primeira delas será o sábado 22, na Guarda; e o domingo 23 na Eurocidade Tui-Valença. Hugo Lage, de Buguina , deu os detalles destas primeiras actividades do ano, e deu conta doutras experiencias que chegarán nos próximos meses.

Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/140183607
Spotify: https://open.spotify.com/episode/1xBZtJZx7U3tjYE5Ziauh6?si=q3h13p_vQ_Kcv8qwY6Almg

Até o 6 de marzo está aberto o prazo de presentación de propostas para a execución das obras de rehabilitación do inmobl...
19/02/2025

Até o 6 de marzo está aberto o prazo de presentación de propostas para a execución das obras de rehabilitación do inmoble situado no número 20 da rúa Bispo Castañón adquirido pola Xunta de Galicia dentro do Plan Rexurbe. Desta cuestión falamos coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue así coma da rehabilitación das outras tres vivendas adquiridas pola Xunta no conxunto histórico de Tui, e en materia de infraestruturas da conexión entre Tui e A Guarda.

Ivoox https://go.ivoox.com/rf/140185348
Spotify https://open.spotify.com/episode/2HhXzDeSLNgKA87hB6JWnl?si=TSz4JGGjTUe8PBRafsSW_A

Continuar a reivindicar a figura e obra de Rosendo Salvado é o obxectivo das IV Xornadas dedicadas a este tudense que se...
18/02/2025

Continuar a reivindicar a figura e obra de Rosendo Salvado é o obxectivo das IV Xornadas dedicadas a este tudense que se van celebrar do martes 25 de febreiro ao sábado 1 de marzo en organizadas polo Concello de Tui.

Conferencias sobre a viaxe de Salvado ou a súa música, a estrea da serie documental sobre el en Madrid e un paseo polos lugares vinculados a este persoeiro forman parte do programa previsto.

O Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar en Tui nas festas de San Telmo será o festexo gastronómico no que se vai...
18/02/2025

O Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar en Tui nas festas de San Telmo será o festexo gastronómico no que se vai implantar a guía de certificación de Festa Sostible por parte do Xeodestino Galicia Suroeste ao que pertence Tui.

Tras o proxecto piloto levado a cabo o ano pasado en 5 festas do territorio deste xeodestino este ano amplíase a certificación a unha festa por cada municipio, e a partir de 2026 poderán solicitar a certificación de Festa Sostible calquera festexo dos 14 municipios de Galicia Suroeste tanto organizdas polos concellos coma por asociacions e comisións de festas.

Esta segunda fase de implantación comezará o vindeiro día 28 de febreiro en Tomiño, coa certificación do “Entroido de Goián”. No Baixo Miño continuará en Tui en abril co “Encontro de viños da Raia” en Tui; e no verán coa “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” na Guarda; coa “Feira do Viño do Rosal”; e coa “Festa e degustación da Carne de Poldro de Torroña” en Oia.

Andrea González, pianista e xestora musical tudense, volve estar na lista das Top 100 Mulleres Líderes en España 2025. F...
18/02/2025

Andrea González, pianista e xestora musical tudense, volve estar na lista das Top 100 Mulleres Líderes en España 2025. Foi elixida pola súa capacidade de liderado e de crear alianzas, así como polo seu compromiso para impulsar proxectos culturais de alto impacto en España e máis alá das nosas fronteiras.

Os premios foron entregados na fin de semana no Teatro Real de Madrid. Esta é a segunda ocasión en que Andrea González forma parte deste Top 100, xa que en 2019 fora distinguida co mesmo.

Andrea González é dende finais de ano a presidenta de Xuventudes Musicais de España, sendo a primeira vez na historia desta entidade, creada en 1951, en que é presidida por unha muller. Amais é a directora e fundadora do IKFEM Festival que cada verán, dende hai 12 anos, tende pontes musicais entre e .

Dirección

Túy
36700

Teléfono

+34986603747

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Municipal de Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Municipal de Tui:

Videos

Compartir