Alvarellos Editora

Alvarellos Editora Pensamos libros para ti. Lecturas & cultura para un ocio intelixente. Desde Galicia.

Un gran ensaio e un gran libro de poemas. Dous títulos nosos do 2024 foron seleccionados para optar aos Premios Follas N...
17/01/2025

Un gran ensaio e un gran libro de poemas. Dous títulos nosos do 2024 foron seleccionados para optar aos Premios Follas Novas, a décima Gala Libro Galego que se celebrará en Compostela a finais de abril.

«Primeiro foi Galicia» de , opta a mellor Ensaio do ano.

«Os pozos elegantes das clavículas», de , opta a mellor libro de Poesía de 2024.

Moi contentos e agradecidos pola selección, que partiu da votación das bases asociativas da Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG , Asociación Galega Editoras e Librarías de Galicia. Agora será un xurado profesional quen elixa finalistas e gañadoras.

Mil parabéns, Ferrín e María!!!

13/01/2025

Cada día un autor, un libro...
LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS
Obra inédita e esquecida
TEATRO, CONTOS, ENSAIOS E LENDAS, 1915-1972
Introdución, escolma e notas: Xosé Manuel Maceira Fernández
Ilustracións: galería gráfica con fotos, ilustracións e manuscritos inéditos
Leandro Carré Alvarellos é un dos galeguistas máis esquecidos. Un home polígrafo, activista, cimentador da identidade de Galicia e autor dunha obra moi extensa e inédita, ata agora, na súa maior parte. Alvarellos Editora recompila nesta nova publicación –que leva por título Obra inédita e esquecida– o mellor da súa produción: unha selección de ensaios, contos, pezas teatrais e lendas que abarcan dende o ano 1915 ata 1972.
Aparece, por exemplo, e por primeira vez íntegro, o seu manual de interpretación teatral de 1922 ou varias das súas célebres lendas tradicionais galegas, na súa primeira versión en galego, nunca editadas en Galicia ata agora. Todo este valioso material, xunto con outros textos, complétase cun amplo apartado gráfico: unha fotobiografía inédita, manuscritos, ilustracións do autor para a súa editorial… que proban o indiscutíbel labor e a fonda influencia cultural e social de Leandro Carré Alvarellos na Galicia do primeiro terzo do século XX.
Esta coidada edición, que se achega ás 300 páxinas, conta así mesmo cun limiar e notas do profesor Xosé Manuel Maceira Fernández, cuxa tese de doutoramento centrouse precisamente en Carré Alvarellos.

08/01/2025

Manuel Bragado Rodríguez, hoxe en Nós Diario publica o artigo "CASTELAO 75", onde afirma:

"Desde o goberno daquel e do seu "sentidiño", e coa intención de avalar a Autonomía, retrataron un Castelao sen apenas arestas políticas, como un xenio de humor gráfico, pintor, narrador, autor dramático e, en todo caso, irmán e guieiro do galeguismo en Bos Aires. Retrato que hoxe non se mantén, moito menos despois da publicación da monumental biografía, definitiva tamén, de Miguel Anxo Seixas Seoane, "Castelao. Construtor da nación" (Galaxia 2019, 2020 e 2021), como do ensaio breve de X. L. , "Castelao é noso" (Alvarellos 2024)".

+ info de CASTELAO É NOSO, aquí (con mostra das primeiras páxinas).
https://alvarelloseditora.gal/libro/castelao-e-noso/

06/01/2025

Cada día un autor, un libro...
ÁLVARO CUNQUEIRO
Viajes y yantares por Galicia
Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1954-1963
Un libro inédito de Álvaro Cunqueiro. Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou, entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega e que permanecían esquecidos.
Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade deste país milenario. Trinta e sete capítulos nos que a gastronomía vai presidindo cada páxina, dende a aportación de senlleiras receitas a todo tipo de anécdotas e descricións dos usos e costumes culinarios galegos. Ademais, Viajes y yantares por Galicia é unha guía turística de lugares emblemáticos e de persoeiros históricos e lendarios. Nesta nova obra tamén agroma a crítica literaria, a pictórica e mesmo a interpretación das estrelas.
A presente edición inclúe a reprodución ben manuscrita ou ben mecanografiada dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro á revista; tamén un limiar do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela (especialista no escritor), un traballo sobre a historia, o contexto e os promotores e algunhas das portadas en cor desta segunda época de Vida Gallega, unha das publicacións periódicas máis populares do seu tempo. Alvarellos Editora principia, con esta obra, a súa colección Rescate, dedicada a recuperar importantes textos da nosa cultura e da literatura universal que permanecen inéditos ou esquecidos.

04/01/2025

Cada día un autor, un libro...
VICENTE RISCO
Últimas páginas sobre Galicia
Artículos olvidados en Vida Gallega, 1919-1962
Ilustracións: manuscritos inéditos e varias páxinas da revista Vida Gallega, dende 1919 a 1962.
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Todos estes adxectivos toman corpo nos textos de Últimas páginas sobre Galicia, un volume que redescobre ao mellor Risco nuns escritos que levaban esquecidos medio século e que xamais foran publicados en libro.
Trátase da obra xornalística completa de Vicente Risco para a revista Vida Gallega, uns traballos que se remontan no tempo ao ano 1919 e as cartas coa polémica entre os nacionalistas e os rexionalistas, até os derradeiros escritos do autor, de 1962. Todo un agasallo para o lector, que aquí atopará elegancia e rigor intelectual e, ao mesmo tempo, diversión e sinxeleza. Nestas páxinas fala Risco da paisaxe, do cinema, de libros, de viño, de Portugal, da Semana Santa en Ourense, do Románico, do fenómeno Xacobeo, de pintura, de nacionalismo… e mesmo sincérase nunha “Autobiografía confidencial”.
Este volume (que representa o terceiro tomo da Colección Rescate de Alvarellos Editora) inclúe ademais un documentado estudo sobre a personalidade e a obra de Risco, a cargo do profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel; tamén se inclúe o testemuño dun dos compañeiros de tertulia do escritor nos seus últimos anos, o xornalista e escritor Arturo Lezcano, e varios manuscritos inéditos do autor, ademais de reproducións de varios dos seus traballos para a revista Vida Gallega.

04/01/2025
03/01/2025

Hoxe hai bolo!
Encontro coas lectoras na Librería Trama de Lugo, ás 17:30.
Alá imos 🩵

02/01/2025

Cada día un autor, un libro...
XESÚS ALONSO MONTERO
Palabras para o noso tempo. Catorce discursos orais (2014-2023)
Edición ao coidado de Olivia Rodríguez González
Gravación e transcrición de Carmen Blanco Ramos
Este volume é quizais unha das obras máis singulares da vizosa produción literaria de Xesús Alonso Montero. Palabras para o noso tempo (Alvarellos Editora, 2024) reúne unha mínima pero brillante selección dos seus discursos, mantendo na transcrición do texto o espírito fiel da súa oratoria orixinal. Un traballo que partiu de moitas horas de gravación e transcrición a cargo de Carmen Blanco Ramos, e do coidado da edición de Olivia Rodríguez González. O autor afirma ter pronunciado, ao longo da súa dilatada vida, máis de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes.
Aquí presentamos catorce destacadas intervencións públicas. Por elas van pasando nomes inesquecibles da nosa historia e das nosas Letras como Rosalía de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán, Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón Piñeiro ou Xosé Neira Vilas. E tamén, como non, o exilio, o antifranquismo, a defensa das clases populares e a historia do comunismo europeo.
Como afirma a profesora Olivia Rodríguez no seu limiar, «esta obra é unha revalorización do pensamento creativo da palabra e da súa conexión co pensar, sentir e imaxinar (…). O principal obxectivo da súa oratoria é a transmisión de coñecemento para combater o silencio e o esquecemento, impostos no pasado e banalizados no presente».
Este libro é resultado do proxecto de I+D+i «Interseccións post-humanas nas literaturas irlandesa e galega» PID2022-136251NB-I00, financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033/ e «FEDER Unha maneira de facer Europa», «FEDER/UE».

02/01/2025

Cada día un autor, un libro...
MANUEL ANTONIO
De catro a catro. Manuscrito orixinal
2ª EDICIÓN
De catro a catro é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado, ademais, como unha das cimas universais da poesía vangardista.
O manuscrito orixinal e inédito de Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) que aquí publicamos é o documento polo que se guiou o seu editor Ánxel Casal —controlado moi de preto polo propio poeta— para compoñer o libro De catro a catro. Follas d’un diario d’abordo, que sairía do prelo de Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta, na rúa Real, nº 36-1º da Coruña, en marzo de 1928.
O manuscrito é peza única, propiedade dos herdeiros de Domingo García-Sabell, que xenerosamente o cederon para proceder á súa divulgación. Presenta moi bo estado de conservación polo que foi posible abordar esta edición facsimilar e a transcrición íntegra do texto.
O traballo de lectura e transcrición foi realizado por Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago.
Quixemos respectar o formato e deseño orixinais: o caderno contable no que foron escritos os versos, polo que este volume reproduce fielmente esas características.
Presentamos agora, en 2021, esta segunda edición. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016, nunha coedición entre Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Universidade de Santiago, cuxo Servizo de Publicacións se ocupou da dixitalización do orixinal.
Esta edición do manuscrito chegou a ser cualificada pola crítica como «un dos achados documentais máis sorprendentes deste século» (Armando Requeixo, Faro de Vigo), «unha auténtica alfaia» (Ramón Nicolás, Caderno da crítica) ou «estremecedora edición facsimilar» (Ramón Rozas, Diario de Pontevedra).
Así mesmo, foi finalista en 2017 nos Premios da Crítica de Galicia (na categoría de Creación) e na Gala do Libro Galego (na categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica).

30/12/2024

Cada día un autor, un libro...
UXÍO NOVONEYRA
Gran Lugo de nebra
Antoloxía de versos e prosas, 1955-1999
Ilustracións: Xesús Blas Lourés, Tino Grandío e o propio autor.
O volume dedicado a Lugo que o poeta quixo facer en vida, pero que non chegou a ver. Inclúe 51 textos, en verso e prosa, escritos entre 1955 e 1999. Trece deles, inéditos. Con estudo de Pilar García Negro e ilustracións de Blas Lourés.
Ás veces canta o Norde unha pasión de lonxes i as murallas pechando un gran Lugo de nebra pechando abertas (…) Estes versos inéditos de Uxío Novoneyra (1930-1999) abren Gran Lugo de nebra, un volume que reúne, por vez primeira, a obra dispersa, esquecida ou non publicada do autor sobre a cidade de Lugo. Eiquí inda sigue Galicia fortemente reconocible i enteira, di noutro intre.
Trece dos textos son rigorosamente inéditos: catro poemas e oito escritos en prosa. Esta é a obra sobre Lugo que o poeta —a quen este ano 2010 se lle dedican as Letras Galegas— quixo facer en vida, á que se referiu en varias ocasións dende comezos dos anos oitenta, pero que non chegou a ver publicada.
A profesora da Universidade da Coruña María Pilar García Negro leva a cabo un fondo estudo introdutorio sobre a obra de Novoneyra e a súa conexión coa cidade (“En Lugo, na miña ciudá, onde comencei a dormir normalmente”, escribe o poeta en 1960). E o pintor Blas Lourés ilustra, pola súa banda, algunhas das páxinas aquí rescatadas.
GRAN LUGO DE NEBRA abarca cinco décadas de vida e devoción pola cidade amurallada, dende 1955 ata 1999, ano do falecemento do escritor.

Alvarellos Editora cumpre 20 anos en  . Despois dunha longa etapa previa e fundacional en  , onde naceu en 1977. Facemos...
30/12/2024

Alvarellos Editora cumpre 20 anos en . Despois dunha longa etapa previa e fundacional en , onde naceu en 1977. Facemos balance, neste peche de ano, con e El Correo Gallego.

Dende 2004, 260 títulos publicados (moitos deles, felizmente premiados).. Máis de 300 autorxs editados... Posta en marcha de proxectos culturais como o centenario da , a apertura do Bosque do ou a celebración do Día de en Galicia.

E para 2025 estamos xa preparando novos títulos e accións culturais que sorprenderán...

Moi agradecidxs a pola entrevista!

Xornalista de profesión, hai 20 años que colleu as rendas da editorial e tróuxoa a Compostela

29/12/2024

Cada día un autor, un libro...
UXÍO NOVONEYRA
Tempo de elexía
EDICIÓN BILINGÜE. INCLÚE CD CUN RECITAL INÉDITO DE 1982
Libro+CD dun dos poetas galegos máis destacados de todos os tempos, no ano no que Galicia lle dedica o Día das Letras Galegas. Uxío Novoneyra alcanza, con Tempo de elexía (o seu segundo libro), o cumio da súa creatividade e inspiración. Versos que, en palabras do autor, “buscan os estados límite do Home diante do Amor e a Morte, a angustia e a distancia interior”. Presentamos unha edición bilingüe que retoma o espírito da primeira publicación desta obra (Madrid, 1966), con tradución ao castelán do propio Uxío Novoneyra, e aportamos, a modo de limiar, unha “Autopoética” na que o autor reflexiona sobre a súas elexías. O CD que acompaña o libro inclúe o recital inédito e íntegro que o poeta ofreceu en Lugo, no Instituto Lucus Augusti, en 1982. Unha oportunidade nova de escoitar a voz auténtica, enérxica e plena de matices do gran “dicidor” das nosas Letras.

Esta tarde, Xurxo Martínez González recibiu na Casa de Rosalía e de mans do seu presidente,  , o «Premio Baltar Feijoo» ...
28/12/2024

Esta tarde, Xurxo Martínez González recibiu na Casa de Rosalía e de mans do seu presidente, , o «Premio Baltar Feijoo» de Investigación polo seu magnífico traballo sobre titulado «Querida Liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento», que publicamos en 2022 na nosa .

«Faraldo transformou as ideas en feitos. Abril de 1846 foi un feito real. O dun goberno, a Xunta do Goberno de Galicia, que levou adiante a idea política de Galicia», afirmou Xurxo Martínez.

«Xurxo é xa todo un líder na investigación do século XIX», sinalou Anxo Angueira.

+ info sobre esta obra, aquí:
https://alvarelloseditora.gal/libro/querida-liberdade/

27/12/2024

Gran Lugo de nebra, Uxío Novoneyra, Introdución de Pilar García Negro, Colección rescate, Alvarellos Editora, 2010, 137 páxs. 14 €

26/12/2024
Lamentamos profundamente o pasamento de  . Puidemos coñecelo persoalmente hai ano e medio en Madrid, na libraría La Buen...
20/12/2024

Lamentamos profundamente o pasamento de . Puidemos coñecelo persoalmente hai ano e medio en Madrid, na libraría La Buena Vida - Café del Libro, onde presentamos o manifesto "¡ABAJO LAS ARMAS! ¿DÓNDE ESTÁ EL PACIFISMO? 32 MIRADAS INCÓMODAS", un libro colectivo promovido e coordinado por Manuel Dios Diz e que, na súa primeira edición, coeditamos coa .

Nesta obra, Mayor Zaragoza asina un lúcido Limiar, un texto brillante que é quizais unha das súas últimas publicacións.
"Que las generaciones que llegan a un paso de nosotros no nos acusen de silencio cuando tan acuciante era nuestra voz", afirma.

Na imaxe, en xuño de 2023, na libraría La Buena Vida - Café del Libro, acompañamos a Federico a socióloga Manuela Mesa, Henrique Alvarellos e Manuel Dios Diz.

Enviamos un fondo abrazo á familia, amizades e ao persoal da súa Fundación.

Descanse en paz.

Dirección

Rúa De Sempre En Galiza, 4 (praza)
Santiago De Compostela
15706

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

981522137

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alvarellos Editora publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir

Categoría