Trivium estratexias en cultura e turismo

Trivium estratexias en cultura e turismo Trivium estratexias en cultura e turismo s.l. é unha iniciativa creada en Santiago de Compostela en agosto de 2004.

Trivium estratexias en cultura e turismo S.L. é unha empresa con 20 anos de experiencia xestionando máis de 350 proxectos de patrimonio, museos, exposicións, cultura e turismo. Pensamos que a cultura e o turismo son sectores estratéxicos clave para o desenvolvemento sostible dun territorio. O noso compromiso como axentes culturais favorece a conceptualización e produción global de proxectos que promoven os referentes patrimoniais do pasado e do mundo actual.

🐺 Os Moscoso, da gloria á ruína.Un percorrido pola historia dunha familia compostelá moi descoñecida que chegou a ser re...
20/12/2024

🐺 Os Moscoso, da gloria á ruína.

Un percorrido pola historia dunha familia compostelá moi descoñecida que chegou a ser retratada por Goya. Guerras, lobos, arcebispos, meigallos, palacios, Borbóns… Cal foi a historia que máis che sorprendeu? 👇💬

Foi o último Roteiro da temporada de Compostela Cultura, que conseguiu achegar a máis de 200 persoas visións alternativas da cidade para a propia veciñanza.

Pazo de Raxoi Cultura da Deputación da Coruña

Démoslle vida ao Foro de Internacionalización do Camiño Fisterra-Muxía! 🥾Traballamos como secretaría técnica na segunda ...
17/12/2024

Démoslle vida ao Foro de Internacionalización do Camiño Fisterra-Muxía! 🥾

Traballamos como secretaría técnica na segunda edición deste evento promovido pola Asociación de Concellos do Camiño a Fisterra e Muxía e celebrado en Negreira.

➡️ Xestionamos a produción integral do evento, que pon o seu gran de area para o intercambio de coñecementos e experiencias ao redor deste icónico camiño.

Así foi a mañá da Xornada de Patrimonio Industrial de Ferrolterra 🏭
16/12/2024

Así foi a mañá da Xornada de Patrimonio Industrial de Ferrolterra 🏭

📢 Organizamos a I Xornada de Patrimonio Industrial de Ferrolterra! Por que non podes faltar? ▪️ Conferencias con experto...
11/12/2024

📢 Organizamos a I Xornada de Patrimonio Industrial de Ferrolterra!

Por que non podes faltar?
▪️ Conferencias con expertos como Manuel Lara Coira (Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial), M. Begoña Bas López e Lorena Cuevas. 🗣️
▪️ Casos de éxito como Taramundi e os museos da Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) La Térmica Cultural La Fábrica de Luz. Museo de la Energía. 🏛️
▪️ Visita guiada a dous emblemáticos muíños! 🚶

🗓️ Cando? Sábado 14 de decembro
📍 Onde? Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (Narón)
📝 Entrada libre e gratuíta

👉 Anima aos teus amigos a participar! 😉 Comparte este post e etiqueta a quen lle poida interesar!

Témosvos preparada unha xornada ben completa no CIMIX Narón  😃 Vémonos este sábado en Xuvia? 🤝Promove a Mancomunidade de...
09/12/2024

Témosvos preparada unha xornada ben completa no CIMIX Narón

😃 Vémonos este sábado en Xuvia?

🤝Promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colaboración coa Turismo da Deputación da Coruña

Pois si, na ruta “Máis de dúas Marías” non falamos das nosas queridas Marías, Coralia e Maruxa. 🤷‍♀️🙋‍♀️ Achégamonos a h...
29/11/2024

Pois si, na ruta “Máis de dúas Marías” non falamos das nosas queridas Marías, Coralia e Maruxa. 🤷‍♀️

🙋‍♀️ Achégamonos a historias doutras Mulleres de Compostela menos coñecidas, como María de Ulloa, María de Cores, María Balteira ou sor María Antonia. 💜Que historia das que che contou Emma che sorprendeu máis?

➕ Os roteiros de non terminan aquí, cambiamos de tema e pasamos ao medievo. 🐺 En decembro, os Moscoso de Altamira!



💡🦌 Hoxe reunimos equipa no Parque Arqueolóxico Arte Rupestre para a planificación de 2025. 💪 Vai ser un ano especial, no...
28/11/2024

💡🦌 Hoxe reunimos equipa no Parque Arqueolóxico Arte Rupestre para a planificación de 2025.

💪 Vai ser un ano especial, no que a Xunta de Galicia vai investir en diferentes accións de mellora no centro. Estamos fechando un programa con novas ideas que vos iremos contando! ⏳

Cultura de Galicia

23/11/2024

🩵 CIMIX Narón

22/11/2024
Hoxe inaugúrase oficialmente o CIMIX Narón. 🎉✨ E por fin vos podemos contar que o Centro de interpretación dos Muíños In...
21/11/2024

Hoxe inaugúrase oficialmente o CIMIX Narón. 🎉

✨ E por fin vos podemos contar que o Centro de interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia se suma ao universo de , durante os próximos catro anos. 🤩

💡 Témoslle un cariño especial a este proxecto, ao que vimos nacer creando o seu relato e concepción museográfica.

🌾 Un lugar pioneiro, que une a tradición muiñeira galega coa innovación da Ilustración francesa.

A Real Fábrica de Jean Lestache abrirá as súas portas desde este fin de semana:
🕰Xoves. De 10 a 14 horas.
🕰Venres, sábados e domingos. De 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

🙌 Moita ilusión con este novo proxecto do que vos iremos contando máis cousas!



🏛 A Casa Consistorial de Pontevedra abre as súas portas despois da intervención arquitectónica que actualiza o edificio,...
11/11/2024

🏛 A Casa Consistorial de Pontevedra abre as súas portas despois da intervención arquitectónica que actualiza o edificio, recuperando os valores orixinais do século XIX.

📅Será na semana do 19 ao 25 de novembro, cando o Concello de Pontevedra organice visitas guiadas abertas ao público.
📣 Este mediodía abren as reservas en pontevedra.gal!

Un pracer poder volver a Pontevedra para abrir ao público un lugar tan emblemático.


📣 Volve a Semana do Patrimonio Invisible a Ferrol na edición con máis días e prazas. 📅 Celebrarase do 23 ao 27 de outubr...
22/10/2024

📣 Volve a Semana do Patrimonio Invisible a Ferrol na edición con máis días e prazas.

📅 Celebrarase do 23 ao 27 de outubro e porá a disposición da cidadanía un total de 615 prazas para visitar lugares patrimoniais que habitualmente están fechados ao público

⛪️ Este ano, como novidade, poderase visitar a concatedral de San Xiao, Correos, Casa Antón, os Segredos do Arsenal e o cemiterio de Catabois, ademais doutros lugares.

Queres coñecer todo o programa? 👉 https://www.patrimonioinvisible.gal/reserva-a-tua-praza

🗝
Concello de Ferrol

VISITAS GUIADAS 🔦Vive unha experiencia arqueolóxica este finde!✨Visita connosco os futuros Parques Arqueolóxicos promovi...
04/10/2024

VISITAS GUIADAS

🔦Vive unha experiencia arqueolóxica este finde!

✨Visita connosco os futuros Parques Arqueolóxicos promovidos pola Deputación da Coruña. 📝Abaixo explicamos como anotarse. 👇

VENRES 4 🔹 Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre
🦌Castriño de Conxo
🦌Ruta nocturna co Colectivo A Rula á Peneda Negra e Monte Castelo

SÁBADO 5 🔹 Parque Arqueolóxico do Megalitismo - Costa da Morte
🗿Dolmen de Dombate
🗿Dolmen da Pedra da Arca
🗿Dolmen da Mina da Parxubeira

DOMINGO 6 🔹 Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro - Barbanza
🛖 Castros de Neixón
🛖 Castro de Baroña
🛖 Castro da Cidá

Aínda hai prazas!! 👉 https://reservas.trivium.gal/?id_ciclo=51

Deputación da Coruña




🚨 ESGOTADAS en 6 minutos! 😲——————-Tres puntos de vista diferentes de Santiago. 👀Nos próximos meses todos os xoves teremo...
30/09/2024

🚨 ESGOTADAS en 6 minutos! 😲

——————-
Tres puntos de vista diferentes de Santiago. 👀

Nos próximos meses todos os xoves teremos unha visita guiada pola cidade que contará historias pouco habituais da cidade. ✨

Reservas 👉 🔴Prazas xa completadas. 🔴
ℹ️ compostelacultura.gal

🏢 Outubro ▪️Arquitecturas desaparecidas.
👩🏻 Novembro ▪️ Máis de dúas Marías.
🐺 Decembro▪️Os Moscoso, da gloria á ruína.

Compostela Cultura
Pazo de Raxoi Cultura da Deputación da Coruña



O PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, que executa a Deputación da Coruña a través de fondos  , contempla entre as súas...
27/09/2024

O PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, que executa a Deputación da Coruña a través de fondos , contempla entre as súas actuacións a posta en valor do Xeoparque a través do coñecemento e visibilización dos seus recursos naturais e culturais, materiais e inmateriais.

Nesta liña, e con motivo da celebración do International Geodiversity Day, que este ano leva como lema "Conservando o pasado, mantendo o futuro", a Comisión de patrimonio Geológico de la Sociedad Geológica Española propuxo a celebración deste día no territorio do Xeoparque Cabo Ortegal precisamente para poñer en valor o seu recoñecemento pola UNESCO en maio de 2023.

A celebración deste evento internacional ten dúas activides destinadas a coñecer e g***r dos recursos do Xeoparque do Cabo Ortegal.

🔸 O día 5 pola tarde haberá unha xornada divulgativa no Auditorio de Cedeira, dirixida polo xeólogo e divulgador científico Nahúm Mendez Un geólogo en apuros na que expertos/as da e do Comité Científico do Xeoparque Cabo Ortegal, abordarán diferentes aspectos relacionados coa xeodiversidade deste espazo.

🔸O día 6 pola mañá haberá unha saída de campo para visitar distintos recursos xeolóxicos e culturais do territorio.
ℹ️ www.geodiversityday.org/find-an-event

🚨 O prazo para apuntarse remata o dia 1 de outubro no seguinte formulario: https://forms.gle/mQLrTCyM7HPzX96A6

Turismo da Deputación da Coruña
International Union of geological Sciences- IUGS

🔦Visitas guiadas, rutas nocturnas, astronomía, xogos…Aproveita as   para descubrir o noso patrimonio! ✨👀Bótalle un ollo ...
25/09/2024

🔦Visitas guiadas, rutas nocturnas, astronomía, xogos…
Aproveita as para descubrir o noso patrimonio! ✨
👀Bótalle un ollo ao programa!
📣 Reservas gratuitas a partir do xoves 26 ás 17h!
ℹ️ dacoruna.gal/patrimonio

Servizo de Patrimonio da Deputación da Coruña

Esta mañá estivemos na Deputación da Coruña presentando as XEPDAC. Unha chea de actividades para celebrarmos os Días Eur...
25/09/2024

Esta mañá estivemos na Deputación da Coruña presentando as XEPDAC. Unha chea de actividades para celebrarmos os Días Europeos do Patrimonio!

Organiza o Servizo de Patrimonio da Deputación.

Dirección

Galerías Vía Cambre-Local 50, Rúa Do Hórreo, Nº19
Santiago De Compostela
15702

Teléfono

981074963

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Trivium estratexias en cultura e turismo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Trivium estratexias en cultura e turismo:

Videos

Compartir