Laboratorio Numax

Laboratorio Numax Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Laboratorio Numax, Agencia de comunicación, Doutor Teixeiro, 13, 3º, Santiago de Compostela.

Facemos parte da cooperativa Numax e, ademais de coordinar e elaborar a súa identidade corporativa, desenvolvemos proxectos externos de deseño, comunicación e produción e posprodución de vídeo.

Logo do seu paso polo doclisboa, CANTO CÓSMICO. NIÑO DE ELCHE aterrizou onte no Festival de Sevilla cunha marabillosa ac...
08/11/2021

Logo do seu paso polo doclisboa, CANTO CÓSMICO. NIÑO DE ELCHE aterrizou onte no Festival de Sevilla cunha marabillosa acollida no Teatro Alameda. Alí estivemos para compartir a emoción da pantalla grande con Marc Sempere Moya, Leire Papelapiz, Niño de Elche, Sr.&Sra. e o resto dese espectacular equipo, parabéns a todas!

Ola, este venres estaremos os de gráfica falando un chisco do oficio de deseñar publicacións na EASDPabloPicasso.
12/04/2021

Ola, este venres estaremos os de gráfica falando un chisco do oficio de deseñar publicacións na EASDPabloPicasso.

O outro día falamos un pouco para a tele. Algunha cousa que nos apetecía amosar quedou fóra pero a cambio soltamos a cha...
06/04/2021

O outro día falamos un pouco para a tele. Algunha cousa que nos apetecía amosar quedou fóra pero a cambio soltamos a chapa cooperativa, que nunca está de máis. Cooperando, amigas, sempre se pasa mellor. Aquí o vídeo: https://follow.gal/followss21. Avanzade cara abaixo, ata o bloque de Santiago, aínda que hai cousas ben interesantes doutras compañeiras. Graciñas á xente de pola oportunidade.

Estes días estréase Nación, coa acollida que sen dúbida merece. A súa imaxe gráfica ocupounos boa parte do 2020 no Labor...
30/03/2021

Estes días estréase Nación, coa acollida que sen dúbida merece. A súa imaxe gráfica ocupounos boa parte do 2020 no Laboratorio. Un deses proxectos ricos en significados, aos que intentamos aludir dende a evocación. Boa viaxe, Nación!
https://i.gal/nacion

En Festival Sinsal explícano mellor, só sumarnos aos parabéns. Vinte anos montando os tinglados que montan está lonxe de...
16/03/2021

En Festival Sinsal explícano mellor, só sumarnos aos parabéns. Vinte anos montando os tinglados que montan está lonxe de ser sinxelo. Como ben din eles, case nin había internet. Nin filtros nas fotos. Pois iso, foi divertido compartir con eles a viaxe dende o traballo gráfico. Aí seguimos, auguri!
https://www.behance.net/gallery/92030899/Festival-Sinsal-SON-Estrella-Galicia

Pois é: esta semana rematamos a etalonaxe do filme arredor do Niño de Elche que argallaron os queridísimos Marc Sempere ...
27/01/2021

Pois é: esta semana rematamos a etalonaxe do filme arredor do Niño de Elche que argallaron os queridísimos Marc Sempere Moya e Leire Papelapiz, logo de termos gozado tamén dun par de meses de montaxe no Laboratorio Numax. Gracias a vós, Sr.&Sra., esperemos que se poida ver axiña polo mundo adiante!

Non é moi habitual que un filme que estivemos etalonando hai apenas un mes se faga público tan axiña e por partida dobre...
25/11/2020

Non é moi habitual que un filme que estivemos etalonando hai apenas un mes se faga público tan axiña e por partida dobre. Pero así é e celebrámolo: sintonizade a Ficx TV do Gijon International Film Festival (Official Site) ou o IDFA e gozade d’OS CORPOS, a última curtametraxe de Eloy Domínguez Serén con produción de Filmika Galaika e cor do Laboratorio Numax.

SELECCIÓN OFICIAL – COMPETICIÓN CORTOMETRAJES – PROGRAMA 4 Título Os corpos Ficha Eloy Domínguez Serén / España / 2020 / 11 min En Ourense se festeja cada año una de las formas más antiguas de carnaval. Los singulares festejos, alumbrados con antorchas y acompañados del estruendo de los...

Marabillosas novas desde o Festival de Sevilla! NACIÓN, a última longametraxe de Margarita Ledo Andión, da que tivemos o...
14/11/2020

Marabillosas novas desde o Festival de Sevilla! NACIÓN, a última longametraxe de Margarita Ledo Andión, da que tivemos o pracer de montar, etalonar e facer o deseño gráfico no Laboratorio NUMAX, vén de facerse co premio á mellor dirección dun filme español. Parabéns, Margarita, NÓS, Produtora Cinematográfica Galega e resto de implicadas 🏆

«Para unha historia do cinema en lingua galega» é unha colección de tres volumes, elaborados polo Grupo de Estudos Audio...
21/10/2020

«Para unha historia do cinema en lingua galega» é unha colección de tres volumes, elaborados polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC e editados por Galaxia.
O reto para nós foi levar uns materiais máis propios do entorno académico cara a unha posta en páxina máis rica, cunha maior presenza cromática e tipográfica. Agradecidas ao Grupo pola iniciativa, e pola oportunidade, e a Claudia Neira e Silvia Roca pola coidadosa edición, así dá gusto. Falamos de Libros, Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión

Graphic Design

Felices de poder anunciar que NACIÓN, a nova longametraxe da nosa socia Margarita Ledo Andión, terá a súa estrea mundial...
14/10/2020

Felices de poder anunciar que NACIÓN, a nova longametraxe da nosa socia Margarita Ledo Andión, terá a súa estrea mundial no Festival de Sevilla, sección oficial Las Nuevas Olas. Un filme que puidemos traballar de maneira integral no Laboratorio NUMAX realizando a montaxe, a etalonaxe e mais o deseño de créditos e cartelaría. Parabéns a Margarita e toda a equipa!

Alberte Branco Margarita Ledo Andión NÓS, Produtora Cinematográfica Galega Cinemar Films

2020 Edición Etalonaxe DCP Trailer Créditos Cartaz

Que mellor volta das vacacións que acompañados por Leire Apellaniz e Marc Sempere-Moya para comezar coa montaxe do seu a...
27/08/2020

Que mellor volta das vacacións que acompañados por Leire Apellaniz e Marc Sempere-Moya para comezar coa montaxe do seu artefacto sobre / para / con o Niño de Elche. Aí as tedes, canda o noso socio Marcos Flórez ao teclado e a ollada encarapuchada de Paco. Temos dous meses por diante para esprimirlles o «duende», moitas ganas de ver que sae deste encontro!

Niño de Elche. La película
Produción: Sr.&Sra.

16/07/2020

Adiviñas en que ano foron filmadas estas sorprendentes imaxes a toda cor?

Aínda que pareza incrible fan parte dunha curtametraxe de divulgación científica realizada en 1911 polos irmáns Pathé e distribuida na Arxentina por Max Glucksmann baixo o título UNA SERPIENTE INOFENSIVA. LA CULEBRA.

En 2019 fixémonos cargo da súa restauración dixital en colaboración co Museo del Cine Pablo C. Ducrós Hicken e baixo a supervisión da investigadora Carolina Cappa. Ademais do estabilizado e limpeza xeral das imaxes, o noso traballo consistiu principalmente en preservar as cores orixinais dos nitratos, para o que foi fundamental contar coas reproducións máis fidedignas conservadas polo Museo.

UNA SERPIENTE INOFENSIVA é un dos filmes estudados e catalogados por Cappa para NITRATO ARGENTINO, proxecto que pon en cuestión esa idea que temos do cinema mudo como unha serie de filmes con mala calidade de imaxe, pouca nitidez e en branco e negro.

A restauración foi exhibida en 2019 no BFI no marco da Fourth International Conference, Colour in Film.

Bautizamos co nome de Candieira o proxecto de cooperación de seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALPs) enc...
10/07/2020

Bautizamos co nome de Candieira o proxecto de cooperación de seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALPs) encamiñado ao apoderamento e busca de alianzas entre mulleres que traballan no ámbito marítimo pesqueiro.

Foi un reto ilusionante poñer en marcha este proxecto xunto a Cidadania S. Coop. Galega, ocupándonos da asesoría de comunicación, a creación e o mantemento da web (candieira.net) e acompañando ás participantes coa difusión e a cobertura das súas actividades durante 2017 e 2018.

Graphic Design

Estivemos na botadura da revista Luzes alá polo 2013. Unha desas afortunadas ocasións que permiten crear, dende cero, un...
03/07/2020

Estivemos na botadura da revista Luzes alá polo 2013. Unha desas afortunadas ocasións que permiten crear, dende cero, unha cabeceira e unha maqueta coas súas pautas de estilo ortotipográfico. Ficamos sempre agradecidas, por iso e polo enriquecedor traballo no día ao día, ao seu coordinador Iago Martínez e tamén aos seus promotores Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, que depositaron a súa confianza en nós. Ocupámonos directamente dos seus primeiros vinte números, mais a revista segue a súa xa longa singradura e superou os 80 números empregando a nosa maqueta.

Graphic Design,Editorial Design

Para Luxbox realizamos en 2017 os trailers oficiais cos que presentarían no Festival de Cannes dese mesmo ano dous filme...
26/06/2020

Para Luxbox realizamos en 2017 os trailers oficiais cos que presentarían no Festival de Cannes dese mesmo ano dous filmes do seu exquisito catálogo: THEY, de Anahita Ghazvinizadeh, e FROST, do reputado director lituano Sharunas Bartas. Vai aquí o que fixemos para este último:

2017 Trailer internacional

En 2019 abordamos a renovación da identidade gráfica do Consello Da Cultura Galega. Un traballo de coidadosa xestación, ...
19/06/2020

En 2019 abordamos a renovación da identidade gráfica do Consello Da Cultura Galega. Un traballo de coidadosa xestación, xa que se trataba dunha marca moi asentada no imaxinario. Centrámonos na renovación dos usos tipográficos, optando pola familia Atlántica Serif, da fundición galega MaisTypes. E nun novo trazado do isotipo, levándoo a unha linguaxe máis regular, pensando na súa mellor reprodución en dispositivos móbiles.

Graphic Design,Branding

LONGA NOITE, un dos filmes galegos máis relevantes dos últimos anos, pasou polo noso Laboratorio para pechar a posproduc...
09/06/2020

LONGA NOITE, un dos filmes galegos máis relevantes dos últimos anos, pasou polo noso Laboratorio para pechar a posprodución de imaxe e o cartel co que se presentaría en salas en decembro de 2019. Durante varias semanas confinámonos con Eloy Enciso (director), Beli Martínez (produtora) e Mauro Herce (dirección de fotografía / preetalonaxe) para traballar e pulir a cor desa extensa noite pola que transcorre a súa metraxe. Foi ben bonito poder participar na xestación deste filme, para o que ademais deseñamos o cartel e todo o material gráfico co que NUMAX Distribución o estreou en salas de todo o Estado. Podedes velo no noso portfolio, canda o clip dunha das escenas que máis nos gustan da película.

2019 Etalonaxe final DCP Deliveries España

Dentro da campaña   da Unidade De Igualdade Uvigo  (enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministe...
29/05/2020

Dentro da campaña da Unidade De Igualdade Uvigo (enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdad) traballamos na sensibilización do alumnado e do profesorado contra as violencias machistas.

A través de pílulas audiovisuais e pezas gráficas achegámonos ás «novas» formas de violencia machista nas realidades en liña (control, sexting, slutshaming, etc.), reflexionamos sobre a seguridade das mulleres nos campus desde unha perspectiva de xénero e démoslle a benvida ás .

Se tedes curiosidade podedes ver máis accións desta campaña na nosa web.

Graphic Design

O Festival Sinsal tivo que suspender nestes días, como o resto do sector musical, as súas actividades inmediatas. Mentre...
22/05/2020

O Festival Sinsal tivo que suspender nestes días, como o resto do sector musical, as súas actividades inmediatas. Mentres nos achegan os seus novos plans e formatos, que seguro incidirán na súa aposta pola escala sostible, compartimos unha pequena homenaxe á súa traxectoria. Unha intensa viaxe da produtora Sinsalaudio que, dende o seu inicio no 2002, tivemos a sorte de acompañar.

Graphic Design

De entre os filmes recentes que pasaron polo noso estudio para realizar a posprodución de imaxe, queremos destacar hoxe ...
15/05/2020

De entre os filmes recentes que pasaron polo noso estudio para realizar a posprodución de imaxe, queremos destacar hoxe 7 limbos, realizada a catro mans por Berio Molina e Alexandre Cancelo no ano 2018. Ruído, ruínas, metal e vento compoñen esta viaxe alucinada, acción directa para facer bruar o mundo. Deixámosvos aquí unha pequena mostra, pero se quedades con gana de máis tedes o filme completo na web do İstanbul International Experimental Film Festival, onde estará dispoñible en aberto até o vindeiro xoves.

2019 Etalonaxe DCP

O Laboratorio encárgase dende o inicio da identidade audiovisual de NUMAX. Nestes días nos que retomamos, aos poucos, a ...
08/05/2020

O Laboratorio encárgase dende o inicio da identidade audiovisual de NUMAX. Nestes días nos que retomamos, aos poucos, a nosa actividade pública, estamos desexando que o noso local e materiais volvan ser vosos, coma nos últimos cinco anos.

Graphic Design,Branding

Foi xenial deseñar e poñer en marcha un plan de comunicación integral para os Orzamentos Participativos de A Coruña «A P...
23/04/2020

Foi xenial deseñar e poñer en marcha un plan de comunicación integral para os Orzamentos Participativos de A Coruña «A Porta Aberta» (concellaría de Participación e Innovación Social) nas edicións 2017 e 2018. Canto aprendemos xunto a Cidadania S. Coop. Galega!

E é que como parte do tecido da economía social que somos, o ámbito da innovación cidadá e os procesos de dinamización que dan voz á cidadanía resúltannos especialmente interesantes.

No enlace podedes botar un ollo a algunhas das pezas de comunicación que fixemos 👇

Graphic Design

Durante o pasado mes de maio estivemos ocupados co subtitulado da retrospectiva completa de Sarah Maldoror, pioneira do ...
17/04/2020

Durante o pasado mes de maio estivemos ocupados co subtitulado da retrospectiva completa de Sarah Maldoror, pioneira do cinema decolonial e feminista, organizada polo Museo Reina Sofía e o DocumentaMadrid.

Na lembranza da cineasta, que faleceu o pasado 13 de abril, o Museo Reina Sofía recupera agora tres dos seus filmes para visionado en liña durante esta fin de semana. Aproveitamos, daquela, para reivindicar a súa figura e recomendarvos encarecidamente que vexades os seus filmes.

[Tradución e adaptación da retrospectiva «Sarah Maldoror, poeta y cineasta de la negritud»: Cristina Lesmes / Laboratorio Numax]

El pasado 13 de abril fallecía por coronavirus la artista y cineasta Sarah Maldoror. Como homenaje a su memoria, el Museo y Cineteca Madrid ofrecen en abierto un programa con tres de sus películas: Un dessert pour Constance (1980), Miró, peintre (1980), cortometraje inédito, y Scala Milan AC (20...

Durante 2018 traballamos coa Fundación Praza Pública no redeseño da súa web. Dentro deste proxecto ocupou un papel desta...
13/04/2020

Durante 2018 traballamos coa Fundación Praza Pública no redeseño da súa web. Dentro deste proxecto ocupou un papel destacado a creación da revista de tendencias baixo a marca VINTE, para a que desenvolvemos a súa identidade gráfica, o deseño e programación web e máis unha campaña de lanzamento.

https://www.behance.net/gallery/92263163/Vinte

Graphic Design,Web Design

Non escollemos, certamente, o mellor mes para estreármonos na rede. NUMAX tivo que pechar as súas actividades públicas, ...
26/03/2020

Non escollemos, certamente, o mellor mes para estreármonos na rede. NUMAX tivo que pechar as súas actividades públicas, mais o Laboratorio mantense activo mediante teletraballo.

Hoxe queremos amosarvos un dos nosos proxectos máis queridos. Foi unha experiencia irrepetible a de manexar un legado fotográfico como o de Anna para o proxecto «A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979», unha mostra do Consello Da Cultura Galega inaugurada a finais do 2017, e que percorreu varias sedes.

Traballo de gráfica expositiva e, sobre todo, unha publicación con cuberta en tapa dura con golpe seco e camisa, empregando o tritono no interior para a reprodución dunha obra maioritariamente en branco e negro, moi contundente.

Un traballo o de Anna cheo de dignidade e de loitas, como as que nos tocan agora.

📸 María Esteirán

Graphic Design,Exhibition Design

Antonio Doñate e Xosé Carlos Hidalgo xa forman parte da DAG, Asociación Galega de Deseño. Como ben definen desde a asoci...
16/03/2020

Antonio Doñate e Xosé Carlos Hidalgo xa forman parte da DAG, Asociación Galega de Deseño. Como ben definen desde a asociación no seu agarimoso post de benvida, eles son "a alma gráfica de NUMAX", un proxecto "coñecido polo seu espírito pioneiro e innovador". Grazas!

En laboratorio.numax.org, se picades no apartado de "comunicación visual", podedes botar un ollo a algúns dos traballos que Toni e Carlos fixeron ao longo dos cinco anos de vida da cooperativa.

Damos a benvida a dous novos compañeiros na DAG: Carlos Hidalgo e Antonio Doñate, do Laboratorio Numax. Coñecédeos un pouquiño máis nesta presentación

https://dag.gal/gl/antonio-donate-carlos-hidalgo-socios/

O pasado 7 de febreiro estreábase acompañada de excelentes críticas a primeira longametraxe de Jaione Camborda: ARIMA (E...
10/03/2020

O pasado 7 de febreiro estreábase acompañada de excelentes críticas a primeira longametraxe de Jaione Camborda: ARIMA (Esnatu Zinema). A montaxe do filme foi realizada no Laboratorio Numax durante 2 meses de 2018 nos que traballamos man a man con Jaione para darlle forma a «un dos filmes máis icónicos e sorprendentes da tempada», en palabras de María Yáñez.

Con esta iniciamos unha serie de publicacións nas que iremos mostrando aos poucos parte do noso traballo dos últimos anos. Aquí a ficha de ARIMA do noso portfolio de Vídeo, onde poderedes ver o trailer que preparamos para o seu lanzamento en salas.

2019 Edición Trailer

No Laboratorio Numax encargámonos da identidade da nosa cooperativa, fornecéndoa de palabras, sons, imaxes e código. Mai...
03/03/2020

No Laboratorio Numax encargámonos da identidade da nosa cooperativa, fornecéndoa de palabras, sons, imaxes e código. Mais tamén damos forma a outras iniciativas externas nos mesmos ámbitos.

E é que NUMAX ten unha cara pública, a do cinema e libraría, pero por detrás facemos outros traballos. Por iso decidimos ordenalos un chisco e poñelos na rede 👉 laboratorio.numax.org 👈

Somos Adrián, Carlos, Marcos, Toni, Olalla e Pablo. Grazas por seguirnos!

Dirección

Doutor Teixeiro, 13, 3º
Santiago De Compostela
15701

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Teléfono

+34881956418

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Laboratorio Numax publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Laboratorio Numax:

Compartir

Compañías De Medios cercanos


Otros Agencia de comunicación en Santiago de Compostela

Mostrar Todas