Radio Ateneo

Radio Ateneo Plataforma do Ateneo de Santiago. Un espazo para a experimentación radiofónica, debate social, divulgación científica e actualidade cultural e artística

Alfonso Pato é xestor cultural e xornalista, ademais de fundador e director do Festival de Cans, un festival de cinema c...
23/01/2025

Alfonso Pato é xestor cultural e xornalista, ademais de fundador e director do Festival de Cans, un festival de cinema creado na súa aldea natal e que hoxe ten xa máis de 20 anos de traxectoria. Coñecemos un pouco máis sobre este proxecto e sobre as súas experiencias falando con el na nosa nosa entrevista, xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/v9asf

O Ateneo de Santiago abandona o uso da rede social X por decisión da súa Xunta Directiva
22/01/2025

O Ateneo de Santiago abandona o uso da rede social X por decisión da súa Xunta Directiva

'Compostela a lupa' é unha exposición que poderá visitarse na Casa do Cabildo ata finais de febreiro e que nos permitirá...
22/01/2025

'Compostela a lupa' é unha exposición que poderá visitarse na Casa do Cabildo ata finais de febreiro e que nos permitirá coñecer como puido ser o Santiago do século XIX e principios do XX a través de varios fotógrafos composteláns encabezados por Manuel Chicharro. Descúbrea xa no novo episodio de Los museos de Santiago de Compostela, xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/e257e

Presas fáciles de Miguelanxo Prado é unha banda deseñada da que se publicaron dous títulos. O primeiro deles levaba o su...
21/01/2025

Presas fáciles de Miguelanxo Prado é unha banda deseñada da que se publicaron dous títulos. O primeiro deles levaba o subtítulo de Hienas e estaba publicado por El Patito Editorial. A segunda entrega leva o subtítulo de Voitres e está publicado por Retranca editora. Na primeira o autor presenta o drama de persoas maiores que son engañadas pola banca coas preferetes e outros productos perversos. Na segunda (Voitres), é unha adolescente que, sen sábelo, estaba atrapada nunha escura rede de pornografía. Que teñen en común ambas obras? Que as vítimas eran sempre presas fáciles.
https://n9.cl/qpnjt

Esta semana comeza chea de novas actividades culturais na cidade: poderemos desfrutar de concertos, teatro e cinema, ent...
20/01/2025

Esta semana comeza chea de novas actividades culturais na cidade: poderemos desfrutar de concertos, teatro e cinema, entre outras moitas cousas. Queda connosco para descubrilas na Axenda cultural de hoxe, na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/4ski29

Hoxe dedicaremos o programa de Música e cine ao músico grego Mikis Theodorakis, compositor de bandas sonoras como a de '...
17/01/2025

Hoxe dedicaremos o programa de Música e cine ao músico grego Mikis Theodorakis, compositor de bandas sonoras como a de 'Zorba, o grego' e coñecido tamén polo seu compromiso político. Escoita xa o novo episodio na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/j9uklr

Francisca Sauquillo é avogada, feminista, defensora dos Dereitos Humanos e fundadora da ONG Movemento pola Paz. Dedicou ...
16/01/2025

Francisca Sauquillo é avogada, feminista, defensora dos Dereitos Humanos e fundadora da ONG Movemento pola Paz. Dedicou a súa vida á defensa de causas sociais, tendo recibido numerosos galardóns como os premios Muller Europea, Muller Progresista, Cooperación co Mundo Árabe, Silver Rosa ou Gran Cruz de Ouro da Solidariedade Social, entre outros. Hoxe falamos con ela sobre a paz e o papel de Europa na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/h1rki

Despois do noso descanso por Nadal, volvemos ofrecervos como cada semana a nosa Axenda Cultural, que vén cargada de even...
13/01/2025

Despois do noso descanso por Nadal, volvemos ofrecervos como cada semana a nosa Axenda Cultural, que vén cargada de eventos de todo tipo para o novo ano: conferencias, exposicións, teatro e concertos. Escóitanos xa na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/t9y2v

María Dolores Fernández Galiño é licenciada en Dereito pola USC e Diplomada en Práctica Xurídica pola mesma universidade...
09/01/2025

María Dolores Fernández Galiño é licenciada en Dereito pola USC e Diplomada en Práctica Xurídica pola mesma universidade. Na súa carreira xudicial, estivo destinada, de 1990 a 1992, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Ponteareas. Posteriormente ascendeu a maxistrada e dende 2001 estivo destinada na Sección 2ª da Audiencia Provncial da Coruña. Agora ocupa tamén o posto de Valedora do Pobo en Galicia. Falaremos hoxe con ela en Radio Ateneo Podcast sobre os prexuízos de xénero nas relacións de traballo. Escoita xa a entrevista na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/nin33d

Marta Otero Mayán é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, ademais de redactora da sección ...
07/01/2025

Marta Otero Mayán é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, ademais de redactora da sección de local no diario La Opinión de A Coruña e especializada en xornalismo social e cultural. Este ano resultou gañadora do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti, organizado polo Ateneo de Santiago. Hoxe, conversamos con ela en Radio Ateneo Podcast para coñecer un pouco máis o seu artigo 'Somos las esclavas de este siglo'. Escoita xa a nova entrevista na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/21yxa

Cristóbal Colón Mejeras é doutor en Medicina pola USC, especialista en Neuroendocrinoloxía e Puericultura. É ademais aut...
02/01/2025

Cristóbal Colón Mejeras é doutor en Medicina pola USC, especialista en Neuroendocrinoloxía e Puericultura. É ademais autor de numerosos estudos e investigación sobre sobre o diagnóstico de enfermedades conxénitas e tamén actualmente responsable do cribado neonatal en Galicia. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre a vangarda do cribado neonatal en Galicia. Escóitao xa na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/x61hx

Miguel Otero Iglesias é investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor do IE School of Global and Public Aff...
30/12/2024

Miguel Otero Iglesias é investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor do IE School of Global and Public Affairs, ademais de investigador asociado no Instituto para a Unión Europea e Asia na School of Management de París. As súas áreas de investigación están centradas na economía política internacional. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre a potencia de China e o seu papel con respecto ao mundo occidental dos EEUU e Europa. Entrevista xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/ti01y

María del Carmen Sánchez Carreira é Doutora en Economía e Profesora Titular de Economía Aplicada da USC. Está especializ...
26/12/2024

María del Carmen Sánchez Carreira é Doutora en Economía e Profesora Titular de Economía Aplicada da USC. Está especializada en políticas de Innovación e Desenvolvemento Rexional e políticas rexionais e avaliación de políticas públicas, con especial atención á compra pública de innovación e á avaliación do seu impacto. Hoxe falamos con ela en Radio Ateneo Podcast na nosa sección de Entrevistas, xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/nsmhp

Despedimos hoxe o ano lembrando todo o que poderemos facer durante estas festas de Nadal en Compostela. Dende actividade...
23/12/2024

Despedimos hoxe o ano lembrando todo o que poderemos facer durante estas festas de Nadal en Compostela. Dende actividades para toda a familia e festas propias destas datas. Escoita xa a nosa Axenda Cultural especial de Nadal na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/qr1igt

Antón Losada é Doutor europeo en Dereito pola USC, ademais de Profesor Titular de Ciencia Política na mesma universidade...
19/12/2024

Antón Losada é Doutor europeo en Dereito pola USC, ademais de Profesor Titular de Ciencia Política na mesma universidade dende 1998. É autor de obras como 'Piratas de lo público', 'Los ricos vamos ganando' ou 'Código Mariano'. Ademais, é comentarista e analista na Cadena Ser e na revista Luzes e participou en parladoiros radiofónicos e escribiu artigos en numerosos medios. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre o retorno de Donald Trump á Casa Branca nos Estados Unidos. Entrevista xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/klc1wy

'Martinete del rey sombra' é un libro de Raúl Quinto, un autor cartaxinés licenciado en Historia da Arte e Premio Nacion...
18/12/2024

'Martinete del rey sombra' é un libro de Raúl Quinto, un autor cartaxinés licenciado en Historia da Arte e Premio Nacional de Narrativa por esta mesma novela. Trátase dun retrato de época no que disecciona as prácticas, os conflitos e os ritos do Antigo Réxime. Escoita xa máis sobre el no novo episodio de Hablamos de libros, xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/j3b6i

Os libros de Abel Tomé. Por que nos chama a atención un novo autor? Igual porque non nos conta máis do mesmo. Porque é q...
17/12/2024

Os libros de Abel Tomé. Por que nos chama a atención un novo autor? Igual porque non nos conta máis do mesmo. Porque é quen de crear novos mundos que nos abren fiestras a outros imaxinarios, eses que andamos buscando sempre. Porque si, han de estar ben escritos, a ser posible tamén ben ilustrados, ben editados… Isto supónselle para estar publicados, pero cando nos achega unha nova realidade, a realidade vista doutra maneira… Daquela dámoslle a benvida! Escoita xa o novo episodio de Libros para as medras, xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/2lh9n

Libros para as medras

Dirección

Praza Salvador Parga N°4
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Ateneo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Ateneo:

Compartir

Categoría