11/12/2024
O Ciencia Singular é unha interesantísima xornada de portas abertas da USC na que se pode ver de primeira man todo o que se fai nos centros de investigación como o CiMUS (Center for Research in Molecular Medicine and Chronic Diseases) .
Ali estivemos o sábado, emitindo ás charlas divulgativas e seguindo de preto todos os experimentos e visitas ós laboratorios.
Estamos moi agradecidos a todo o persoal do Cimus pola confianza que depositan en nós.