Moitos parabéns, Martiño! 25 anos acompañando as nenas e os nenos na noite máis máxica do Nadal! E nunha celebración tan especial non podían faltar os autores deste clásico dos 'Libros para soñar', o escritor Chema Heras e o ilustrador Kiko da Silva. A Galería Tangram de Pontevedra acolleu un encontro moi emocionante coas nenas, os nenos e as súas familias no que Chema e Kiko narraron e ilustraron CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS, entre outras historias. Tamén compartimos un delicioso petisco elaborado por Dalario para soprar as velas do aniversario e botamos a nosa carta aos Reis nunha gran caixa de correo... E xa sabedes! Para que os Magos de Oriente cumpran os vosos desexos, cómpre deitarse ben cediño e soñar, quizais, coa cantarela de Martiño: "O tren de Martiño, chu chu chu, vai polo camiño, chucu chucu chu..."
🎥 https://kalandraka.tv/gl/videos/conto-contado-cando-martino-tivo-ganas-de-mexar-na-noite-de-reis/
📺 https://kalandraka.tv/gl/videos/cando-martino-tivo-ganas-de-mexar-na-noite-de-reis/

"É un deses libros como quen vai ver unha película ou un espectáculo e toda a familia sae satisfeita porque admite diferentes lecturas: unha nena ou un neno párase máis na fantasía e un adulto fíxase noutra información con máis detalle".
: : No programa matinal de Radio Pontevedra a escritora Fina Casalderrey e o ilustrador Xosé Cobas -que participou por teléfono- conversaron con Belén Hermida sobre a edición renovada de FILLA DAS ONDAS, un fermoso percorrido literario e artístico pola Boa Vila dende o medievo ata a actualidade.
🌊 https://tinyurl.com/FillaDasOndasKLK
Arroupado pola decana da Facultade de Educación da USC, Mar Lorenzo; os profesores José Antonio Caride e Jesús Rodríguez, coordinadores de REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA; a directora editorial de Kalandraka, Manuela Rodríguez; e boa parte dos 56 autores e autoras dos artigos que se reúnen neste novo volume da 'Biblioteca de Pedagoxía', entre outros asistentes vencellados ao movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e o Grupo de investigación SEPA-interea, o profesor Antón Costa recibiu unha cálida homenaxe á súa extensa e recoñecida traxectoria como docente, investigador e dinamizador académico e cultural. Un encontro inesquecible para este mestre de mestres, un apaixonado do seu traballo, un comprometido defensor do ensino en galego.
📚 https://bit.ly/BdePedagoxiaKLK
FILLA DAS ONDAS, de Fina Casalderrey e Xosé Cobas, EN MÁQUINAS
"Nai Ría, pai Mar,
que había neste lugar?
Pai Mar, nai Ría,
que era o que aquí había?"
🌊
Pronunciamos este esconxuro para viaxar no tempo e mais no espazo cos protagonistas de FILLA DAS ONDAS. A obra de Fina Casalderrey volve ao catálogo dos 'Libros para soñar', 25 anos despois, cunha nova proposta plástica de Xosé Cobas, de espectaculares arquitecturas. Acompañamos o proceso de impresión en Gráficas Anduriña, supervisando que a reprodución das ilustracións, realizadas con óleo, fose o máis fiel posible ás orixinais. Este venres ás 18:00 horas en Culturgal Feira das Culturas Galegas acompañaremos os autores na presentación deste libro, un xeito diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura.
E chega xa esta semana ás librarías como adianto das novidades de decembro!
📙 https://tinyurl.com/FillaDasOndasKLK
Bim Bam Bum
Presentámosvos un adianto, en movemento, da obra coa que Maria Girón gañou o XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado: unha historia chea de ritmo e humor, xogo e diversión. “Bim Bam Bum” e os seus amigos invítannos a gozar da lectura compartida e en voz alta, a experimentar coas palabras e cos sons, a mergullarnos nunhas ilustracións cheas de luz e cor. Moi pronto nas librarías. Chim Pum.
📙 tinyurl.com/bimbambumgal
Booktrailer de @oliveiro_dumas
#booktrailer #PremioCompostela #MariaGiron #BimBamBum #PremioCompostela2024
BIM BAM BUM: NO PRELO
O son das máquinas, o olor da tinta, as pranchas de cuatricromía insertándose nos cilindros, o papel xa impreso como resultado dun laborioso traballo colectivo... Nuns días chegará ás librarías -en galego, castelán, català, euskara, portugués e italiano- BIM BAM BUM, a obra coa que a autora e ilustradora Maria Girón gañou o XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Dende que o xurado do certame, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi) en colaboración con KALANDRAKA, anunciaba a súa decisión o pasado mes de xuño, chegou por fin o momento de entregarllo ás nenas e aos nenos, ás familias, escolas, bibliotecas, ás lectoras e aos lectores en xeral, para que gocen desta divertida historia de xogos, amizade e infancia.
Grazas ao equipo de Gráficas Anduriña por materializar este libro tan sonoro, luminoso... e soñador.
📚 https://bit.ly/GironKLK
Ratos na escola
Xa queda pouco para volver ás aulas… Desexámoslles a nenas, nenos, docentes e comunidade educativa un feliz inicio de curso! Mentres tanto, deixámosvos cos simpáticos e incansables "Ratos na escola", os protagonistas do álbum de Xosé Manuel González 'Oli' e Natalia Colombo. Despois de revolucionar a casa e saír de viaxe, convídannos a descubrir todas as actividades coas que as nenas e os nenos gozarán no colexio.
🐭🐭🏫 tinyurl.com/ratosnaescola
🎥 kalandraka.tv/gl/videos/ratos-na-escola/
ARNOLD LOBEL: A SÚA OBRA NOS 'LIBROS PARA SOÑAR'
Calquera momento é idóneo para lembrar a Arnold Lobel, un autor fundamental na Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Este 22 de maio celebramos o seu aniversario; tería cumprido 91 anos. Da súa extensa obra destacamos SALTÓN NO CAMIÑO, EL LIBRO DE LOS GUARRIPIOS, TÍO ELEFANTE, O PORQUIÑO, SOPA DE RATO e, por suposto, os inesquecibles CONTOS DE RATIÑOS; títulos recuperados no catálogo dos 'Libros para soñar' para que a memoria deste creador permaneza e siga entusiasmando cos seus entrañables relatos a moitas máis nenas e nenos.
📚 https://bit.ly/LobelKLK