Manel Loureiro e os servizos de dermatoloxía e dixestivo do CHUP nos premios Cidade de Pontevedra
O pleno de Pontevedra aprobou por unanimidade mellorar as condicións laborais da Policía Local do concello
Celebrouse a última sesión do xuicio contra a rede de contrabando presuntamente liderada polo ex alcalde de Ribadumia 'Nené ' Barral
Outes demanda que se manteña no seu centro de saúde a praza a tempo completo da matrona
6 das confrarías arousáns denuncian a falta de dialogo coa Xunta e os problemas do libre marisqueo na Ría de Arousa
Os gañadores do concurso austríaco 'Goldene note' actuarán en Santiago grazas ao concello de Valga e ao Centro Superior de Música. Será no mes de febreiro e toda a veciñanza do municipio poderá asistir como público de balde. Este concurso é todo un fenómeno televisivo en Austria e adoitan facer galas en distintas partes do mundo, pero esta é a primeira vez que actúan en España.
A criminalidade descendeu lixeiramente na provincia de Pontevedra no ano 2024. Son datos ofrecidos hoxe na Xunta Provincial de Seguridade celebrada na Subdelegación do Goberno en Pontevedra. No ámbito da Garda Civil, os delitos descenderon nun 1,8%, con 265 menos. En canto á Policía Nacional, deuse un leve descenso: foron só 22 delitos menos ao longo do 2024, cando se realizaron case 3.000 detencións.
Recollen preto de 2.700 sinaturas para o cobertura íntegra das prazas de médico no centro de saúde de Aguiño. Os veciños entregaban esta mañá no rexistro do Concello as firmas recollidas durante as últimas semanas que lle foron remitidas á Xunta.
Intensa axenda a da Deputación de Pontevedra na Feira Internacional de Madrid, Fitur. O presidente presentou hoxe as actividades previstas para promocionar o destino turístico Rías Baixas. O programa xira arredor da presentación da campaña ‘Cando Volves’.