Este é o MAKING OF de OS MISTERIOS o novo e agardado libro de BILL WATTERSON (ceador de Calvin and Hobbes) realizado man man co ilustrador e humorista gráfico JOHN KASCHT.
Un curioso proceso creativo dun libro cheo de misterio.
Á venta nas librarías de Galiza
E na nosa web:
www.retranca.gal
Xa é unha realidade!!!
Retranca Editora ten o inmenso placer de anunciar a edición en galego de OS MISTERIOS o novo e agardado libro de BILL WATTERSON (ceador de Calvin and Hobbes) realizado man man co ilustrador e humorista gráfico JOHN KASCHT.
Encadernación en cartoné en tea negra con fotografías e estampación serigráfiada.
Formato: 20,82 cm X 20,82 cm
72 páxinas.
Prezo: 20 euros.
Sairá a venta este verán!!!
Estade atentos/as.
SUBNORMAL. Llor - Porto - Iñaki Zubizarreta
A edición en galego de SUBNORMAL xa está en imprenta!!! A novela gráfica de Fernando Llor & Miguel Porto na que relatan a historia real do Bullying que sufriu o exxogador de baloncesto da ACB e cun físico portentoso, Iñaki Zubizarreta, durante a súa escolarización.
www.retranca.gal
O domingo 29 de novembro no CULTURGAL BD (Teatro Proncipal de Pontevedra) de 11 a 12.30h presentamos O PACTO DO LETARGO e ATELIER MIGUELANXO PRADO
O domingo 29 de novembro no CULTURGAL BD (Teatro Proncipal de Pontevedra) de 11 a 12.30h presentamos O PACTO DO LETARGO e ATELIER MIGUELANXO PRADO.
Se non podedes asistir por mor do peche perimetral do COVID-19 podedes ver en directo a presentación na canle online do CULTURGAL 2020.
https://www.youtube.com/watch?v=z-b__BcfPj4&feature=youtu.be
O PACTO DO LETARGO de Miguelanxo Prado
O xoves 20 de agosto pola tarde nos stands de RETRANCA EDITORA, LIBRARÍA PAZ, A GATA TOLA, METRÓPOLIS CÓMICS E KÓMIK en Viñetas desde o Atlántico 2020, xa poderedes mercar os primeiros exemplares de O PACTO DO LETARGO a nova BD de Miguelanxo Prado.
E a partir da tarde do venres 21 tamén poderedes mercar o ATELIER MIGUELANXO PRADO.
Esperamos que vos gusten!!!
http://retranca.gal
ATELIER MIGUELANXO PRADO
Levo moito tempo dándolle voltas a facer libros sobre os estudios dos autores de BD. Libros onde descubrir "a cociña" que ten cada autor/a á hora de enfrontarse a creación de banda deseñada.
Cumpro con isto un soño de rapaz, cando eu intentaba aprender a profesión e devoraba calquera libro, entrevista ou revista na que un autor amosase o seu estudio e método de traballo. Nun tempo onde non había internet, aqueles libros eran para min un tesouro, tanto, que aínda os conservo todos.
Pero estos libros son só están pensados para xente que quere adicarse á profesión de creador/a de banda deseñada... penso que tamén serán moi útiles para os docentes que queren acercarlles con rigor e seriedade aos seus alumnos/as a arte de facer banda deseñada.
Abrir esta colección con Miguelanxo Prado é un auténtico luxo. Sei que o seu estudio é un lugar íntimo, que só abre para amigos e familia. Por iso agradézolle tanto que se prestase a facer este libro.
Kiko da Silva.
----------------------------------------------------------------------------------
ATELIER Miguelanxo Prado.
Making of O PACTO DO LETARGO. En galego.
Neste primeiro libro ábrese unha colección de libros especializados no proceso creativo de distintos autores de bd.
Miguelanxo Prado ábrenos as portas do seu estudo para amosarnos o seu método de traballo á hora de crear unha banda deseñada.
Inclúe unha entrevista sobre toda a súa carreira feita por Kiko da Silva, o método de traballo, dende o guión ao libro, e o proceso de debuxo e coloreado dunha páxina.
Así coma todo o story board completo da bd O PACTO DO LETARGO.
Tamaño pechado: A4, Encadernado Wire-O oculto.
52 páxinas atoda cor.
Edición limitada: 500 exemplares.
P.V.P 12 EUROS.
Á venta nas librarías galegas a finais de agosto!!!
www.retranca.gal
O PACTO DO LETARGO, Miguelanxo Prado
RETRANCA EDITORA, ten o pracer de anunciar
a edición en galego de O PACTO DO LETARGO, o nova banda deseñada de MIGUELANXO PRADO!!!
Dispoñible nas librarías de Galiza a finais de agosto, nova novela gráfica de Miguelanxo coa que comeza a triloxía do Tríscele.
Book Trailer de AMANI de Miguelanxo Prado.
Book Trailer de AMANI o novo álbum ilustrado de Miguelanxo. Prado.
Mércao en www.retranca.gal