De Zero - Periódico da Comarca de Ordes

De Zero - Periódico da Comarca de Ordes De Zero. O valor de informar. Mensual gratuíto. Comarca de Ordes. Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.

Entrevista coa modelo ordense Miriam Coello Couselo na nova edición de De Zero, a raíz da súa participación no recente c...
19/12/2024

Entrevista coa modelo ordense Miriam Coello Couselo na nova edición de De Zero, a raíz da súa participación no recente certame RNB.

A cafetería e o salón de peiteado afectados polo lume da pasada noite na confluencia das rúas Mediodía e González Faya d...
19/12/2024

A cafetería e o salón de peiteado afectados polo lume da pasada noite na confluencia das rúas Mediodía e González Faya de Ordes arderon por completo. Non houbo danos persoais.

A extinción foi moi ardua. Os Bombeiros de Ordes recibiron o reforzo dos de Betanzos. As tarefas prolongáronse ata pasadas as tres da madrugada.

A Garda Civil e a Policía Local colaboraron tamén na atención desta emerxencia.

18/12/2024

Última hora.

Incendio nun bar da rúa do Mediodía de Ordes.

Os Bombeiros traballan na súa extinción

De momento descoñecemos a orixe e o alcance dos feitos.

Iniciativa solidaria desde Ordes en beneficio das persoas afectadas pola catástrofe climática en Valencia.Precísanse mob...
18/12/2024

Iniciativa solidaria desde Ordes en beneficio das persoas afectadas pola catástrofe climática en Valencia.

Precísanse mobles e electrodomésticos usados en bo estado ou novos.

O envío vaise producir en breve, así que quen queira colaborar debe ter en conta estas indicacións:

1.- Doazón de mobles e electrodomésticos (contactar no 659 575 684 quen necesite recollida).

2.- Doazón de pequenos electrodomésticos (microondas, cafeteiras...) nos distintos puntos de recollida (Vaivén, Centro de Día Vitais, San Roque, Feiraco, Teresa Casa das Medias).

3.- Doazón en efectivo nos petos solidarios situados en distintos establecementos colaboradores (Vaivén, Centro de Día Vitais, San Roque, Teresa Casa das Medias, Pasos, Feiraco, Chino Julio, Xoiaría Aurelio).

O destino de todas as doazóns pódese seguir na conta Voluntariadoordesdana (Facebook e Instagram).

Que é o exvoto da Barciela? Que representa?Cal é o seu valor artístico e histórico?E sobre todo... Onde está?Todas estas...
18/12/2024

Que é o exvoto da Barciela?
Que representa?
Cal é o seu valor artístico e histórico?
E sobre todo... Onde está?

Todas estas preguntas, a non ser unha, teñen resposta na reportaxe publicada na nova edición de De Zero, a partir dunha investigación do historiador Manuel Pazos.

A DGT instala dous radares dos chamados pedagóxicos na recta da Tablilla, un en cada sentido. O primeiro deles xa está o...
17/12/2024

A DGT instala dous radares dos chamados pedagóxicos na recta da Tablilla, un en cada sentido. O primeiro deles xa está operativo e o segundo implantarase nos próximos días. Inicia así unha liña de seguimento nun dos puntos de maior perigosidade da contorna.

Hai unhas semanas, os alcaldes de Tordoia e de Cerceda expuxéronlle nunha reunión coa subdelegada do Goberno, María Rivas, a súa preocupación.

Profesionais na materia optaron por activar estes radares, que informan pero non sancionan, medida que procura concienciar e reducir a siniestralidade da zona.

Os dous Concellos destacan a colaboración interinstitucional na busca de solucións comúns.

Esta é a portada da edición de decembro de De Zero. Como sempre por este mes, un pouco adiantada para ler agora con calm...
17/12/2024

Esta é a portada da edición de decembro de De Zero. Como sempre por este mes, un pouco adiantada para ler agora con calma e que así despois teñades o tempo necesario para discutir con cuñados e sogras.

Desde hoxe xa se pode atopar nos puntos de distribución habituais e tamén de balde pode obterse por correo electrónico pedíndoo a [email protected] e por WhatsApp no 617 917 130.

Esta fin de semana o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acudiu ao CEIP Campomaior, en Ordes, para comprobar o re...
16/12/2024

Esta fin de semana o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acudiu ao CEIP Campomaior, en Ordes, para comprobar o remate da obra que cambiou as cubertas do centro educativo.

O investimento foi de case 400.000 euros. Consistiu nun cambio da cuberta de todas as edificacións que compoñen o centro, un total de 2.703 metros cadrados. A nova é de chapa de aceiro galvanizado, perfil nevado e con recheo intermedio de escuma de poliuretano. Tamén se mudaron os canos e as baixantes e instalouse illamento térmico sobre o forxado baixo cuberta.

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico esta mañá na N-550 á altura da Barciela, preto de Sigüeiro pero xa en terr...
16/12/2024

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico esta mañá na N-550 á altura da Barciela, preto de Sigüeiro pero xa en territorio de Santiago.

O sinistro tivo tres coches implicados. Sucedeu pouco despois das sete da mañá, en concreto no quilómetro 50 da estrada.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia destoutro sinistro, que ocorreu dez minutos despois das 7 horas no quilómetro 50 da N-550, na parroquia compostelá da Barciela.

Unha das vítimas quedou atrapada no seu coche. Os bombeiros acudiron a liberala.

Dúas persoas foron finalmente evacuadas para atención médica, unha ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e a outra á Clínica Rosaleda.

Imaxes do acto de entrega da distinción como Fillo Adoptivo de Mesía a Baldomero Iglesias 'Mero', este mediodía no Salón...
14/12/2024

Imaxes do acto de entrega da distinción como Fillo Adoptivo de Mesía a Baldomero Iglesias 'Mero', este mediodía no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Fotos por xentileza de Manuel Pazos.

Noite 'fresca' a que pasou a comarca. Na estación meteorolóxica de Ordes rexistrouse unha mínima de -3,1 graos, na de Mo...
14/12/2024

Noite 'fresca' a que pasou a comarca.

Na estación meteorolóxica de Ordes rexistrouse unha mínima de -3,1 graos, na de Montaos foron -2,5 e na de Mesía, mínima en positivo, o termómetro baixou ata 1,2 graos.

Imaxe de arquivo.

O BNG de Ordes alega contra o proxecto de parque eólico Monte Inxerio.Considera que as novas delimitacións de núcleos ru...
13/12/2024

O BNG de Ordes alega contra o proxecto de parque eólico Monte Inxerio.

Considera que as novas delimitacións de núcleos rurais do Plan Xeral de Ordenación Municipal máis os cambios no propio proxecto fan que no caso de Meitufe o aeroxerador non respecte a distancia legal de 500 metros.

Ademais, ven preciso un novo estudo de ruídos que podería condicionar a aprobación do proxecto. A razón é que pasou de once a oito aeroxeradores, pero de maior tamaño e potencia.

Cita cultural para hoxe venres ás oito da tarde na Biblioteca de Ordes.Miriam Couceiro Castro presenta o seu libro 'De ó...
13/12/2024

Cita cultural para hoxe venres ás oito da tarde na Biblioteca de Ordes.

Miriam Couceiro Castro presenta o seu libro 'De óxido e diamantes'.

O conselleiro de Cultura visitou nas últimas horas a Mostra do Traxe Juanjo Liñares de Ordes, co gallo do cambio da cube...
12/12/2024

O conselleiro de Cultura visitou nas últimas horas a Mostra do Traxe Juanjo Liñares de Ordes, co gallo do cambio da cuberta do inmoble, no que a Xunta gastou 107.000 euros. José López Campos fixo fincapé no "compromiso" da administración autonómica cos espazos culturais de zonas rurais.

Última hora.Un home ferido en Andoio (Tordoia) cando cortaba unha árbore. Unha póla golpeouno na cabeza e comezou a sent...
12/12/2024

Última hora.

Un home ferido en Andoio (Tordoia) cando cortaba unha árbore. Unha póla golpeouno na cabeza e comezou a sentirse mareado.

Foi evacuado en helicóptero medicalizado, que tivo que vir desde Ourense, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O accidente produciuse nunha pista de monte. Alertou do acontecido outra persoa.

Imaxe de arquivo.

O Concello de Cerceda e a empresa Grupo Malasa asinaron hoxe un convenio de colaboración, polo que a compañía plantará 1...
11/12/2024

O Concello de Cerceda e a empresa Grupo Malasa asinaron hoxe un convenio de colaboración, polo que a compañía plantará 150 árbores de especies autóctonas en terreos municipais.

Á sinatura asistiron o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e os representantes da firma Candela e Alejandro Pérez.

A plantación terá lugar o vindeiro sábado 14 ás dez da mañá.

Esta mañán, doble visita da conselleira de Política Social á comarca.En Ordes, Fabiola García achegouse á nova escola in...
07/12/2024

Esta mañán, doble visita da conselleira de Política Social á comarca.

En Ordes, Fabiola García achegouse á nova escola infantil na rúa de Galicia, que ten as obras principais practicamente rematadas. Terá 61 prazas de balde para nenos e nenas de ata tres anos.

En Tordoia confirmouse unha achega económica de 300.000 euros para acondicionar o novo centro social. Prevén que os cartos sirvan para rematar a fachada e a cuberta do inmoble.

Esta tarde ás seis Ordes acende a súa iluminación de Nadal. E Oroso fará o propio mañá ás sete da tarde.
05/12/2024

Esta tarde ás seis Ordes acende a súa iluminación de Nadal. E Oroso fará o propio mañá ás sete da tarde.

Dirección

Rúa Emilia Pardo Bazán, Nº 2
Ordes
15680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando De Zero - Periódico da Comarca de Ordes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a De Zero - Periódico da Comarca de Ordes:

Videos

Compartir