27/11/2024
Boas tardes miñocas e miñocos!
O outro día comentamos que estabamos moi preocupados por Angelinho, que xa non iba os plenos, que xa non se vía polo pobo, que xa case non tiña actividade política... E por obra e gracia do espírito santo, os nosos paxariños chíaron!
O día 3 deste mes viron a Angelinho no porto de Sada acompañado dunhas persoas un tanto peculiares, antes tiñan tricornio, bigote e iban a cabalo, non sei se vos sona. Descoñecemos o motivo pero estaban falando alí un conto coma quen lle toma uns chupitos, así de pim pam.
E claro, nos ó enterarnos diso xa pensamos: E se no canto de tocarlle a lotería e estar en Marina D'Or está en Teixeiro D'Or? Quen lle vai levar os bocadillos cunha lima dentro? Quen lle vai pasar tabaco pola fiestra?
Nadiña, todo mentira, pasamos polo seu perfil e seica está en Bertamiráns, agora chámase Angel Armani, leva a moda na sangue! Tanto che fai oposición coma che vende un smoking, que tipo tan camaleónico.
PP de Bertamiráns, mirade o WhatsApp que Angelinho tenvos un temita que contar, Miño era pequeno para el, sempre foi unha persoa de moitas aspiracións (e desaparicións).
Seguiremos informando, como vos votabamos de menos a vos e ó salseo neste pobo. Marchamos marchamos que temos que ir facela compra a Mercadona!
Unha aperta miñocas e miñocos!