A Hedreira

A Hedreira 📍 Centro social autoxestionado en Lugo. Rúa Catasol, 17 baixo.
🕖 Aberto sempre: xoves e venres de 19:00 - 21:00 Que facemos? Como funcionamos?

A Hedreira é un centro social autoxestionado na cidade de Lugo. Nace do desexo de construírmos un espazo de confluencia social e da necesidade de ter un lugar de encontro, xa que consideramos que é mais doado materializar as ideas cando compartimos o espazo. Móvenos a solidariedade, o apoio mutuo, a xustiza social, a creación colectiva e a defensa do territorio. Buscamos un espazo autoxestionado o

nde a comunidade e a cooperación substitúan a visión atomista, heteropatriarcal, de competitividade e de progreso egoísta. Exploramos vías diversas de organización social, creando vínculos comunitarios e fins colectivos, promovendo o pensamento crítico, compartindo espazos, recursos, ferramentas ou saberes e xerando alternativas a un modelo de sociedade profundamente desigual que mantén a tantos millóns de persoas na pobreza e a dependencia. Reivindicamos tamén a posibilidade de acceder a unha cultura alternativa que non reduza a nosa vida social a unha versión estritamente mercantil, que nos obriga a vivir como meros poboadores dun espazo público limitado ao consumo e á circulación, facéndonos esquecer aquelas posibilidades que xorden cando se habita comunalmente. Buscamos a auto-organización como forma de relacionarnos, apartándonos das dinámicas que nos converten a todas en “usuarias ou clientes”. Por todo isto somos A Hedreira e como as hedras medramos, apoiándonos unhas nas outras, subimos muros e entretecémonos creando comunidade. Veciñas con miradas diversas pero conectadas, con ganas de sentarnos xuntas, recuperar debates, expresar inquietudes e crear tecido social dun xeito horizontal e aberto. Organizamos charlas e xornadas e temos actividades fixas como obradoiros de costura, teatro e danza en movemento, pole dance, capoeira, k-pop, cineforum, hai aulas de galego para inmigrantes, etc. Dispoñemos de biblioteca e somos un lugar de encontro e intercambio, entre outros do colectivo do Banco do Tempo de Lugo e Radio Fenda. Somos tamén un espazo para un lecer diferente. Como centro social autoxestionado funcionamos a través das asembleas, o consenso, a horizontalidade, libre de xerarquías e de subvencións. Todo isto constrúese mediante a implicación e o compromiso das diferentes persoas que habitamos o espazo, onde nos atopamos diversas personalidades e ideoloxías, desde abaixo e á esquerda, buscando construír colectivamente. É grazas as cotas dxs compañeirxs que podemos manter o local. Non funcionamos como unha asociación ao uso: todas contamos por igual e todas podemos gozar do centro social en base aos principios que imos acordando xuntas e o compromiso co espazo. Local social, cultural e político, pero apartidista (sen vinculación a ningún partido político). Aquelas actividades que se queiran levar a cabo na Hedreira pasan por asemblea para que entre todas debatamos a proposta. A data da asemblea anúnciase cada mes.

Plataforma Feminista Lugo no Centro Social Mádia Leva
13/02/2025

Plataforma Feminista Lugo no Centro Social Mádia Leva

11/02/2025
11/02/2025

Uma atividade física que reúne luta, cultura, música. Um arte que engloba várias artes. Proporciona técnica, força, coordenaçāo motora, equilibrio estático e dinâmico. Além ser um excelente exercício para o sistema vascular. Práctica de valores como respeito a regras, diversāo, competitividade em solidariedade, ludicidade. Uma luta que promove a formaçāo do caráter mentalmente e fisicamente, desenvolve a autoestima, socialiçāo e integraçāo social. Cualquer pessoa pode prática a Capoeira, nao há limites.

Contacto: 663664114 Nenê Capoeira

🎬 O próximo domingo 16 de febreiro ás 19h, proxección de 'Infiltrats' subtitulado en castelán, documental da TV3 sobre i...
10/02/2025

🎬 O próximo domingo 16 de febreiro ás 19h, proxección de 'Infiltrats' subtitulado en castelán, documental da TV3 sobre infiltracións policiais nos movementos sociais cataláns con Marlaska á fronte do Ministerio de Interior.

10/02/2025

A vida non ven con manual de instrucións e todxs queremos aprender a vivila do mellor xeito posible. Ainda que planifiquemos o día, en realidade non sabemos o que vai a acontecer nel. O día a día está cheo de imprevistos, de incidentes que teremos que resolver do mellor xeito posible. Polo tanto vivir é improvisar sobre algo máis ou menos planificado. A impro é comprender que fago no que fago e por que fago o que fago. É comprender a personalidade / personaxe / traxe que creei para funcionar na sociedade. Descubrir que podo quitarme ese traxe e poñerme outro calquera que eu queira. A impro ensínache a responder dúas preguntas principais: quen son eu e que fago aquí? Tamén é saber ubicarse e manexarse na incerteza e para iso existe un «Mapa da Impro» co cal poderaste mover como queiras e a donde queiras sen endexamais perderte. A persoa que improvisa é actor, dramaturgo é director a un tempo. A impro é unha técnica teatral que naceu como un elemento de formación de actorxs e que acabou converténdose nun estilo de teatro propio coas súas regras e códigos propios.

10/02/2025

Retomamos o curso de iniciación árabe sirio-palestino. Tamén podes acudir se es falante de árabe para intercambio con castelán/galego.
Inscríbete ➡️ [email protected]

ℹ️É gratuíto como todos os obradoiros que facemos e ninguén recibe ningún tipo de retribución, pero toda coperación para o mantemento do centro social é benvida. Podes colaborar economicamente facéndote socix enchendo o formulario que atoparás na web www.ahedreira.noblogs.org ou na bio.

❌ sen subvencións
✅autoxestionado

📍Rúa Catasol, 17 (Lugo).

Xa temos o cartaz para febreiro!!
31/01/2025

Xa temos o cartaz para febreiro!!

A próxima cea vegana xa ten data!!Lembrarvos de reservar, prazas limitadas 🌿🍀🌾
22/01/2025

A próxima cea vegana xa ten data!!
Lembrarvos de reservar, prazas limitadas 🌿🍀🌾

16/01/2025
14/01/2025

Venres 17 de xaneiro ás 19:30 | Presentación de "Entre el azar y la necesidad" con Daniel Pont coaoutor e cofundador da COPEL ("Coordinadora de Presos en Lucha").

"Entre el azar y la necesidad" explica a construción histórica dun instinto de liberación individual e colectivo. Desde as primeiras tentativas de emancipación persoal respecto da familia e da contorna de precariedade social, que levarían a Daniel Pont ás súas primeiras experiencias carcelarias, ata a plena toma de conciencia política durante o proceso de autoorganización dos presos na COPEL, a evolución subxectiva de Daniel explícanos a rebelión colectiva dunha clase condenada en todos os sentidos. Esa que viu como os cárceres do franquismo non eran abolidas, senón perfeccionadas por un novo réxime que acabou refinando os mecanismos de destrución das persoas no sistema penal.

Coautoría con Ignacio González Sánchez.

📍C.S.A. A Hedreira, Rúa Catasol, 17

A programación de xaneiro!!!
09/01/2025

A programación de xaneiro!!!

O sábado 4 cea vegana!!! Prazas limitadas!Reserva por mensaxe directo de Instagram o correoA empezar o ano con bó pé 🎉🎉🎉
02/01/2025

O sábado 4 cea vegana!!! Prazas limitadas!
Reserva por mensaxe directo de Instagram o correo
A empezar o ano con bó pé 🎉🎉🎉

Hoxe sábado
21/12/2024

Hoxe sábado

❄️🌰 Un ano máis chega o Apalpador! O 21 de decembro pasa por Lugo, polo Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. Agardámoste con todas estas actividades!

Dirección

Rua Catasol, 17
Lugo
27002

Página web

https://acortar.link/N3sagi

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Hedreira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a A Hedreira:

Videos

Compartir

Categoría