RADIO NOVA

RADIO NOVA A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM

O COLEXIO DA LAMA INICIA O CURSO CONSOLIDANDO O SEU ALUMNADO, SUPERANDO A BARREIRA DOS 100 NENOS E NENAS ESCOLARIZADOS➡️...
11/09/2024

O COLEXIO DA LAMA INICIA O CURSO CONSOLIDANDO O SEU ALUMNADO, SUPERANDO A BARREIRA DOS 100 NENOS E NENAS ESCOLARIZADOS

➡️ É O ÚNICO CENTRO ESCOLAR DE PRIMERIA DA COMARCA DE PONTEVEDRA ONDE MEDRA O NÚMERO DE ALUMNOS MATRICULADOS.

Os nenos e nenos da comarca do Verdugo-Oitavén incorporáronse esta mañá ás aulas dando comezo un novo curso escolar. O Colexio da Lama, que dirixe Rafael Sánchez-Agustino, está de enhoraboa posto que consolida o número de alumnos matriculados e supera sobradamente a barreira psicolóxica dos 100 nenos e nenas, concretamente esta ano serán 105.

A Lama é, ademais, o único municipio de todos
os que rodean Pontevedra, capital incluída, no que medra o
número de alumnos de Primaria.

O director do colexio da Lama, Rafael Sánchez-Agostiño, explicou recentemente a La Voz de Galicia que "este colexio leva varios anos subindo a súa matrícula. Atrás quedan os anos do inverno demográfico máis frío, uns cursos antes da pandemia, cando a asistencia baixou ata os 76. E agora, cando se consegue
manter por encima dos cen, o seu director non oculta a súa
satisfacción. En contra da tendencia que vemos por todos os lados, aquí na Lama crecemos sen parar desde hai uns anos", precisa.

Son sobre todo alumnos de Primaria, reflexo da chegada de novas familias ao municipio, sexan emigrantes retornados ou persoas sen vínculos previos coa Lama pero que traballan na contorna ou en Pontevedra.

10/09/2024

ÚLTIMOS DÍAS PARA CONSEGUIR AS ENTRADAS PARA ASISTIR AO FESTI-RAN EN ANTAS, A LAMA

Aínda quedan unhas poucas entradas para asistir ao FESTI-RAN que organiza a Taberna Puza da Ran, en Antas (A Lama) este sábado 14 de setembro a partir das 12 horas do mediodía.

ACTUACIÓNS:

✅ Adolfo FH
✅ Marcelo Dobode
✅ Patinama
✅ Desconcerto
✅ Chroma
E moitos máis! 🎵

📍 Haberá numerosas prazas de aparcamento e durante os descansos do festival serviranse pinchos gratuítos e poderás saborear as mellores propostas gastronómicas a través dun servizo de hamburguesas e opcións vexetarianas! 🍔🥦

Poder conseguir as túas entradas na Taberna Puza da Ran ou por Bizum.

📲 Contacto para reservas: 639 342 959 / 661 922 382

NAIHARA E ANXO, DA ESCOLA DE BAILE TRADICIONAL "TROULEADA" DE PONTE CALDELAS PARTICIPARÁN ESTE VENRES 13 DE SETEMBRO NO ...
10/09/2024

NAIHARA E ANXO, DA ESCOLA DE BAILE TRADICIONAL "TROULEADA" DE PONTE CALDELAS PARTICIPARÁN ESTE VENRES 13 DE SETEMBRO NO CONCURSO "VAI DE BAILE" DO PROGRAMA LUAR, DA TVG

Naihara e Anxo, dous mozos da Escola de Baile Tradicional "Trouleada" de Ponte Caldelas estarán este venres 13 de setembro no programa LUAR da Televisión de Galicia para participar no concurso "VAI DE BAILE".

O seu paso polo concurso ademais de ser unha experiencia inesquecible servirá para amosarlle a Galicia enteira o bo facer desta escola de baile tradicional que ten as súas raíces no concello de Ponte Caldelas.

MOITA SORTE NAIHARA E ANXO E PARABÉNS POR TER CHEGADO TAN LONXE...

OS VECIÑOS DO PELETE BENDECIRON O VIÑO E O CARBALLO CENTENARIO Coa presenza do alcalde da Lama, David Carrera, o tenente...
07/09/2024

OS VECIÑOS DO PELETE BENDECIRON O VIÑO E O CARBALLO CENTENARIO

Coa presenza do alcalde da Lama, David Carrera, o tenente de alcalde José Fortes e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya, o cura párroco D. Juan foi o encargado de bendecir, como hai anos, o viño e o carballo centenario do Pelete. Previamente, tivo lugar a misa de cofrades que estivo moi concurrida.

D. Juan fixo unha emotiva lembranza do anterior alcalde da Lama, Jorge Canda, recentemente falecido e ligou a súa persoa con esta celebración tan arraigada e popular no Pelete e na Lama.

Posteriormente, a Charanga Noroeste foi a encargada de animar coa súa música a xornada matinal desta celebración na que non faltaron nin o bo viño nin o polbo á feira.

AGUASANTAS ACOLLE ESTA NOITE O ESPECTÁCULO "XUNTOS POLA MÚSICA", UN CONCERTO TRIBUTO A JUAN PARDOHABERÁ CARPA PARA GARAN...
06/09/2024

AGUASANTAS ACOLLE ESTA NOITE O ESPECTÁCULO "XUNTOS POLA MÚSICA", UN CONCERTO TRIBUTO A JUAN PARDO

HABERÁ CARPA PARA GARANTIR A CONFORTABILIDADE DOS ASISTENTES

Esta noite terá lugar en Aguasantas, a partir das 22:30 horas, un espectáculo único en Galicia baixo o título de "Xunto pola Música" o que será un concerto Tributo ao mítico cantante galego Juan Pardo.

Intervirán iAlma, Antonio Barros, Fernando Calderón e Lys Pardo, filla do mítico cantante galego que aproveitará para rendirlle unha merecida homenaxe ao seu pai.

HABERÁ CARPA

Ante a inestabilidade atmosférica e co fin de garantir a confortabilidade dos asistentes hai que sinalar que haberá instalada unha carpa que servirá de acubillo para o público no caso de que sexa necesario.

ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE A FESTA DO VIÑO DO PELETEOs días 7, 8 e 9 de setembro terán lugar no Pelete as Festas do Vi...
06/09/2024

ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE A FESTA DO VIÑO DO PELETE

Os días 7, 8 e 9 de setembro terán lugar no Pelete as Festas do Viño e na honra da Virxe dos Remedios que terán como momento máis significativo o sábado 7 coa misa de cofrades, ás 11 da mañá, e a bendición das pipas e a súa apertura, que terá lugar media hora máis tarde.

CONSULTA O PROGRAMA.

CUBELA PRESENTA A QUINTA EDICIÓN DA XUNTANZA DA TERCEIRA IDADE QUE SE CELEBRARÁ O 20 DE SETEMBRO NO PAVILLÓN DE CERDEDO ...
06/09/2024

CUBELA PRESENTA A QUINTA EDICIÓN DA XUNTANZA DA TERCEIRA IDADE QUE SE CELEBRARÁ O 20 DE SETEMBRO NO PAVILLÓN DE CERDEDO

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou unha nova edición da Xuntanza da Terceira Idade que terá lugar o vindeiro venres 20 de setembro, no pavillón municipal de Cerdedo organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, e que terá un custe por persoa de 20 euros.

Jorge Cubela indicou que esta V Xuntanza servirá “de reencontro para aquelas persoas que viven en diversos lugares do municipio e que aproveitan esta actividade para retomar contacto con vellos amigos e coñecidos. Vívense momentos moi emotivos e permite seguir establecendo lazos e vencellos de boa veciñanza que ás veces e por mor das distancias quedan esmorecidos e que se revitalizan con este tipo de encontros”, sinalou o rexedor.

As persoas que poderán participar neste evento deberán estar empadroadas, ter 65 anos ou ser pensionistas con 55 anos, así como os cónxuxes de ambos. As persoas non empadroadas nacidas en Cerdedo-Cotobade e os seus cónxuxes poderán participar pagando a totalidade do prato. Tamén poderán participar fillos con discapacidade intelectual acompañados dun adulto e maiores do Fogares Residenciais de Cerdedo-Cotobade.

Para formalizar a inscrición, que será de 20 euros por persoa, poderán facelo do 9 ao 18 de setembro de 10:00 a 13:00 horas nas oficinas dos Servizos Sociais de Cerdedo-Cotobade e nas sedes dos Clubes de Xubilados (Tenorio – Viascón).

A V Xuntanza iniciarase ás 13:30 horas cun acto relixioso na Igrexa de San Xoán Bautista de Cerdedo, ó que seguirá un xantar de confraternidade, rematado o cal haberá diversas actividades culturais e de lecer.

O Concello de Cerdedo-Cotobade porá a disposición dos veciños autobuses para que todo o mundo poida acudir ao xantar, pero deberán comunicalo no momento da inscrición, entre os días 9 e 18 de setembro. Tamén poden chamar o Concello para coñecer cales van ser as paradas e horario de recollida dos participantes que queiran usar este modo de transporte gratuíto.

UN MOZO DE BORELA DISPUTA EN FRANCIA UNHA PROBA DA COPA DO MUNDO DE DESCENSO EN BICICLETA DE MONTAÑA (MTB)O alcalde de C...
04/09/2024

UN MOZO DE BORELA DISPUTA EN FRANCIA UNHA PROBA DA COPA DO MUNDO DE DESCENSO EN BICICLETA DE MONTAÑA (MTB)

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, recibiron oficialmente no Consistorio a Hugo Rosendo, un xoven que se despraza nestes días á localidade francesa de Loudevielle para participar do 6 ao 8 de setembro na sexta proba, e última na xira europea, da Copa do Mundo de Descenso en Bicicleta de Montaña (MTB) na categoría “junior”.

Cubela, quen amosou a súa satisfacción porque un veciño de Cerdedo-Cotobade estea inmerso nesta competición tan esixente e de tanto prestixio na súa categoría, desexoulle “toda a sorte do mundo e agradeceulle que levara sempre polo mundo adiante o nome, con orgullo, do noso concello”.

Hugo Rosendo compite baixo o amparo da Selección Española da modalidade para tomar parte nesta importante cita. O “rider” de Cerdedo-Cotobade, aínda en categoría “junior”, afronta a cita como unha oportunidade para aprender e progresar ao lado dos mellores especialistas do mundo, pero sen descartar facer un bo resultado.

Esta carreira será a penultima que afronte Hugo Rosendo neste ano 2024, no que participou nun gran numero de probas por toda a xeografía autonómica e nacional, así como incursións en Portugal e diversos países de Europa.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela “sen lugar a dúbidas, o potencial e proxección do noso deportista enchenos de ilusión e súmase ao gran elenco de mozos e mozas que destacan na práctica das súas respectivas modalidades deportivas o que nos enche a todos dun especial e san orgullo que queremos compartir con toda a provincia e Galicia”, concluiu o alcalde ao tempo que lle desexaba “toda a sorte do mundo, Hugo”.

CUBELA E MEMBROS DA COMISIÓN PRESENTAN AS FESTAS NA HONRA DE NOSA SEÑORA DE AGUASANTAS QUE TERÁN LUGAR OS DÍAS 6, 7 E 8 ...
04/09/2024

CUBELA E MEMBROS DA COMISIÓN PRESENTAN AS FESTAS NA HONRA DE NOSA SEÑORA DE AGUASANTAS QUE TERÁN LUGAR OS DÍAS 6, 7 E 8 DE AGOSTO E NO QUE SALIENTA UN CONCERTO TRIBUTO A JUAN PARDO

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez, a concelleira Maite Pichel e membros da Comisión de Festas presentaron a programación festiva da parroquia de Aguasantas na honra da Nosa Señora, patroa do Concello de Cerdedo-Cotobade, que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de setembro e que contarán coa colaboración da administración local a través do Plan Cultural Municipal e o concerto Tributo a Juan Pardo, que terá lugar o venres ás 22 horas.

As celebracións na honra da Nosa Señora da Aguasantas iniciaranse o venres 6 de setembro, ás 21 horas, coa festa na honra dos emigrantes onde terá lugar a tradicional churrascada amenizada polo grupo de pop español San Rockers e o concerto Tributo a Juan Pardo.

O sábadeo 7 de setembro terá lugar pola mañá cedo o pasarrúas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ás 13:00 horas comezará a misa cantada polo coro Agua Viva de Aguasantas, seguida de procesión acompañada pola citada banda que protagonizará a sesión vermú. Ás 19 horas rezarase o rosario na Capela de Penelas e ás 22:30 horas comezará a verbena amenizada polas orquestras Solara e o grupo Explosión.

O domingo 8 de setembro haberá dianas e alboradas a cargo da Banda de Música de Cerdedo. Ás 11:45 horas terá lugar a misa solemne acompañada polo coro Agua Viva de Aguasantas, seguida de procesión acompañada pola citada banda que protagonizará a sesión vermú. Ás 22:00 horas os grupos Alcázar e Ultrafónicos protagonizarán a verbena.

Pola súa banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, reiterou o apoio persoal e institucional a estas festas que contan co respaldo do Plan Cultural Municipal e o acondicionamento do novo aparcadoiro, ubicado na parte posterior do local social dos veciños de Aguasantas, que a petición veciñal e tamén da Comisión de Festas foi sometido a labores de roza e limpeza para que estean en perfectas condicións para a celebración dos eventos festivos.

Cubela, felicitou aos membros da Comisión de Festas e salientou o programa festivo pola súa variedade no que non falta a combinación harmónica dos actos tradicionais relixiosos coa animación e valorou moi positivamente a celebración da churrascada na honra dos emigrantes “como un feito moi emotivo que segue mantendo ben fortes e atados os lazos que unen aos nosos veciños de aquí cos que están fóra. Estas festas sirven de punto de unión e reencontro de moitas familias e amigos”, dixo o alcalde de Cerdedo-Cotobade.

O CONCELLO DA LAMA ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE E O EMPADROAMENTO 2024Permanece ab...
04/09/2024

O CONCELLO DA LAMA ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE E O EMPADROAMENTO 2024

Permanece aberto o prazo, durante os meses de setembro e outubro, para solicitar as axudas do Concello da Lama ao fomento da natalidade e o empadroamento.

Serán beneficiarios da subvención os proxenitores e adoptantes de menores con residencia fixada no concello da Lama, no que debe estar empadroado con 12 meses de antelación ininterrompidos, como mínimo, ao feito que motiva a petición da axuda.

Ademais, para poder obter a condición de beneficiarios, un dos dous proxenitores deberá cumprir os deberes que se recollen na presente Convocatoria.

A subvención ten por finalidade o fomento da natalidade e o empadroamento no concello. O importe da subvención non poderá superar os 1.000,00 euros por fillo nado ou adoptado no período correspondente entre o 01/01/2023 ao 31/12/2023. No caso de partos múltiples, terase dereito a obter un 40% adicional por un segundo, e un 20% por seguintes fillos.

Las ayudas se repartirán un 50% en el año de la concesión de la subvención y el 50% restante en el año siguiente.

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DA LAMA:

https://concellodalama.com/novas/axudas-para-o-fomento-da-natalidade-e-o-empadroamento-2024-no-concello-da-lama/

CONTINÚA O LOITO E PESAR POLO FALECEMENTO DE JORGE CANDA MARTÍNEZ...Reproducimos a Declaración Institucional do Concello...
03/09/2024

CONTINÚA O LOITO E PESAR POLO FALECEMENTO DE JORGE CANDA MARTÍNEZ...

Reproducimos a Declaración Institucional do Concello da Lama:

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
CONCELLO DA LAMA

A Lama, 3 de setembro de 2024

Quero agradecer, no meu nome e no dos meus compañeiros da Corporación Municipal, as mostras de afecto e agarimo recibidas durante os pasados días polo pasamento do noso compañeiro, amigo e ex alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez.

Queremos facer extensivo este agradecemento a todos aqueles veciños e veciñas, concelleiros, alcaldes, Presidente da Deputación, conselleiros e conselleiras e Presidente da Xunta polas condolencias expresadas ante esta luctuosa noticia e dámoslles as grazas a aquelas persoas que nos acompañaron durante as exequias fúnebres que, a modo de homenaxe a Jorge Canda Martínez, tiveron lugar diante do Consistorio Municipal e na igrexa parroquial de San Salvador da Lama.

A Lama despediu a unha persoa que o deu todo pola súa vocación de servizo público e dedicación aos demais.

Grazas pola vosa aperta solidaria que trasladamos co maior respecto e agarimo aos seus familiares e amigos e a todo o pobo da Lama.

David Carrera Cal
Alcalde-Presidente do Concello da Lama

O CONCELLO DA LAMA DECRETA TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL POLO PASAMENTO DO EX ALCALDE JORGE CANDA MARTÍNEZ➡️ A Corporación ...
01/09/2024

O CONCELLO DA LAMA DECRETA TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL POLO PASAMENTO DO EX ALCALDE JORGE CANDA MARTÍNEZ

➡️ A Corporación Municipal e os veciños da Lama únense á familia nestes momentos de dor polo falecemento do que fora rexedor municipal desde o ano 1995 ata o 2023.

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, acaba de decretar tres días de loito oficial e a colocación de bandeiras a medio mastro con crespóns negros polo pasamento de Jorge Canda Martínez, quen fora rexedor deste municipio no periodo comprendido polos anos 1995 e 2023.

A noticia do falecemento de Canda Martínez foi recibida con gran pesar pola veciñanza da Lama que une a súa dor á da familia do ex mandatario lamense.

O óbito produciuse sobre as catro da madrugada a consecuencia dunha longa doenza que Jorge Canda foi sobrelevando con gran dignidade durante os últimos tempos.

Os restos mortais velaranse a partir das 10 da mañá no Tanatorio San Mauro, de Pontevedra, co fin de que aquelas persoas que o desexen poidan darlle o derradeiro adeus e amosarlle as súas condolencias á familia. O funeral celebrarase mañá luns 2 de setembro, ás 19 horas, na igrexa parroquial de San Salvador da Lama e posteriormente terá lugar a incineración na estricta intimidade familiar.

Jorge Canda deixa unha profunda pegada entre a veciñanza da Lama e un profundo respecto entre o mundo político comarcal e provincial xa polo seu talante e afabilidade así como pola súa capacidade de traballo e compromiso co futuro da Lama.

Con Jorge Canda ao fronte da Alcaldía o concello da Lama logra o seu maior esplendor sendo responsable da mellora de todo tipo de infraestruturas viarias e de comunicación coa capital da provincia, a construción do campo de fútbol de herba artificial, o Centro Multiusos, as melloras sucesivas no centro escolar e de saúde, a creación do polígono industrial de Racelo, a modernización da Casa Consistorial e, dentro das últimas xestións realizadas antes de deixar a Alcaldía está a ampliación e mellora da estrada de Antas a Portela da Cruz, que agora inicia a súa terceira e derradeira fase, xa en tempos de David Carrera como alcalde.

Baixo o seu mandato impulsáronse a celebracións de festas gastronómicas como as do Codillo da Lama, a Semana Cultural, a colaboración con entidades veciñais e culturais para desenvolver todo tipo de actividades relacionadas coa Festas das Ermidas, O Pelete, a posta en marcha de servizos de abastecemento de augas municipais, centros socioculturais como os do Peso, etc.

TRAXECTORIA POLÍTICA NA LAMA

Canda Martínez comezou a súa militancia política no ano 1986 no CDS e foi candidato á Alcaldía da Lama por este partido en 1987. Posterioremente, pasou ao PSdeG-PSOE como independente, e nas eleccións municipais de 1991 quedou a trece votos de lograr a Alcaldía, que conseguiu nas de 1995 encabezando a lista socialista coma independente, e chegando ao goberno mediante un pacto cunha forza independente de Gregorio Justo que lle permitiu substituir a Manuel Rial González ao fronte do Concello.

Nas eleccións municipais de 1999, encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde. Posteriormente, por desavinzas coa dirección desta formación política, Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno pasáronse ao grupo mixto e, en 2002, formalizaron o seu ingreso no PPdeG.

Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido por maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, incluíndo as de 2019, e deputado na Deputación Provincial de Pontevedra no periodo 2015-2017. Nos comicios do 2023, integrou a lista liderada por David Carrera Cal, o actual alcalde da Lama, que tamén accedeu ao cargo ao lograr 7 dos 11 concelleiros da Corporación Municipal.

PA TI NA MÁ, EN CONCERTO ESTA NOITE ÁS 22 HORAS NA TABERNA PUZA DA RAN, EN ANTAS (A LAMA)Pa Ti Na Má estará esta noite a...
23/08/2024

PA TI NA MÁ, EN CONCERTO ESTA NOITE ÁS 22 HORAS NA TABERNA PUZA DA RAN, EN ANTAS (A LAMA)

Pa Ti Na Má estará esta noite a partir das 22 horas na Taberna Puza da Ran, en Antas (A Lama) para ofrecer un concerto no marabilloso escenario que este establecemento hostaleiro ofrecer nun entorno incomparable.

Poderás disfrutar do concerto saboreando diversos pratos especialmente preparados para ti.

Se queres pasar unha noite especial, achégate á Taberna Puza da Ran, en Antas (A Lama) e disfruta do concerto de Pa Ti Na Má.

GUSTAVO DACAL XA TEN OFICIALMENTE O SEU NOME NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE PONTE CALDELASOnte tivo lugar o acto que oficial...
13/08/2024

GUSTAVO DACAL XA TEN OFICIALMENTE O SEU NOME NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE PONTE CALDELAS

Onte tivo lugar o acto que oficializou a imposición do nome do atleta Gustavo Dacal Martínez ao pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas. Esta acto contou coa presenza do lanzador de Baltar, a súa familia, o alcalde de Ponte Caldelas, membros da Corporación Municipal dos grupos do PSOE e do PP e público en xeral.

Gustavo Dacal agradeceu á Corporación e ao pobo de Ponte Caldelas as mostras de cariño e animou á mocidade a facer deporte e esforzarse por conseguir os seus obxectivos na vida.

Rematou o acto coa interpretación do himno de Galicia.

A GARDA CIVIL DETÉN NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO PENITENCIARIO DA LAMA A UNHA MULLER POR UN PRESUNTO DELITO CONTRA A SAÚDE...
13/08/2024

A GARDA CIVIL DETÉN NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO PENITENCIARIO DA LAMA A UNHA MULLER POR UN PRESUNTO DELITO CONTRA A SAÚDE PÚBLICA

A Garda Civil da Sección de Seguridade do centro penal da Lama, nos servizos preventivos que realiza habitualmente, detivo o pasado luns 5 de agosto, a unha muller por un presunto delito contra a saúde pública.

Ao dar o alto a un vehículo ocupado por 3 persoas, compróbase que o condutor do mesmo, un veciño de Madrid, de 33 anos, con antecedentes policiais, carece de permiso de conducir en vigor ao constarlle unha suspensión temporal por un Xulgado.

Por iso investígaselle, por un presunto delito contra a seguridade viaria, e o vehículo queda inmobilizado.

Durante o operativo contouse coa colaboración de axentes do Subsector de Tráfico de Pontevedra así como do Servizo Cinológico.

Unha das ocupantes do vehículo, tamén con domicilio en Madrid, de 30 anos, e con antecedentes policiais por delitos contra a saúde pública, intervéñenselle 3,7 gramos de haxix, unha navalla, tres paquetes con forma de landras envoltas en plástico cun total de 37,2 gramos de haxix, e dous paquetes máis con forma de landra envoltas en plástico cun peso de 8.6 gramos de co***na.

A detida queda en liberdade en sede policial, pendente de ser citada polo xuíz e as dilixencias son remitidas ao Xulgado de Garda de Pontevedra.

OS VECIÑOS E VECIÑAS DA INSUA (PONTE CALDELAS) CELEBRAN OS DÍAS 16, 17 E 18 AS SÚAS FESTAS NA. HONRA DA VIRXE DAS DORESO...
13/08/2024

OS VECIÑOS E VECIÑAS DA INSUA (PONTE CALDELAS) CELEBRAN OS DÍAS 16, 17 E 18 AS SÚAS FESTAS NA. HONRA DA VIRXE DAS DORES

Os veciños e veciñas da Insua (Ponte Caldelas) celebran os días 16, 17 e 19 de agosto as súas festas na honra da Virxe das Dores que comezarán o venres cunha verbena a cargo das orquestras Os Coleguitas de Venezuela e a Macro Discomóbil Impacto co Dj Sonic.

O sábado 17 haberá pasarrúas a partir das 19 horas a cargo da Banda de Música Artística de Arcade, ás 21 horas misa e procesión coas alfombras florais.

O domingo 18 ás 11 horas, pasarrúas cos Xeitosos da Insua e ás 13 horas misa solemne na honra da Virxe das Dores.

GRAN SATISFACIÓN ENTRE A ORGANIZACIÓN E O PÚBLICO QUE ASISTIU Á RAPA DAS BESTAS DE GAXATEA primeira celebración da Rapa ...
13/08/2024

GRAN SATISFACIÓN ENTRE A ORGANIZACIÓN E O PÚBLICO QUE ASISTIU Á RAPA DAS BESTAS DE GAXATE

A primeira celebración da Rapa das Bestas de Gaxate (A Lama) saldouse con gran satisfación por parte da organización do evento e do público asistente que no curro feito nas inmediacións da praia fluvial gozou desta actividade tradicional que agora se recupera en Gaxate.

As bestas foron guiadas polo centro de Gaxate ata a praia fluvial onde tivo lugar a Rapa seguindo o método tradicional de separación e desparasitación dos animais.

A Comunidade de Montes de Gaxate, que preside Iago Muiños Barreiro recibiu os parabéns da veciñanza e do público asistente polo alto grado de organización e beleza desta iniciativa de dinamización da parroquia e de coidado da cabana cabalar.

ESTA NOITE ACTÚAN NA TABERNA POZA DA RAN, EN ANTAS (A LAMA) O DÚO "A.M."Esta noite actúa na Taberna Poza da Ran, en Anta...
09/08/2024

ESTA NOITE ACTÚAN NA TABERNA POZA DA RAN, EN ANTAS (A LAMA) O DÚO "A.M."

Esta noite actúa na Taberna Poza da Ran, en Antas (A Lama) o dúo M.A. no que canta Arancha Rodríguez González, unha moza moi nova de Monte Porreiro (Pontevedra) que se deu a coñecer en Telecinco no programa "Tú sí que vales".

Nesta ocasión a Taberna Puza da Ran aposta por música Pop Rock, dos 80 e os éxitos máis actuais.

Se non tes plan, esta noite podes achegarte ata a Taberna Puza da Ran, en Antas (A Lama) e poderán escoitar música de calidade en directo e degustar os mellores menús da tempada.

ÉXITO DE PÚBLICO DA RAPA DAS BESTAS DE CUSPEDRIÑOSA Rapa das Bestas de Cuspedriños, na presente edición, acadou un dos s...
09/08/2024

ÉXITO DE PÚBLICO DA RAPA DAS BESTAS DE CUSPEDRIÑOS

A Rapa das Bestas de Cuspedriños, na presente edición, acadou un dos seus maiores éxitos tanto de público como de proxección internacional a través da presenza de "intragramers" e "influencers" vidos de varios lugares de Europa a presenciar este evento que acada cada vez unha maior sona.

O equipo composto por Daniel Ángel Fraguas Suárez, Ana Sestelo Torres, Christofer Mourín Casalderrey, Patricia Fraguas, Natalia Tourís, Manu Carril e Dani Fraguas Sestelo acadaron un éxito sen precedentes nesta Rapa das Bestas de Cuspedriños que chega a súa 38ª edición.

Houbo varios debús como aloitadores e aloitadoras que saíron airosos e airosas dos seus respectivos lances. Grazas ao esforzo da organización e dos aloitadores e aloitadoras mantense viva esta festa que forma parte da nosa idiosincrasia como pobo.

Desde a organización agradeceron a participación especial dos aloitdores, especialmente o de Adrián Darriba Bello (aloitador da casa) e a todos os que viñeron doutros lugares xa que coa súa presenza contribuiron de xeito destacado a que todo resultara un éxito.

Este equipo xa está a traballar na seguinte edición para superar o listón deste ano que queda moi alto.

ÉXITO DE PÚBLICO NA ACTUACIÓN DA AGRUPACIÓN DE ACORDEONISTAS "ACORDE SON DO VERDUGO" NA ALAMEDA DA LAMA O numeroso públi...
06/08/2024

ÉXITO DE PÚBLICO NA ACTUACIÓN DA AGRUPACIÓN DE ACORDEONISTAS "ACORDE SON DO VERDUGO" NA ALAMEDA DA LAMA

O numeroso público que se concentrou na Alameda da Lama para presenciar a actuación da agrupación de acordeonistas "Acorde Son do Verdugo" pasou unha tarde moi entretida cantando as distintas cancións populares que foron interpretando.

Para facilitar a participación no público e interactuar mellor coa agrupación de músicos, repartiron uns libretos coas cancións que foron interpretando.

Esta agrupación, que está dirixida por Pablo Martínez Tomé, está composta por músicos de Ponte Caldelas, A Lama e tamén arredores e está convertíndose en referencia na comarca en materia de actuacións musicais a base de acordeóns.

Entre o numeroso público presente atopábanse o alcalde, David Carrera, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Placido Pillado Alfaya quenes agradeceron o traballo e o espectáculo protagonizado por "Acorde Son do Verdugo" dentro da programación do Verán Cultural do Concello da Lama, sobre todo no día de hoxe que coincide con que se honra a San Salvador, patrón da Lama e así, á mañá realizouse un oficio relixioso e tivo lugar unha procesión arredor da igrexa parroquial.

PACO COUSELO FALOU CO TESOUREIRO DA SOCIEDADE DE CAZA DE SAN XOÁN DE POIO SOBRE OS LABORES DE XESTIÓN E REPOBOACIÓN CINE...
06/08/2024

PACO COUSELO FALOU CO TESOUREIRO DA SOCIEDADE DE CAZA DE SAN XOÁN DE POIO SOBRE OS LABORES DE XESTIÓN E REPOBOACIÓN CINEXÉTICA QUE LEVAN A CABO OS CAZADORES

Paco Couselo entrevistou no seu programa CAZA E NATUREZA, en RADIO NOVA, a Pablo Doval Ucha, tesoureiro da Sociedade de Caza de San Xoán de Poio, entidade que preside Emilio Vázquez Bravo. Durante a conversa falaron do importante labor que realizan as sociedades no referente á xestión e repoboación cinexética, sobre todo na posta en marcha de biotopos para coellos.

ESCOITA AQUÍ A ENTREVISTA:

https://www.ivoox.com/player_ej_132554172_6_1.html

OS VECIÑOS DE GAXATE CELEBRAN A SUA PRIMEIRA RAPA DAS BESTAS, O SÁBADO 10 DE AGOSTO, A PARTIR DAS 12 DO MEDIODÍA NA PRAI...
05/08/2024

OS VECIÑOS DE GAXATE CELEBRAN A SUA PRIMEIRA RAPA DAS BESTAS, O SÁBADO 10 DE AGOSTO, A PARTIR DAS 12 DO MEDIODÍA NA PRAIA FLUVIAL

A Comunidade de Montes de Gaxate organiza para o SÁBADO 10 DE AGOSTO, a partir das 12 do mediodía, a primeira RAPA DAS BESTAS DE GAXATE que terá lugar nun curro instalado na praia fluvial gaxateña.

Haberá actividades durante toda a xornada na que se sanearán os cabalos e desparasitarán desde o máximo coidado e respecto polos animais.

Aqueles aloitadores e aloitadoras que queiran participar na rapa terán que asinar un documento de consentimento e respectar escrupulosamente as medidas de seguridade e de respecto polos animais.

Para coñecer os pormenores desta actividade de recuperación etnográfica das nosas tradicións, Antón Xil entrevistou en RADIO NOVA a Iago Muíños Barreiro, presidente da Comunidade de Montes de Gaxate.

CONSULTA O PROGRAMA E ESCOITA AQUÍ A ENTREVISTA:

https://www.ivoox.com/player_ej_132499426_6_1.html

O VENRES 9 DE AGOSTO PODERÁS OBSERVAS AS PERSEIDAS DESDE A CARREIRA ANCHA, NA INSUA (PONTE CALDELAS)O Concello de Ponte ...
05/08/2024

O VENRES 9 DE AGOSTO PODERÁS OBSERVAS AS PERSEIDAS DESDE A CARREIRA ANCHA, NA INSUA (PONTE CALDELAS)

O Concello de Ponte Caldelas, en colaboración coa Asociación de Veciños da Insua e a Asociación Astronómica Sirio facilitará o visionado das perseidas nun evento divulgativo que terá lugar o vindeiro VENRES 9 DE AGOSTO na Carreira Ancha (A Insua) entre as 22:30 horas e as 1:30 horas.

Para coñecer en profundidade esta actividade Antón Xil entrevistou ao director da mesa, Manuel Lorenzo "Lolo" quen nos explicou polo miudo todo o que se pode observar no noso firmamento.

ESCOITA AQUÍ A ENTREVISTA:

https://www.ivoox.com/player_ej_132499343_6_1.html

FORNELOS DE MONTES COMEZA A SÚA SEMANA GRANDE PARA HONRAR A SAN LOURENZO CON DIVERSAS ACTIVIDADES LÚDICAS E RELIXIOSASEs...
05/08/2024

FORNELOS DE MONTES COMEZA A SÚA SEMANA GRANDE PARA HONRAR A SAN LOURENZO CON DIVERSAS ACTIVIDADES LÚDICAS E RELIXIOSAS

Esta mañá pasou polos micrófonos de RADIO NOVA Tano Tamaño, un dos membros da Comisión de Festas de San Lourenzo de Fornelos de Montes xunto con Eva Lage e Emiliano Lage, para comentarnos as novidades deste ano no programa festivo que comezou o sábado coa celebración do festival folclórico na praia fluvial.

ESCOITA AQUÍ A ENTREVSITA E CONSULTA O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA SEMANA CULTURAL:

https://www.ivoox.com/player_ej_132499536_6_1.html

UNHA OFRENDA FLORAL EN MEMORIA DE TODAS AQUELAS PERSOAS QUE AXUDARON A CONVERTER A CARBALLEIRA EN PATRIMONIO DE TODOS SE...
05/08/2024

UNHA OFRENDA FLORAL EN MEMORIA DE TODAS AQUELAS PERSOAS QUE AXUDARON A CONVERTER A CARBALLEIRA EN PATRIMONIO DE TODOS SERVIU PARA DAR COMEZO AO XANTAR DA 3ª. IEDADE NAS ERMIDAS

➡️ Ademais do alcalde, David Carrera, asistiron a conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, os deputados Jorge Cubela e Sandra Bastos, o xerente do Consorcio de Benestar, Perfecto Rodríguez e membros da Corporación Municipal lamense.

Unha ofrena floral en memoria daquelas persoas que contribuiron a converter a carballeira das Ermidas en patrimonio de todos, depositada polo alcalde, David Carrera, e a conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue ante o cruceiro serviu de homenaxe previo á celebración do Xantar da 3ª Idade que reuniu a máis de 250 comensais.

Este acto de homenaxe promovido polo alcalde, David Carrera, produciuse despois de que tivera lugar a misa e a procesión na honra de Nosa Señora das Ermidas e de que a Banda de Música Municipal da Lama ofrecera un concerto na sesión vermú.

Ademais da conselleira María Martínez Allegue e o alcalde da Lama, o Xantar da 3ª Idade contou coa presenza dos deputados Jorge Cubela e Sandra Bastos, o xerente do Consorcio de Benestar, Perfecto Rodríguez, e varios membros da Corporación Municipal.

O alcalde da Lama, David Carrera, agradeceu a presenza dos comensais e lembrou a importancia que este evento ten para potenciar os lazos que unen á comunidade veciñal lamense tanto dos que residen aquí como os que o fan no extranxeiro e aproveitou a ofrenda floral ante o cruceiro da Carballeira das Ermidas para rendir unha sentida homenaxe aos pioneiros que comezaron con esta famosa romaría e que contribuiron a facer deste espazo un emotivo lugar de reencontro veciñal en harmonía e comuñón coa natureza.

A Banda de Música Municipal da Lama participou na homenaxe e durante a ofrenda floral interpretou o himno galego para darlle unha maior solemnidade ao acto. Martínez Allegue e Carrera depositaron o ramo de flores coa bandeira galega aos pés do cruceiro que preside a Carballeira das Ermidas entre aplausos do público e as autoridades alí concentradas.

Carrera salientou a beleza desta carballeira centenaria e manifestou o compromiso persoal e do seu equipo de seguir contribuíndo á súa conservación e disfrute das xeracións futuras. “É un pracer para min compartir con todos vós este xantar tradicional ao que acuden veciños e veciñas de todos e cada un dos lugares e aldeas que compoñen o concello da Lama. É este un momento entrañable e de reencontro tamén cos nosos amigos e veciños que residen gran parte do ano na emigración en países como México, Brasil, Arxentina, Suíza, Alemania… en fin, por todo o mundo”.

Na sobremesa tivo lugar o momento para a festa e o baile amenizado pola Charanga Os Encerellados, de Campo Lameiro, que ofreceron aos asistentes o seu habitual repertorio a base de cancións de moda dándolle tamén unha nota de humor a esta celebración.

Dirección

Avenida Do Concello 3
La Lama
36830

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 14:00
Martes 10:30 - 14:00
Miércoles 10:30 - 14:00
Jueves 10:30 - 14:00
Viernes 10:30 - 14:00

Teléfono

+34633655233

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando RADIO NOVA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a RADIO NOVA:

Videos

Compartir

Categoría

RADIO NOVA, unha aposta en galego pola comunicación comarcal dende A Lama

RADIO NOVA é a emisora municipal do concello da Lama que emite a través do 107.2 da FM e en streaming, con ela foméntase o uso do galego como idioma vehicular dos seus programas e favorécese a relación interveciñal dos residentes nos concellos da Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade, lugares ata onde chega a emisión por ondas hertzianas, e á Galicia universal radicada nos distintos países dos cinco continentes.

A orixe e nacemento de RADIO NOVA haino que situar nun contexto de dinamización sociocultural e de participación cidadá a través dun grupo de persoas con vocacións comunicativas que tiñan como ilusión crear un medio de comunicación radiofónico na contorna da comarca do Verdugo-Oitavén tendo como lugar de referencia o Concello da Lama. Grazas ao seu traballo voluntario e a súa colaboración desinteresada, púidose montar un modesto estudio dende o cal se comezaron a facer as primeiras probas de programación e a gravar os primeiros programas. A primeira proba de emisión, que se efectuou de xeito simbólico, foi o 25 de xullo do ano 2016.

Neste proxecto radiofónico de comunicación comarcal conviven programas de carácter informativo, cultural, deportivo, social, e de entretemento con produción propia, que vai en aumento a través da participación voluntaria dos veciños e veciñas da bisbarra con programas que nacen, teñen unha duración e logo son substituídos por outros ou que permanecen de xeito ininterrompido no tempo dentro da dispoñibilidade e capacidade de traballo do seu voluntariado.

En definitiva, RADIO NOVA, a primeira emisora municipal da comarca do Verdugo-Oitavén, xorde do tecido social e da vontade do Concello da Lama de darlles visibilidade ás inquedanzas cidadás dun territorio caracterizado polo mundo rural do interior da provincia de Pontevedra con vocación de loitar e reivindicar o seu futuro.


También te puede interesar