Tabeirós Montes

Tabeirós Montes Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes Patrimonio, historia, natureza, lingua e literatura.
(1)

08/09/2024

A finais do século XIX, os camiños da vida conduciron a Limeres (parroquia de Cerdedo) unha vagabunda indixente que, amais de fame e penurias, traía no colo un cativo afectado dunha discapacidade...

19/08/2024

Bo día a todas e a todos. Neste mediodía deste agosto de memoria, na presenza das e dos nosos mártires, na vixencia dun dos seus máis lexítimos referentes, Alexandre Bóveda, queremos, desde a...

18/08/2024

Nas solidariedades nosas, a de Vagalumes da Estrada, a da Fundación Alexandre Bóveda, camarada mártir dos que hoxe recordamos neste espazo de memoria e así parabéns e cómplices para con este...

25/07/2024

Tabeirós Montes

24/07/2024

Os primeiros traballos de escavación arqueolóxica realizáronse a finais do ano 2020 e, agora, a finais de xullo retómanse dirixidos pola mesma equipa de traballo. Os investigadores do CISPAC da...

Os autores de Liberdade para o galego analizan polo miúdo a situación real do galego nos principais ámbitos da vida soci...
23/07/2024

Os autores de Liberdade para o galego analizan polo miúdo a situación real do galego nos principais ámbitos da vida social, especialmente naqueles nos que existen compromisos adquiridos polo Estado ou acordos que alcanzaron todas as forzas políticas en Galiza e que son fundamentais en calquera proceso de normalización: ensino, xustiza, administración, medios de comunicación, economía e empresa, lecer… Para isto utilizan os datos recollidos en cada un dos informes periódicos que a Mesa pola Normalización Lingüística foi remitindo a solicitude do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas ou do Relator especial da ONU para os dereitos da minorías en 2019. Esta análise achéganos datos verdadeiramente estarrecedores, como por exemplo que o 99% da oferta audiovisual, o 99,4% dos xoguetes ou o 99% dos procedementos xudiciais están ocupados polo español.
A Mesa pola Normalización Lingüística

23/07/2024

Este martes 23 de xullo a AC Vagalumes presenta na Estrada o libro Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, da autoría de Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés. O acto terá lugar no MOME ás 20:30 h. A Mesa pola Normalización Lingüística

22/07/2024
22/07/2024

O próximo martes 23 de xullo a AC Vagalumes presenta na Estrada o libro Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, da autoría de Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés. O acto terá lugar no MOME ás 20:30 h.
A conclusión que nos ofrece o libro é que existen impedimentos que obstaculizan o uso libre da nosa lingua e que, malia a lexislación que en teoría a protexe, o seu uso non se pode desenvolver plenamente en todos os ámbitos. Os responsables desta situación son precisamente aqueles que teñen a obriga legal de promocionar o noso idioma; nomeadamente a propia Xunta de Galiza que, aínda que case sempre mantivo unha actitude de deixadez e de desinterese polas políticas efectivas de normalización lingüística, desde os últimos quince practica unha belixerancia activa, lexislando en contra da nosa lingua e levando a cabo un plan de exclusión e de difusión de prexuízos sobre o galego.
Dignif**ar unha lingua é dignif**ar o pobo que a fala. O dereito dos pobos a empregaren a súa lingua é un dereito humano e é sinónimo de liberdade. Por iso, coincidindo coa celebración do Día da Patria, desde a AC Vagalumes queremos reflexionar sobre a necesidade urxente de verdadeiras políticas de normalización para o galego, a lingua que o noso pobo creou hai máis de 1000 anos como expresión da nosa particular visión do mundo e da realidade. A pesar das discriminacións, marxinacións e prohibicións que padeceu ao longo da súa historia, o galego perviviu até hoxe. Cómpre mudar as políticas para darlle un futuro á nosa lingua e conseguir que, por fin, a sociedade galega poida desenvolver a súa vida plenamente na propia lingua.

21/07/2024

O movemento da memoria volveu un ano máis á illa de San Simón, no concello de Redondela, na comarca de Vigo, para denunciar a impunidade dos crimes do franquismo. Nesta ocasión, a xornada estivo marcada pola reivindicación da illa e do Pazo de Meirás como “espazos de memoria”.

21/07/2024

Vagalumes e O Galo conmemoran a visita de Castelao ao Pico Sacro

21/07/2024

O Pico Sagro, lugar de peregrinaxe do pobo desde tempos inmemoriais, volve acoller a lectura do Alba de Gloria de Castelao —co acto organizado, un ano máis, pola Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural Vagalumes— para transformarse en símbolo e compendio dos valores dunha nación ...

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2024 na Illa de San Simón
21/07/2024

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2024 na Illa de San Simón

Alba de Gloria 2024
20/07/2024

Alba de Gloria 2024

17/07/2024

Este vindeiro sábado, 20 de xullo de 2024 ás 12h, un ano máis, a AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, como membros da Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura”, celebran a lectura do Alba de Gloria de Castelao no cumio do Pico Sacro. Galiza Cultura Asociación "Agrupación Cultural O Galo" Concello A Estrada A ESTRADA ACTIVA. RUTA 11 CAMINO DE SANTIAGO.

O próximo martes 23 de xullo a AC Vagalumes presenta na Estrada o libro Liberdade para o galego. Política, uso e disposi...
16/07/2024

O próximo martes 23 de xullo a AC Vagalumes presenta na Estrada o libro Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, da autoría de Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés. O acto terá lugar no MOME ás 20:30 h.
Os autores de Liberdade para o galego analizan polo miúdo a situación real do galego nos principais ámbitos da vida social, especialmente naqueles nos que existen compromisos adquiridos polo Estado ou acordos que alcanzaron todas as forzas políticas en Galiza e que son fundamentais en calquera proceso de normalización: ensino, xustiza, administración, medios de comunicación, economía e empresa, lecer… Para isto utilizan os datos recollidos en cada un dos informes periódicos que a Mesa pola Normalización Lingüística foi remitindo a solicitude do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas ou do Relator especial da ONU para os dereitos da minorías en 2019. Esta análise achéganos datos verdadeiramente estarrecedores, como por exemplo que o 99% da oferta audiovisual, o 99,4% dos xoguetes ou o 99% dos procedementos xudiciais están ocupados polo español.
É indignante escoitar unha e outra vez a palabra “liberdade” na boca de destacados voceiros da política galega cando se refiren á nosa lingua: a conveniencia de promovela respectando a liberdade, de usala con liberdade... Marcos Maceira e Elsa Quintas demostran neste libro que a tan cacarexada liberdade só funciona en relación ao español, que conta con todos os dereitos e ten asegurada a súa posición de poder; mentres que o galego f**a nun plano secundario e marxinal, tolerado sempre e cando non cuestione a supremacía do castelán. Con esta intención, os poderes políticos (o Goberno central e a propia Xunta de Galiza) utilizan de xeito perverso a linguaxe e así, calquera intento de restaurar un uso digno e normalizado da nosa propia lingua é denominado “imposición”.

14/07/2024

Este vindeiro sábado, 20 de xullo de 2024 ás 12h, un ano máis, a AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, como membros da Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura”,...

Este vindeiro sábado, 20 de xullo de 2024 ás 12h, un ano máis, a AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, co...
14/07/2024

Este vindeiro sábado, 20 de xullo de 2024 ás 12h, un ano máis, a AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, como membros da Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura”, celebran a lectura do Alba de Gloria de Castelao no cumio do Pico Sacro.
Con esta lectura lembramos a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos da Estrada nos anos vinte cando na ditadura de Primo de Rivera estaba prohibida calquera actividade cultural e política nacionalista. Alba de Gloria está considerado como un dos máis fermosos textos da literatura galega e o noso grande político e artista escribiuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires, e recolle a súa lembranza ás xeracións anteriores que ergueron a nosa identidade e esperanza ao longo da nosa historia e representa un canto a resiliencia do noso país nun momento moi crítico polo contexto da ditadura franquista.
Os actos comenzarán coa benvida aos asistentes e intervención de Felipe Senén, Secretario da Real Academia Galega de Belas Artes e exdirector do Museo Arqueolóxico da Coruña, para logo levar a cabo a subida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Gloria de Castelao. As AC. Vagalumes e AC. O Galo, lerán Alba de Gloria, sendo este ano a asociación invitada a lela xunto con elas a AC Lucenza-Ateneo de Nigrán".
Logo de xantar levarase a cabo un roteiro pola Terras da Ulla polo concello de Teo.

18/06/2024

Manuel García Manuel Sueiro Velaí dous máis nesta campa. Velaí dous nosos de moito para máis. porque así…máis seremos no camiño. Camiño el…vocacional e militante indo por flores de viva...

A Asociación Cultural “Vagalumes” e o IES Nº 1 da Estrada presentan o libro de Xurxo Souto “Somos un pobo de artistas (O...
12/06/2024

A Asociación Cultural “Vagalumes” e o IES Nº 1 da Estrada presentan o libro de Xurxo Souto “Somos un pobo de artistas (O método Luísa Villalta)”. O acto contará coa intervención do seu autor e levarase a cabo o vindeiro martes 18 de xuño, ás 20:00 h. na Casa das Letras na Estrada.
En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, Xurxo Souto penetra na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura.

12/06/2024

A Asociación Cultural “Vagalumes” e o IES Nº 1 da Estrada presentan o libro de Xurxo Souto “Somos un pobo de artistas (O método Luísa Villalta)”. O acto contará coa intervención do seu...

09/06/2024

Un orgullo colaborar co CSIC en celebrar as Xornadas Europeas da Arqueoloxía na nosa Terra 💚.
Agardámosvos o 16 de xuño para disfrutar da nosa paisaxe a coñecer máis de Silvaescura con Cristina, Rocio e as nosas veciñas ☺️

 #  Subida en Sabucedo ao Castelo, onde teñen previsto instalar aeroxeradores nun espazo vital para a rapa das bestas.
08/06/2024

# Subida en Sabucedo ao Castelo, onde teñen previsto instalar aeroxeradores nun espazo vital para a rapa das bestas.

A décimo segunda lauda do Campo das Laudas dedicaráselles ao músico de Cerdedo Manuel García Beiro e ao mestre de Limere...
02/06/2024

A décimo segunda lauda do Campo das Laudas dedicaráselles ao músico de Cerdedo Manuel García Beiro e ao mestre de Limeres Manuel Sueiro Iglesias Capitán Gosende

30/05/2024

Somos unha aldea de aloitadores e aloitadoras. Dende hai moitos anos Sabucedo mostra ao mundo como vivir e sobrevivir no rural en conivencia coas bestas. Un mundo no que o proceso de globalización...

Dirección

La Estrada
36680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tabeirós Montes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Tabeirós Montes:

Videos

Compartir

Categoría

Proxecto para poñer o patrimonio de Tabeirós-Terra de Montes en aberto e libre

Patrimonio, Memoria, Historia, Natureza, Lingua e Literatura.


Otros compañías de medios en La Estrada

Mostrar Todas

También te puede interesar