12/11/2024
A semana pasada chegaba ás librarías "A rebelión da lectura", unha historia onde o poder dos libros pode cambialo todo. Cos libros podemos viaxar, escoitar música, aprender a cociñar, descubrir as nosas habilidades, coñecer xente, rir, e ata crear cos libros un espazo no que reunir a moitas persoas, pequenas e maiores, arredor de contacontos e clubs de lectura para g***r dos libros xuntos. Ah! Pero... isto é a Casa da Lectura! 🏡📚
Esta historia forma parte do documental "A rebelión da lectura" , que relata o nacemento e a vida da asociación Espazo Lectura, pero tamén é un conto co que calquera persoa vinculada ao fomento da lectura poderá sentirse identificada.
Desde a familia de Espazo Lectura estamos tremendamente orgullosas desta fermosa historia que representa tantos momentos da nosa actividade de voluntariado dentro da asociación. Seguro que moitas das persoas usuarias das diferentes actividades de Espazo Lectura atoparán un lugar moi familiar entre as súas palabras e ilustracións.
O noso agradecemento a Fran Alonso e a Chus Rojo por este conto tan especial, así como a Cumio Editora que fai posible a súa publicación.
Buscádeo nas vosas librarías e unídevos á rebelión da lectura!