Pingota Comunicación

Pingota Comunicación Agencia de comunicación. Gabinetes de prensa, redes sociales, publicaciones corporativas, webs, blogs y posicionamiento SEO.

Hoxe saímos no Diario de Ferrol  dentro dunha reportaxe sobre o cooperativismo e as vantaxes desta fórmula que nós elixi...
03/02/2025

Hoxe saímos no Diario de Ferrol dentro dunha reportaxe sobre o cooperativismo e as vantaxes desta fórmula que nós eliximos para compartir de maneira igualitaria dereitos e obrigas dentro da nosa empresa. Estamos máis que satisfeitas de que este modelo económico estea a triunfar e desexámoslles a todas as cooperativas longa vida. Nós cumprimos 10 anos❗

“A vantaxe é que responsabilidades e dereitos se reparten por igual, ademais da flexibilidade, que é a razón da súa resistencia”. ...

📢Este año Ferrol acogerá no solo la fase gallega de la FIRST LEGO League sino también la gran final nacional❗El Campus I...
10/01/2025

📢Este año Ferrol acogerá no solo la fase gallega de la FIRST LEGO League sino también la gran final nacional❗

El Campus Industrial Ferrol se prepara para reunir a los equipos que ya están trabajando en sus proyectos de 🤖robótica educativa en una competición que este año plantea el reto .

🌊Los estudiantes utilizarán el pensamiento creativo y la tecnología para explorar los océanos y dar solución a alguna de las problemáticas relacionadas con el medio marino. Y en Pingota Comunicación estaremos bien atentas a todo porque nos ocuparemos de la difusión del evento gallego y del nacional a través de la web y las redes sociales de la FIRST LEGO League Galicia . Una gran oportunidad para acercarnos al talento de los más jóvenes y para participar de los valores de esta competición: descubrimiento, innovación, impacto, inclusión, trabajo en equipo y mucha diversión❗

📷En la fotografía del Campus Industrial de Ferrol, imagen de la presentación de los eventos.

🎁Un agasallo ferrolán é o mellor regalo para pedir aos Reis Magos. En Diario de Ferrol  fan unha interesante reportaxe d...
03/01/2025

🎁Un agasallo ferrolán é o mellor regalo para pedir aos Reis Magos. En Diario de Ferrol fan unha interesante reportaxe de todo o que podemos atopar nos diferentes comercios, e entre esas cousas bonitiñas están as nosas bolsas de grúas, as de gaviotas que falan ferrolán, os libros de colorear ou os puzles do Cantón. Animámosvos a mercar estes e outros produtos de produción local para facer ben visible o noso❗
📷Na foto, Bárbara, da Central Librera Real , coas bolsas de Pingota Comunicación.

https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/regalos-made-in-ferrol-majestades-no-pueden-resistir-5125426

31/12/2024

En 2025 Pingota Comunicación cumpre 10 anos. Polo camiño cambiaron de ritmo dúas compañeiras pero todas continuamos comprometidas con este proxecto. Moi feliz 2025 e por moitos anos mais de Pingotas!

📰VIVIR ES INCREÍBLEEn estas fechas tan significativas os invitamos a hacer el mejor regalo: donar médula ósea. Es un pro...
23/12/2024

📰VIVIR ES INCREÍBLE
En estas fechas tan significativas os invitamos a hacer el mejor regalo: donar médula ósea. Es un proceso muy sencillo y rápido que salva vidas, y nada puede ser más importante.
La Asociación de Transplantados de Médula Ósea, Asotrame , ha confiado de nuevo en Pingota Comunicación para la confección de su revista, Vivir es increíble, que hace el número 1️⃣1️⃣ y con la que inaugura la segunda década de la entidad. Leedla y conoceréis testimonios de donantes y pacientes, novedades médicas y mucho más❗
https://www.asotrame.com/3d-flip-book/no11-vivir-es-increible/

🖤Nuestras bolsas de grúas, ahora también en negro❗🎅El regalo para estas Navidades 🎅Puedes encontrarlas en Central Librer...
19/12/2024

🖤Nuestras bolsas de grúas, ahora también en negro❗
🎅El regalo para estas Navidades 🎅
Puedes encontrarlas en Central Librera Ferrol A vella fábrica de lapis Central Librera Real y Folder Ferrol
Y próximamente en más puntos de venta.

🎄🎁En Pingota Comunicación recomendámosvos mercar no comercio local e consumir produtos de proximidade. E no Concello de ...
02/12/2024

🎄🎁En Pingota Comunicación recomendámosvos mercar no comercio local e consumir produtos de proximidade. E no Concello de Narón encomendáronnos a organización da campaña , que ten como obxectivo, precisamente, apoiar aos seus negocios.

Durante este Nadal, coas túas compras nos locais participantes poderás optar a gañar👇
4️⃣Cestas de Nadal con produtos galegos
Vales de compra por importe de 4️⃣0️⃣0️⃣, 6️⃣0️⃣0️⃣ e 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ euros

Ademais, convócase un concurso de decoración exterior para os comercios e organízase a iniciativa Datas Saborosas😋, pola que se publicarán os establecementos de hostalería que ofrecen menús especiais, comida para levar ou que abren ao público os días festivos de decembro.

➕Tedes toda a información en www.naron.gal
Mercar en Narón ten premio❗

🖤A violencia machista é unha materia que temos pendente como sociedade e que desgarra cada ano a moitísimas familias sen...
25/11/2024

🖤A violencia machista é unha materia que temos pendente como sociedade e que desgarra cada ano a moitísimas familias sen que, por desgraza, pareza que vaia ter un fin próximo.
Hoxe conmemoramos o 25-N, a data na que se len manifestos e se organizan manifestacións en case cada recanto do país para poñer o foco sobre esta terrible lacra. O noso desexo é que este día poida quedar no calendario como un recordatorio e deixe de ser actualidade.
Aquí vos deixamos os carteis que fixemos para o Concello de Ortigueira -centrados especialmente na mocidade- e para o Concello de Mugardos .

☔Aínda que choveu por momentos, hoxe pasamos unha mañá estupenda na primera actividade do programa Nós Mariñeir@s, que o...
09/11/2024

☔Aínda que choveu por momentos, hoxe pasamos unha mañá estupenda na primera actividade do programa Nós Mariñeir@s, que organiza o Concello de Ferrol cunha subvención da Consellería do Mar tramitada a través do GALP GOLFO Artabro NORTE e que coordinamos desde Pingota Comunicación.

Espacio Vivo preparou unha completa xornada por Ferrol Vello no que Isabel Díaz-Robles, de Ferrol Guías , lembrou os espazos do barrio que a mediados do século XX foron importantes empresas✏️. A continuación visitamos a lonxa, onde Gustavo Chacartegui, patrón maior da
Cofradía de pescadores de ferrol , falou das instalacións que posúen no porto e da tenda de venda directa que, aínda que nestes momentos está en obras, reabrirá as súas portas o vindeiro martes.

O colofón foi unha divertida viaxe no Rías Altas I 🚢no que houbo unha degustación de albacora🐟 en salpicón e ameixas xapónicas con fabas, con produtos facilitados pola propia Confraría, para promocionar o noso marabilloso produto local.

➕O proxecto continúa con máis actividades e iniciativas que vos iremos contando. Nós Mariñeir@s

🪝Hoxe presentámosvos un dos nosos novos traballos: o proxecto do Concello de Ferrol Nós Mariñeir@s. É unha iniciativa co...
14/10/2024

🪝Hoxe presentámosvos un dos nosos novos traballos: o proxecto do Concello de Ferrol Nós Mariñeir@s. É unha iniciativa cofinanciada pola Consellería do Mar cunha subvención tramitada polo GALP GOLFO Artabro NORTE que desenvolvemos na súa parte de coordinación e comunicación e que compartimos moi felices con Espacio Vivo, responsable das actividades.

⚓️O proxecto céntrase no barrio de Ferrol Vello, orixe da cidade e símbolo do noso pasado e presente mariñeiros e conta coa colaboración da Cofradía de pescadores de ferrol, a Autoridade Portuaria de Ferrol, a Asociacion de Veciños do barrio e a de hostaleiros Férvello, así como a Escola Náutico Pesqueira.

➕Animámosvos a consultar toda a información sobre os obxectivos e a programación, que inclúe para o vindeiro 9 de novembro un cruceiro pola ría con visitas guiadas aos espazos industriais e degustación gastronómica na web municipal.

Case esquecíamos contarvos que Pingota Comunicación está a levar as redes sociais de AEIGA Asociación de Empresas de Ins...
11/10/2024

Case esquecíamos contarvos que Pingota Comunicación está a levar as redes sociais de AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia , 🧩 unha peza importantísima para a integración social e laboral das persoas en risco de inclusión e parte da familia da galega, á que nós mesmas pertencemos tamén como que somos.

💪 Fainos moita ilusión contribuír a difundir o traballo destas empresas, 🤝​ que se crean para tender pontes que fagan realidade unha maior igualdade na sociedade na que vivimos. 🙌 Grazas por confiar en nós!

Para coñecer mellor a Aeiga, e mesmo saber como podedes participar da súa labor, visitade a súa web: https://www.aeiga.org/es/

23/09/2024

🔛 🥾 Na nova DeExcursión recomendamos unha vez máis andar o Camiño Inglés polos concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene. Catro recomendacións no paso por estes municipios:

✔️ A fonte de San Roque, en , no punto no que o peregrino deixa Ferrol Vello para adentrarse no barrio da Magdalena, unha ocasión para falar do pasado medieval da localidade e todo o que supuxo a construción do Arsenal. 👉 https://i.mtr.cool/okyawvwwzi

✔️ O Mosteiro do Couto en : unha xoia construída no século XII, onde podemos aproveitar para repasar o que foi a desamortización de Mendizábal e as súas consecuencias na zona. 👉 https://i.mtr.cool/fsabqjhdeq

✔️ A igrexa de Santa María, en : para ver o Cristo da Cadea, que chegou no s. XVI ao parecer como consecuencia da ruptura entre Enrique VIII e a Igrexa Católica. Outra cousa que dá pé a repasar a clase de historia! 👉 https://i.mtr.cool/dhektrivcs

✔️ O lavadoiro de Mundín, en : un lugar para rememorar o traballo das lavandeiras, que tinguían os montes de branco ao poñer as roupas dos “señoritos” de Ferrol a clarear. A chegada das lavadoras, nos anos 60 do século pasado, acabou con unha actividade da que aínda se acordarán os avós das familias da zona. 👉 https://i.mtr.cool/kberpfjxro



Concello de Ferrol Concello de Narón Concello de Fene Concello de Neda

✏️Onte asistimos á inauguración da exposición "O Olimpo da Caricatura" no Museo do Humor Xaquín Marín . Trátase dun perc...
12/09/2024

✏️Onte asistimos á inauguración da exposición "O Olimpo da Caricatura" no Museo do Humor Xaquín Marín . Trátase dun percorrido polas obras dos que o propio Xaquín Marín considera os mellores humoristas gráficos do mundo, unha ambiciosa iniciativa na que tivemos a honra de colaborar.

👩‍🎨👨‍🎨Agim Sulaj (Albania, 1960), Alessandro Gatto (Italia, 1957), Ángel Boligán (Cuba, 1965), António Moreira Antunes, “António” (Portugal, 1953), Cau Gómez (Brasil, 1972), Dalcio Machado (Brasil, 1972), David Vela (España, 1967), Izabela Kowalska-Wieczorek (Polonia, 1955), Luc Descheemaeker, “O-Sekoer” (Bélxica, 1955), Mahboube Pakdel (Irán), Marilena Nardi (Italia, 1966), Michael Kountouris (Grecia, 1960), Mikhail M. Zlatkovsky (Rusia, 1944), Pawel Kuczynski (Polonia, 1976) e Siro López (España, 1943) seleccionaron cadansúas aportacións, que convivirán no fantástico espazo do museo fenés ata o 30 de outubro.

Non perdades a oportunidade de ver os diferentes estilos destes artistas, con temáticas diversas e distintas ópticas pero que teñen en común que nos axudan a interpretar o mundo❗
Concello de Fene
📷Pingota Comunicación e Museo Xaquín Marín

📢Hoy  hemos querido compartir con las compañeras y compañeros de Diario de Ferrol  la inauguración de la exposición sobr...
04/09/2024

📢Hoy hemos querido compartir con las compañeras y compañeros de Diario de Ferrol la inauguración de la exposición sobre los 25 años de trayectoria del periódico. Os animamos a visitarla en la plaza de Armas porque es un poquito la historia de todos nosotros.

📢Non podedes perder aos mellores humoristas gráficos do mundo nesta mostra que se inaugura o venres no Museo do Humor Xa...
03/09/2024

📢Non podedes perder aos mellores humoristas gráficos do mundo nesta mostra que se inaugura o venres no Museo do Humor Xaquín Marín‼️
Podemos adiantarvos que é espectacular, con temáticas e estilos para todos os gustos.
Agradecemos ao museo ter contado con nós para colaborar nesta iniciativa na que foi o propio Xaquín Marín o que fixo a escolma dos participantes, todos eles deuses e deusas do Olimpo da Caricatura 😍

O Museo do Humor Xaquín Marín transfórmase durante as vindeiras semanas no Olimpo da Caricatura. A mostra, producida polo museo fenés coa colaboración da Xunta de Galicia (convocatoria de axudas destinadas a centros museísticos de Galicia 2024), recolle unha selección de obras dos mellores humoristas gráficos do mundo seleccionados por Xaquín Marín.

Quince humoristas gráficos de recoñecido prestixio internacional participan na exposición O Olimpo da Caricatura que se inaugura este venres, 6 de setembro, ás 19 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín. A mostra recolle unha selección de obras dos que, a xuizo do humorista gráfico e fundador do museo fenés Xaquín Marín, son “os mellores caricaturistas a nivel mundial” e ten como obxectivo “ensinar no meu país e en todo o mundo que o debuxo de humor pode ser unha arte tan sublime como outras que sempre foron mellor valoradas”.

O Olimpo da Caricatura poderá visitarse no Museo do Humor (Avda. de Conces, 20-22, Fene A Coruña) do 6 de setembro ao 30 de outubro de 2024. Horario de visitas até o 11 de setembro, de luns a venres, de 10 a 14.15 horas, e a partir desa data, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

Agim Sulaj (Albania, 1960), Alessandro Gatto (Italia, 1957), Ángel Boligán (Cuba, 1965), António Moreira Antunes, “António” (Portugal, 1953), Cau Gómez (Brasil, 1972), Dalcio Machado (Brasil, 1972), David Vela (España, 1967), Izabela Kowalska-Wieczorek (Polonia, 1955), Luc Descheemaeker, “O-Sekoer” (Bélxica, 1955), Mahboube Pakdel (Irán), Marilena Nardi (Italia, 1966), Michael Kountouris (Grecia, 1960), Mikhail M. Zlatkovsky (Rusia, 1944), Pawel Kuczynski (Polonia, 1976) e Siro López (España, 1943) son os humoristas gráficos seleccionados por Xaquín Marín coma os mellores do mundo. De cada un deles, amosaranse na exposición tres obras, escollidas por eles mesmos, que mellor definen a súa arte ou que consideran as máis representativas da súa traxectoria artística.

Desde o Museo do Humor Xaquín Marín saliéntase a xenerosidade e vontade de colaboración que amosaron todos os humoristas gráficos cos que se contactou e que, rapidamente, aportaron obra para este Olimpo da Caricatura “que levo tanto tempo imaxinando”, en palabras do artista fenés.

Un dos obxectivos do Museo do Humor desde a súa orixe foi o de “utilizar o humor como vehículo de irmandade e traer a Galicia os mellores traballos que se fan polo mundo adiante”. E nesa filosofía, que se mantén até o día de hoxe, encaixa precisamente O Olimpo da Caricatura que o museo fenés acolle neste 2024, coincidindo coa conmemoración do seu 40º aniversario.

A nova na web do Museo do Humor Xaquín Marín ➡ https://fene.gal/museo-do-humor/noticia/gl/8059

🥰Como xa sabedes, temos a sorte de vivir nunha zona privilexiada, cada vez máis admirada e visitada. Coidar de que o tur...
13/08/2024

🥰Como xa sabedes, temos a sorte de vivir nunha zona privilexiada, cada vez máis admirada e visitada. Coidar de que o turismo que recibimos sexa respectuoso coa contorna 🌳🌳, de que as actividades vinculadas a este sector cumpran cos criterios de sostibilidade e, en definitiva, favorecer que todo este potencial do que dispoñemos sexa unha fonte de riqueza ben empregada é un obxectivo que todos os que vivimos aquí temos que ter en mente.

En Pingota Comunicación acabamos de crear, por encargo da Deputación da Coruña, as redes sociais 💻📲 de Eume Territorio Vivo -Facebook, Instagram, TikTok e Youtube-, que abarcan toda a comarca formada polos concellos da Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Pontedeume. Invitámosvos a seguilas para constituír unha comunidade consciente e orgullosa do noso potencial turístico e da importancia de combinar o seu aproveitamento coa súa protección. Agardamos que o noso traballo contribúa a lograr este fin.



Asociación de Empresarios Ferrolterra COFER - Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal UCOA Pontedeume Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

Dirección

Calle Rubalcava, 19, Entresuelo E
Ferrol
15402

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Martes 10:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Jueves 10:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Viernes 10:00 - 14:00

Teléfono

+34981355841

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pingota Comunicación publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Pingota Comunicación:

Videos

Compartir