09/10/2024
UPS 🎺🎷🎹🪈🪕🎤 FESTAS 2024 🎙️🥁🪗🎸🪇
📢A PARROQUIA DE SAN ROMÁN CELEBRARÁ AS SÚAS FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO PILAR E Á VIRXE DO CARME ESTA PRÓXIMA FIN DE SEMANA
A parroquia de San Román de Vilaestrofe celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 11 ao 13 de outubro.
Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, polo concelleiro, Alfredo Fernández, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.
O programa arrinca este venres 11, co SanroDance 2024 a partir das 23:00 horas, no pavillón da parroquia, e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DiscoMóbil Alejandro Martínez, e os DJ invitados, Marcos Peón e DJ Balbin.
O sábado 12 haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, e a continuación a orquestra Costa Dorada será a encargado da sesión vermú, que tamén protagonizará a verbena co Grupo Da Silva.
O domingo 13, volverá haber misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo e sesión vermú prolongada co Dúo Belinda.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román de Vilaestrofe