Radio Carballiño

Radio Carballiño Radio do Carballiño e Comarca Todo o que acontece no Carballiño e comarca, contámolo con novas, tertulias e entrevistas no 89.5 da fm, na Cadena SER

O roteiro  de Frank Soutelo, protagonista das novelas negras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández, da un paso m...
20/12/2024

O roteiro de Frank Soutelo, protagonista das novelas negras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández, da un paso mais coa edición dun mapa que identifica os lugares onde se ubican as placas e estatuas adicadas a este personaxe literario na vila.

O proxecto de sinalización do roteiro foi ideado pola profesora da USC, Mariña Albor, e polo deseñador Eladino Cabanelas, co apoio do Concello do Carballiño e a Editorial Galaxia.

O alcalde Francisco Fumega lembrou que este roteiro “é un tributo que se lle fai ao autor, poñendo de relevancia a un personaxe que fai unha perfecta simbiose coa vila. Á vez, profundízase na senda literaria que xa protagonizaron autores como Fariña Jamardo ou Emilia Pardo Bazán, ambientando as súas obras no Carballiño”.

Miguel Anxo Fernández dixo sentirse honrado polo recoñecemento que se fai a este personaxe que ideou no 2002 e que protagonizou xa sete novelas. “É o primeiro roteiro específicamente literario sobre unha personaxe e si ademáis serve para promocionar o nome do Carballiño, non teño mais que sentirme agradecido”. A próxima novela protagonizada por Soutelo saldría aproximadamente en dous anos e desenvolveráse íntegramente no Carballiño, segundo anunciou.

O deseñador Eladino Cabanelas avanzou que coa edición deste mapa finaliza a primeira fase do roteiro, que se iniciou coa colocación das tres estatuas na Rúa Principal, a Pista Roxa e o Barrio de Flores, así como as placas que lembran algunhas das escenas que se recrean nas novelas.

20/12/2024

Esta fin de semana temos animación de rúa e carroza de Papá Noel co Carballiño CCA. Destas e outras actividades falounos hoxe a xerente da entidade, Noelia Mares

20/12/2024

Hoxe fixemos repaso ao pasado pleno do concello do Carballiño co voceiro de Espazo Común O Carballiño, Adolfo Nogueira

20/12/2024
20/12/2024

A programación do Nadal no Carballiño traerá varias actividades teatrais e musicais na fin de semana, teremos tamén a visita de Papá Noel e mais propostas durante os próximos días que repasamos hoxe co concelleiro de Cultura, Diego Fernández

O domingo 22 de decembro o Templo da Veracruz acollerá  a partir das 19,00 horas  o II Festival Nadal Coral, que unirá a...
20/12/2024

O domingo 22 de decembro o Templo da Veracruz acollerá a partir das 19,00 horas o II Festival Nadal Coral, que unirá a 180 voces de coros infantís, xuvenís e de adultos do Carballiño e Ourense.

O evento adquire carácter interxeneracional nesta segunda edición, coa participación dos coros infantís Cantiga, EnHarmonía, CPR Vila do Arenteiro, CPI Terras de Maside, e do colexio La Purísima, xunto ao Orfeón do Carballiño e a Coral Gaudeamus de Ourense.
Outra das novidades desta edición e que se desenvolverán dúas actuacións, a primeira no Carballiño e o día 23 na Igrexa de Santa Eufemia, en Ourense.

O evento foi presentado onte polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, o director do Orfeón e das corais infantís do Carballiño, Christian Casas, e a directora do Coro Cantiga e a Coral Gaudeamus, Cristina Rodríguez
O concelleiro destacou “a longa tradición coral do Carballiño, que ten que ir acompañada de canteira, polo que é importante que os mais novos se sumen a estas iniciativas”. Algo no que coincidía Christian Casas, quen promoveu o pasado ano este Festival co obxectivo de amosar “que a música coral pode ter cabida entre a nosa mocidade, é algo que hai que potenciar”.

O sábado as rúas do Carballiño serán o escenario da performance “Saír Correndo”, que porá o foco na violencia contra as ...
20/12/2024

O sábado as rúas do Carballiño serán o escenario da performance “Saír Correndo”, que porá o foco na violencia contra as mulleres, implicando ao público e combinando diversidade de xéneros como o teatro, a música ou a danza.

Preto de 50 persoas entre actores, técnicos, músicos e veciños, participarán deste novidoso proxecto que chega pola colaboración do Grupo de Teatro de Allariz, que dirixe Ángeles Alvarez, e a Agrupación de Teatro Agromar, da parroquia carballiñesa de Sagra, uníndose a esta iniciativa o grupo de Teatro Dar Trela, e a Banda de Música de Boborás ademais de outros veciños.

Ángeles Álvarez, acompañada do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, presentou esta iniciativa que definiu como “roteiros de teatro de rúa”, xa que o espectáculo comezará ás 18,30 horas no Templo do Veracruz, pasando por diversas rúas ata chegar á Praza Maior.
Ese percorrido polas rúas irá representando as diferentes fases que atravesa unha relación tóxica que remata en violencia contra a muller, e que se escenifica con textos teatrais, pezas musicais e movemento.

A Xunta licitará en Xaneiro as obras de construcción do centro de saúde de Boborás
19/12/2024

A Xunta licitará en Xaneiro as obras de construcción do centro de saúde de Boborás

A Xunta licitará en xaneiro a obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa e a construción do novo centro sanitario de Boborás

19/12/2024

🎵 Haberá clases de gaita e percusión en Ribadavia! 🥁🎶

📅 Os sábados, de 17:00 a 19:00 h, con grupos por idades a partir dos 6 anos (incluídos).
📍 Antigo Colexio Alameda.
💰 Prezo: 18€/mes.
📩 Máis info e preinscrición: [email protected]

‼ Comezamos o 11 de xaneiro!

19/12/2024
19/12/2024

Compartimos con vós a derradeira tertulia do 2024! Analizando a actualidade comarcal con Ana Domínguez, Víctor Tato, Chema Ferreiro e Manuel Peña.

19/12/2024
Parabéns aos amigos de Mercería La Moderna e Roraima Cafetería polo premio!!!
19/12/2024

Parabéns aos amigos de Mercería La Moderna e Roraima Cafetería polo premio!!!

Dirección

Avenida Julio Rodríguez Soto, 16/Local 4/5
Carballino
32500

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Carballiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Carballiño:

Videos

Compartir

Categoría

Radio Carballiño

Todo o que acontece no Carballiño e comarca, contámolo de luns a venres no 89.5 da FM