Erregueté - Revista Galega de Teatro

Erregueté - Revista Galega de Teatro A erregueté é a única publicación periódica de artes escénicas en Galicia dende 1983

Envío de notas de prensa: [email protected]
Publicidade e xestión: [email protected]
Subscricións: [email protected]

OPINIÓN | Convidamos a A Panadaría a escribir un artigo de opinión para esta columna de A Casa Colorida, artigo co que i...
15/12/2024

OPINIÓN | Convidamos a A Panadaría a escribir un artigo de opinión para esta columna de A Casa Colorida, artigo co que inauguramos unha serie periódica de colaboracións alleas á redacción da Erregueté mais totalmente pertinentes para esta que é a “casa” de todes, onde poder expresar a maior diversidade de voces posíbel.

"Vaiamos na procura dun teatro máis colectivo e máis empático, no que se escoiten as opinións dos intérpretes durante o proceso; un teatro menos xerárquico, no que non se normalicen situacións de abuso e maltrato; un teatro que provoque a quen ten que provocar, no que a quen se ridiculice sexa ao ra***ta, ao machirulo, ao explotador; un teatro de todes e para todes, con equipos artísticos e técnicos máis diversos. Probemos a artellar un teatro que non sempre faga rir ao cuñao da cea de Nadal pero que si que faga escachar coa risa ás maricas, trans, cabalonas, tolleitas, negras e xitanas ata que treman os cimentos do palco de butacas."

👉 https://erreguete.gal/2024/12/15/e-q/

+

OPINIÓN | Convidamos a A Panadaría a escribir un artigo de opinión para esta columna de A Casa Colorida, artigo co que i...
15/12/2024

OPINIÓN | Convidamos a A Panadaría a escribir un artigo de opinión para esta columna de A Casa Colorida, artigo co que inauguramos unha serie periódica de colaboracións alleas á redacción da Erregueté mais totalmente pertinentes para esta que é a “casa” de todes, onde poder expresar a maior diversidade de voces posíbel.

"
Menu

Follow us

facebook

twitter

instagram

linkedin

pinterest

Buscar

Publicidade



A casa colorida, Opinión, Palcos LGBTIQ+

E Q+?

por A Panadaría15/12/2024, 11:26Actualizado 15/12/2024, 12:34



Imaxe do espectáculo "Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos", de VACAburra. Fotografía de Manuel G Vicente.

Convidamos a A Panadaría a escribir un artigo de opinión para esta columna de A Casa Colorida, artigo co que inauguramos unha serie periódica de colaboracións alleas á redacción da Erregueté mais totalmente pertinentes para esta que é a “casa” de todes, onde poder expresar a maior diversidade de voces posíbel.

ESCENA AMADORA | CRÓNICA | Xoán Carlos Riobó e Mar Fernández lévannos nunha viaxe histórica e teatral polos momentos cla...
14/12/2024

ESCENA AMADORA | CRÓNICA | Xoán Carlos Riobó e Mar Fernández lévannos nunha viaxe histórica e teatral polos momentos clave do último encontro da PLATTA-Plataforma Transfronteriza de Teatro Amateur, que se celebrou en Arcos de Valdevez

Fegatea Fegatea FETACyL Erregueté - Revista Galega de Teatro Grupo de Teatro do Vez

O festival transcorreu entre os días 25 e 27 de outubro e foi organizado polo Grupo de Teatro do Vez con Margarida Dias, Albertina Fernandes e Victor Fernandes como estandartes, e coa axuda económica da Câmara. Á presentación asistiron os responsables das catro patas da PLATTA (GTV, FETACyL, FE...

ACTUALIDADE | CIRCO | Afonso Becerra estivo na primeira edición dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego, celebrada o ...
14/12/2024

ACTUALIDADE | CIRCO | Afonso Becerra estivo na primeira edición dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego, celebrada o 10 de decembro de 2024 no Teatro Principal de Compostela, e escribiu unha breve crónica.

"O día 10 de decembro de 2024 foi un día histórico para as artes escénicas de Galiza. A Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) celebrou a primeira gala dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego no Teatro Principal de Compostela, amosando a consolidación e o alto nivel artístico desta disciplina, na que Galiza é unha potencia".

CircoRed - Federación de Asociaciones de Circo
Apcg ApcircoGalicia
Circonove
Compostela Cultura
CDG - Salón Teatro
Cultura de Galicia
Cultura da Deputación da Coruña

O día 10 de decembro de 2024 foi un día histórico para as artes escénicas de Galiza. A Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) celebrou a primeira gala dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego no Teatro Principal de Compostela, amosando a consolidación e o alto nivel artístico...

ACTUALIDADE | CERTAMES | O Certame Manuel María de Proxectos Teatrais entrega o premio da súa cuarta edición a ‘Berengue...
13/12/2024

ACTUALIDADE | CERTAMES | O Certame Manuel María de Proxectos Teatrais entrega o premio da súa cuarta edición a ‘Berenguela na gaiola’, unha obra presentada conxuntamente a concurso polas compañías Galeatro Compañía de Teatro e Xarope Tulú
Casa-Museo Manuel María CDG - Salón Teatro Paula Carballeira Cabana

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o mércores a entrega do premio correspondente á 4ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Nesta ocasión o premio recaeu na obra 'Berenguela na gaiola', con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira e presentada conxuntame...

NOVAS | Volven os Microefectos Dramatúrxicos ao Club Clavicémbalo de Lugo con novas pezas. Os pases terán lugar este xov...
13/12/2024

NOVAS | Volven os Microefectos Dramatúrxicos ao Club Clavicémbalo de Lugo con novas pezas. Os pases terán lugar este xoves 12, venres 13 e sábado 14 de decembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30.

Club Clavicémbalo

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguint...

ACTUALIDADE | ESCENA AMADORA| O Camões – Centro Cultural Português em Vigo presenta, os días 19 (ás 19 e ás 20 horas) e ...
13/12/2024

ACTUALIDADE | ESCENA AMADORA| O Camões – Centro Cultural Português em Vigo presenta, os días 19 (ás 19 e ás 20 horas) e 20 de decembro (ás 18 horas) tres sesións do espectáculo 'Eu.Camões', desenvolvido polo seu grupo de teatro amador Eu.Experimento, con dirección de Afonso Becerra de Becerreá.
Camões - Centro Cultural Português em Vigo

O Camões – Centro Cultural Português em Vigo apresenta, nos dias 19 (às 19h e às 20h) e 20 de dezembro (às 18h) três sessões do espetáculo Eu.Camões, desenvolvido pelo seu grupo de teatro amador Eu.Experimento, com encenação de Afonso Becerra de Becerreá.

OPINIÓN | Afonso Becerra reflicte, despois de redactar o editorial para o número 108 da 'erregueté' en papel que sairá e...
08/12/2024

OPINIÓN | Afonso Becerra reflicte, despois de redactar o editorial para o número 108 da 'erregueté' en papel que sairá entre o Nadal e Reis, sobre o que implica escribir sobre espectáculos. Asemade, establece un vínculo entre a permanencia que lles pode reportar o testemuño escrito e unha política máis xusta de programación, mediación e promoción das artes escénicas nos teatros públicos municipais das cidades galegas, garantindo unha maior sustentabilidade dos espectáculos realizados.

É domingo. Acabo de escribir o editorial para o número 108 da erregueté, a revista en papel con contidos exclusivos, diferentes aos que hai na edición online aberta da erreguete.gal. O número 108 corresponde ao segundo semestre de 2024 e sae polas datas do Nadal, para despedir o ano e darlle a ...

TEATRO DE MONICREQUES | NARRACIÓN ORAL | O Teatro Aveirense está a acoller esta tarde dúas funcións de 'Bonecos', a nova...
07/12/2024

TEATRO DE MONICREQUES | NARRACIÓN ORAL | O Teatro Aveirense está a acoller esta tarde dúas funcións de 'Bonecos', a nova montaxe de Red Cloud Teatro de Marionetas, dirixida por Quico Cadaval. Haberá tamén un terceiro pase mañá pola tarde.

O director, dramaturgo, actor e narrador oral galego Quico Cadaval dirixe a nova produción da compañía portuguesa Red Cloud Marionetas, que se estrea esta fin de semana en Aveiro. A peza combina o teatro de monicreques coa narración oral nunha proposta multidiscipinar baseada nos contos tradicio...

ACTUALIDADE | O Teatro Gorrilla celebra hoxe unha nova edición do seu formato festival, con cinco propostas escénicas qu...
07/12/2024

ACTUALIDADE | O Teatro Gorrilla celebra hoxe unha nova edición do seu formato festival, con cinco propostas escénicas que se poderán ver en cinco locais do barrio vigués de Churruca.

O barrio vigués de Churruca acolle hoxe unha nova entrega do festival organizado por Teatro Gorrilla, seguindo co seu obxectivo de converter os bares da zona en salas de teatro alternativas, acollendo 5 propostas escénicas en 5 espazos diferentes.

NOVAS | CIRCO. Bota a andar a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago.A Asociación Profesional de Ci...
05/12/2024

NOVAS | CIRCO. Bota a andar a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago.
A Asociación Profesional de Circo de Galicia organiza a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Lago o 10 de decembro no Teatro Principal de Compostela.
Circonove
CircoRed - Federación de Asociaciones de Circo
Axencia Galega das Industrias Culturais

A Asociación Profesional de Circo de Galicia organiza a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Lago o 10 de decembro no Teatro Principal de Compostela. A APCG inaugura a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago, uns premios que promocionan a calidade e o talento das ...

OPINIÃO | Afonso Becerra reflete sobre dramaturgia e heterodoxia na dança, para isso coloca o foco na procura e nas anco...
01/12/2024

OPINIÃO | Afonso Becerra reflete sobre dramaturgia e heterodoxia na dança, para isso coloca o foco na procura e nas ancoragens do sentido na criação cénica, assim como nos processos colaborativos de-hierarquizados, através de uma consciência dramatúrgica distribuída entre todas as pessoas que integram a equipa artística.

Nuisis Zobop - Hugo Calhim Cristovão & Joana von Mayer Trindade

A chave se calhar está na singularidade heterogénea das pessoas que integram a equipa artística e na sua colaboração de-hierarquizada, com a escuta integral como lei fundamental de interação. Através dessa dinâmica vai ser mais fácil que possam surgir ações impensadas e surpreendentes, e...

CRÍTICA | PALCOS LGBTQ+ | O noso compañeiro Iván Fernández fai unha crítica do espectáculo "CEIB3" de Fran Sieira Compañ...
30/11/2024

CRÍTICA | PALCOS LGBTQ+ | O noso compañeiro Iván Fernández fai unha crítica do espectáculo "CEIB3" de Fran Sieira Compañía de Danza, que puido ver o pasado 23 de novembro en Viticultura.

"CEIB3 leva impresa no seu título unha obvia declaración de intencións, xa que é un canto de liberdade, onde o baile nos leva a soltar as cadeas que nos apreixan, tanto por dentro como por fóra de nós".

Le o artigo completo en erreguete.gal

+

OPINIÓN | Diana Longa reflexiona arredor do 25-N e "os parches feministas" nas programacións culturais. "(...) A discrim...
27/11/2024

OPINIÓN | Diana Longa reflexiona arredor do 25-N e "os parches feministas" nas programacións culturais.

"(...) A discriminación positiva non é ningunha solución, e eu concordo con ela. A solución é que os espectadores, programadores e artistas abramos a nosa propia perspectiva. Precisamos ver a vida dende outras olladas, e asumilas un chisco como propias (...)".

"A discriminación positiva non é ningunha solución, e eu concordo con ela. A solución é que os espectadores, programadores e artistas abramos a nosa propia perspectiva. Precisamos ver a vida dende outras olladas, e asumilas un chisco como propias".

ACTUALIDADE | ESTREAS | Ártika Cultura E Arte acolle hoxe unha segunda función de 'Non pasarán', a nova peza de Ártika C...
24/11/2024

ACTUALIDADE | ESTREAS | Ártika Cultura E Arte acolle hoxe unha segunda función de 'Non pasarán', a nova peza de Ártika CIA, que irá seguida dun coloquio co equipo artístico.

A Sala Ártika, sita en Vigo, está a acoller esta fin de semana a estrea do espectáculo “Non pasarán", da súa compañía Ártika Cía. Despois dunha primeira función onte, sábado, hoxe ofrecerán unha segunda función ás 20.00 horas que irá seguida dun coloquio co equipo artístico.

OPINIÓN | Roberto Pascual escribe e reflexiona arredor da inauguración do ano lectivo na ESAD de Galicia · Páxina oficia...
17/11/2024

OPINIÓN | Roberto Pascual escribe e reflexiona arredor da inauguración do ano lectivo na ESAD de Galicia · Páxina oficial e no nomeamento dunha aula do centro en honor ao Grupo Chévere

"O pasado mes de outubro tivo lugar a lección inaugural do curso 2024-25 na ESAD de Galicia e o acto de nomeamento dunha aula, por segundo ano consecutivo. Despois da Aula Ana Vallés, o curso pasado, a Escola conta, para o bo recordo e xusta homenaxe de profesionais referentes, tamén de futuras xeracións, coa aula Chévere (...)".

"O pasado mes de outubro tivo lugar a lección inaugural do curso 2024-25 na ESAD de Galicia e o acto de nomeamento dunha aula, por segundo ano consecutivo. Despois da Aula Ana Vallés, o curso pasado, a Escola conta, para o bo recordo e xusta homenaxe de profesionais referentes, tamén de futuras x...

CRÍTICA | FESTIVAIS | ARTES CIRCENSES | Diana Longa escribe sobre 'Una parte de mí', de Cie O Ultimo Momento, outra das ...
16/11/2024

CRÍTICA | FESTIVAIS | ARTES CIRCENSES | Diana Longa escribe sobre 'Una parte de mí', de Cie O Ultimo Momento, outra das pezas que viu na Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo.

"(...) "A peza faite transitar emocionalmente xunto ao acróbata, coas súas subidas e baixadas, e a música achégate ese sentir, en perfecta harmonía co corpo. A pesar da brevidade do espectáculo, a viaxe é moi rica, grazas ás tensións e distensións que producen ambos artistas (...)".

"A peza faite transitar emocionalmente xunto ao acróbata, coas súas subidas e baixada, e a música achégate ese sentir, en perfecta harmonía co corpo. A pesar da brevidade do espectáculo, a viaxe é moi rica, grazas ás tensións e distensións que producen ambos artistas".

ACTUALIDADE | Camino Escena Norte fai balance da súa sexta edición, que comezou sendo "a máis expansiva" e rematou sendo...
15/11/2024

ACTUALIDADE | Camino Escena Norte fai balance da súa sexta edición, que comezou sendo "a máis expansiva" e rematou sendo "de resistencia", debido "á súa exclusión nas Ayudas para la acción y la promoción cultural do Ministerio de Cultura", e "á diminución en máis dun 50 % no apoio na convocatoria de teatro e circo do INAEM", que afectaron a diferentes liñas do proxecto e puxeron en risco a súa continuidade.

Despois de finalizar o pasado 27 de outubro a súa sexta edición, Camiño Escena Norte (CEN) fai un balance da mesma. A que comezou como a edición máis expansiva finalizou no que definen como "unha edición de resistencia", debido á exclusión do proxecto das Ayudas para la acción y la promoci....

Dirección

Apartado 210
Cangas
36940

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Erregueté - Revista Galega de Teatro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Erregueté - Revista Galega de Teatro:

Videos

Compartir

erregueté | Revista Galega de Teatro

A erregueté | Revista Galega de Teatro existe dende 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto o teatro galego.

A liña editorial da erregueté sempre estivo marcada pola independencia e o rigor informativo e o seu obxecto preferente é o teatro galego, aínda que sen prescindir dunha insaciable curiosidade por calquera aspecto de interese relacionado co teatro en xeral.

A erregueté conxuga información, creación, divulgación e estudo. Así, publíca críticas, reportaxes, crónica de festivais, recensións de libros, ensaios sobre un determinado aspecto relacionado coa arte dramática… Desde estes principios básicos intentamos estruturar os diferentes temas conxugando a información coa creación, a divulgación e o ensaio.

Para subscribirte á revista ou para saber o que facemos, visita a nosa páxina:


Otros Medio de comunicación/noticias en Cangas

Mostrar Todas