![Xa podedes escoitar o deste venres!Esta mañá demos conta da presentación da programación de actividades con motivo do ...](https://img5.medioq.com/142/405/1207020291424059.jpg)
14/02/2025
Xa podedes escoitar o deste venres!
Esta mañá demos conta da presentación da programación de actividades con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora cada ano o 23 de febreiro. As actividades, que se desenvolverán entre os meses de febreiro e marzo, buscan, entre outras cuestións, revitalizar o pensamento, figura e obra de Rosalía de Castro, así como poñer en valor o vínculo da escritora con Ames.
E precisamente esta tarde chegará, á Casa da Cultura do , "Rosalía cantareira" de Jara Ortiz, un concerto didáctico no que as crianzas poderán descubrir as composicións de Rosalía, normalmente inspiradas na música popular e tradicional, e tamén cantar algúns dos seus poemas máis recoñecidos. Jara acompañounos para darnos máis detalles dunha actividade para a que xa hai días que se esgotaron os convites.
E tivemos tamén un oco para a música, xa que o auditorio da Casa da Cultura do vai acoller mañá, a partir das 19:00 horas, o concerto de música clásica “En clave clásica”. O espectáculo estará interpretado e dirixido polos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Músikakademie. Manuel Villar, presidente e fundador do Centro, vainos acompañounos no programa para saber un pouco máis do que nos imos atopar mañá sobre o escenario.
Esta mañá demos conta da presentación da programación de actividades con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora cada ano o 23 de febreiro. As actividades, que se desenvolverán entre os meses de febreiro e marzo, buscan, entre outras cuestións, revitalizar o pensamento, figura e obra de R...