El Diario de A Laracha

El Diario de A Laracha Información general local Información general de A Laracha y área de influencia

O Nadal chegará este xoves á Laracha co acendido da iluminación que se realizará na Praza do Concello. O Nadal chegará e...
05/12/2024

O Nadal chegará este xoves á Laracha co acendido da iluminación que se realizará na Praza do Concello. O Nadal chegará este xoves, 5 de decembro, á Laracha co acendido da iluminación que se realizará na Praza do Concello ás 18:30 horas e a inauguración do poboado que decorará o entorno da Casa Consistorial durante as próximas semanas. Así, o acto vai dirixido a todos os públicos e os asistentes tamén poderán desfrutar dunha chocolatada, crepes, castañas e outras sorpresas....

O Nadal chegará este xoves, 5 de decembro, á Laracha co acendido da iluminación que se realizará na Praza do Concello ás 18:30 horas.

A intervención na parroquia de Coiro inclúe a renovación da capa de rodadura, actuacións dirixidas a aumentar a segurida...
03/12/2024

A intervención na parroquia de Coiro inclúe a renovación da capa de rodadura, actuacións dirixidas a aumentar a seguridade e a canalización da rede de recollida de pluviais. No marco do plan de conservación da rede viaria de titularidade municipal, o Concello ten en fase de execución un proxecto que afecta á parroquia de Coiro. As obras consisten na mellora da vía que comunica o núcleo da Riba co da Ferraría á altura da estrada provincial DP-1913....

O Concello da Laracha iniciou as obras de mellora da rede viaria entre A Riba e Ferraría, na parroquia de Coiro.

Vanse iniciar en próximas datas outro obradoiro de emprego, un novo programa integrado de emprego e unha acción formativ...
29/11/2024

Vanse iniciar en próximas datas outro obradoiro de emprego, un novo programa integrado de emprego e unha acción formativa para desempregados. Concluíu o obradoiro de emprego A Laracha VIII, unha iniciativa do Concello e a Xunta de Galicia grazas á que vinte persoas foron formadas nas especialidades de operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción e na de traballos de carpintería e moble....

Concluíu O obradoiro de emprego "A Laracha VIII", que formou 20 alumnos en dúas especialidades durante 12 meses.

Sete palés de alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron entregados en Alberic, un dos municip...
27/11/2024

Sete palés de alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron entregados en Alberic, un dos municipios valencianos afectados pola DANA. Sete palés de alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron entregados en Alberic, un dos municipios valencianos afectados pola DANA, en coordinación coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (Fevmp). A Fundación Mencer, que tamén achegou palés de auga, foi a encargada de transportar os produtos doados pola veciñanza larachesa durante a campaña municipal de recollida que se desenvolveu na primeira semana deste mes de novembro....

Alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron entregados en Alberic, un dos municipios valencianos afectados pola DANA.

A actuación está valorada en 713.000 euros, que o Concello inviste para a reforma integral da reitoral de Montemaior. O ...
26/11/2024

A actuación está valorada en 713.000 euros, que o Concello inviste para a reforma integral da reitoral de Montemaior. O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Pablo Cambón, Patricia Bello e Rocío López visitaron a casa reitoral de Montemaior para coñecer o estado actual de execución das obras de reforma integral da emblemática edificación e os seus espazos anexos....

Os representantes municipais comprobaron como os traballos da reforma integral da reitoral de Montemaior avanzan a bo ritmo de actuación.

O Arquivo da Pesca foi creado para poñer en valor o rexistro histórico da Confraría, dignificar o oficio dos pescadores ...
22/11/2024

O Arquivo da Pesca foi creado para poñer en valor o rexistro histórico da Confraría, dignificar o oficio dos pescadores e divulgar a cultura mariñeira. O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de Caión no financiamento dos gastos derivados da apertura ao público e o mantemento das instalacións do museo do Arquivo da Pesca. Así, o alcalde, José Manuel López Varela, e o patrón maior de Caión, Héctor Morgade, rubricaron o convenio en virtude do cal o Concello achegará a cantidade de 5.000 euros mediante unha subvención nominativa....

O Concello de a Confraría de Caión renovan o convenio de colaboración para o mantemento do arquivo da pesca

Caión estrea os dous murais que xa embelecen os espazos públicos da vila. Caión estrea os dous murais que xa embelecen o...
20/11/2024

Caión estrea os dous murais que xa embelecen os espazos públicos da vila. Caión estrea os dous murais que xa embelecen os espazos públicos da vila. Ambos traballos foron presentados nun acto público polos artistas que os compuxeron e plasmaron sobre a medianeira dun edificio da Avenida da Laracha e sobre a grúa do porto, Yoseba MP e Pelucas Pilas Bubbles…...

Caión estrea os dous murais que xa embelecen os espazos públicos da vila. Ambos traballos foron presentados polos artistas que os compuxeron.

Os obradoiros de educación afectivo sexual da programación municipal en torno ao 25N xa comezaron a impartirse nos centr...
15/11/2024

Os obradoiros de educación afectivo sexual da programación municipal en torno ao 25N xa comezaron a impartirse nos centros de ensino en horario lectivo. O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Como cada ano, en torno a esa data o Concello organiza unha programación municipal que complementa as iniciativas e servizos que están á disposición da cidadanía de xeito continuado co propósito de afrontar esa problemática social, apoiar ás vítimas e mostrar tolerancia cero cos maltratadores. ...

A Programación Municipal en torno ao 25N inclúe obradoiros nos centros de ensino, andaina e obra de teatro.

O Concello pon en marcha un novo programa de visitas guiadas ao Castro de Montes Claros. O Concello pon en marcha un nov...
11/11/2024

O Concello pon en marcha un novo programa de visitas guiadas ao Castro de Montes Claros. O Concello pon en marcha un novo programa de visitas guiadas ao Castro de Montes Claros para animar á cidadanía a coñecer tanto o xacemento como ás escavacións arqueolóxicas realizadas por iniciativa municipal e a que está actualmente en marcha co financiamento da Xunta de Galicia....

O Concello anima a coñecer o Castro de Montes Claros con visitas guiadas ao xacemento e á escavación arqueolóxica.

Os Venres Teatrais terán comedia, drama e tamén espazo para a concienciación social. A programación cultural municipal t...
08/11/2024

Os Venres Teatrais terán comedia, drama e tamén espazo para a concienciación social. A programación cultural municipal ten no mes de novembro unha das citas de referencia cos Venres Teatrais, o ciclo consolidado na Laracha por ofrecer desde hai máis de dúas décadas espectáculos de primeiro nivel do panorama audiovisual galego. Como é habitual, os Venres Teatrais terán comedia, drama e tamén espazo para a concienciación social ao incluírse unha das obras no programa municipal de actividades en torno á conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que se celebra o 25 de novembro....

A programación cultural municipal do concello da Laracha ten no mes de novembro unha das citas de referencia cos Venres Teatrais.

O programa celébrase nestes días en Santiago de Compostela coa participación de representantes de 13 países da Unión Eur...
06/11/2024

O programa celébrase nestes días en Santiago de Compostela coa participación de representantes de 13 países da Unión Europea. O alcalde, José Manuel López Varela, e a edila de Servizos Sociais, Rocío López, representan ao Concello da Laracha no segundo encontro do proxecto GREENgaged Citizens: European Network for Local Climate Action (Cidadáns comprometidos coa Acción Climática Local) que se celebra nestes días en Santiago de Compostela....

A Laracha está representada no programa nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López.

O Concello da Laracha está presente no VI Congreso “Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF España. O Concello d...
31/10/2024

O Concello da Laracha está presente no VI Congreso “Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF España. O Concello da Laracha está presente no VI Congreso “Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF España. A concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e a educadora familiar Lucía Iglesias son as representantes municipais no evento que está a desenvolverse estos días en Toledo....

O Concello da Laracha está presente no VI Congreso “Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF España.

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, e a edila...
30/10/2024

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, e a edila de Turismo, Patricia Bello, izaron a Bandeira Verde de Galicia. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, e a edila de Turismo, Patricia Bello, izaron a Bandeira Verde de Galicia que volver ondear na Praza do Concello como símbolo do recoñecemento da Xunta polo labor municipal a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente....

O alcalde da Laracha, o concelleiro de Medio Ambiente e a edila de Turismo, izaron a Bandeira Verde de Galicia na Praza do Concello.

Concluíron as obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión. Concluíron as obras de mellora do paviment...
29/10/2024

Concluíron as obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión. Concluíron as obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión. O proxecto afectou ao último tramo construído do paseo marítimo e consistiu na restauración do firme nas zonas que presentaban un maior deterioro debido ao paso do tempo. A actuación foi respectuosa e conservou as características construtivas e formais do sendeiro....

Concluíron as obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión. O orzamento superou os 28.000 euros.

Xa está en fase de execución o proxecto dirixido a mellorar a mobilidade e a accesibilidade no ámbito do parque empresar...
23/10/2024

Xa está en fase de execución o proxecto dirixido a mellorar a mobilidade e a accesibilidade no ámbito do parque empresarial da Laracha. Xa está en fase de execución o proxecto dirixido a mellorar a mobilidade e a accesibilidade no ámbito do parque empresarial da Laracha, como puideron comprobar hoxe o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello, nunha visita ao lugar das obras....

Xa está en fase de execución o proxecto dirixido a mellorar a mobilidade e a accesibilidade no ámbito do parque empresarial da Laracha.

O espectáculo "Vía Morta" pretende mostrar a realidade das persoas refuxiadas. O Fondo Galego de Cooperación e Solidarie...
18/10/2024

O espectáculo "Vía Morta" pretende mostrar a realidade das persoas refuxiadas. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade escolleu o IES Agra de Leborís da Laracha para iniciar a xira de Vía Morta, un espectáculo de teatro inmersivo escenificado por Pallasos en Rebeldía que pretende mostrar aos asistentes a realidade das persoas refuxiadas mediante unha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis....

O IES Agra de Leborís acolleu a función teatral "Vía Morta" a través do fondo galego de cooperación e solidariedade.

As obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión xa están en execución. As obras de mellora do paviment...
14/10/2024

As obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión xa están en execución. As obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión xa están en execución. O proxecto afecta ao último tramo construído do paseo marítimo e consiste na restauración do firme nas zonas que presentan un maior deterioro debido ao paso do tempo....

As obras de mellora do pavimento do Sendeiro de Saldoiro de Caión xa están en execución e afecta ao último tramo do paseo marítimo.

Dirección

A Laracha
A Coruña
15145

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando El Diario de A Laracha publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a El Diario de A Laracha:

Compartir

Quienes somos...

Medio de comunicación online diario y offline periódico, de información del Concello de A Laracha y su área de influencia. Síguenos en www.eldiariodelaracha.com