Baía Edicións

Baía Edicións Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, así como libros Peteiro, Guías de Iniciación, O meu pequeno animalario...)

Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público infantil e xuvenil, que se concretaron nos máis de 170 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos a esta franxa de idade, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Contos da igualdade, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia, Emocións, Preg

unta á Dra. con outros con predominio lúdico-literario (Meiga Moira, Xiz de cor, Rodribico, Mar de letras, Grandes clásicos adaptados, Fabulando, A nosa historia de Pepe Carreiro, Barriga Verde infantil...), todos eles cun importante contido visual. No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, alcanzando en 2016 a súa sétima edición, que se ten convertido un auténtico foro para autoras e autores novos que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito. Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación e de promover un estilo de vida en harmonía coa natureza. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, integrada por máis de 20 títulos ilustrados entre guías da natureza, guías prácticas e unidades didácticas, premiada, entre outros, en 2013 no seu conxunto co Mellor proxecto editorial concedido pola Federación de Librerías de Galicia. En 2007 a Guía dos mamíferos de Galicia logrou o Premio “Isaac Díaz Pardo “ ao Mellor Libro Ilustrado concedido pola Asociación Galega de Editoras. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo. Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand World Cookbook Awards. Desde os nosos inicios, tivemos clara a necesidade de impulsar o ensino en galego e desde Galiza, por ese motivo, ao longo dos anos e adaptados aos diferentes proxectos curriculares, ofertamos Libros de Texto feitos en galego e pensados desde Galiza por profesionais que coñecen a nosa realidade social e educativa e que, co tempo, fomos actualizando ás novas tecnoloxías, coa creación de libros educativos electrónicos e a plataforma Aula Virtual de Baía, coa que se dota dunha ferramenta áxil e permanentemente actualizada ás/aos ensinantes para facilitar o seu traballo pedagóxico e didáctico diario. Asemade, promoveu o selo editorial Ártabro Editora para a publicación en español e participou na creación da distribuidora Consorcio Editorial Galego, da que se foi convertendo na única accionista, e que, na actualidade, conta na súa carteira de distribución co 80 % das empresas editoriais galegas. Iniciou a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en portugués, euskera, catalán, castelán e francés.

Comezamos o ano cun gran compromiso polo noso medioambiente 📚🌎"SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta", da autoría d...
03/01/2025

Comezamos o ano cun gran compromiso polo noso medioambiente 📚🌎
"SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta", da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, . Tradución:

Unha obra que realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.


https://baiaedicions.gal/infantil-xuvenil/531-sos-monstros-verdadeiros-ameazan-o-planeta.html

Para poder comezar o ano ben, que mellor forma de facelo que cunha Axenda para ter todo organizado!   Unha axenda que vé...
02/01/2025

Para poder comezar o ano ben, que mellor forma de facelo que cunha Axenda para ter todo organizado! Unha axenda que vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios.📙📖
Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada día as efemérides máis relevantes da nosa arte, literatura e ciencia.
Xa nas librarías!!!
https://baiaedicions.gal/papeleria/538-axenda-2025.html

A familia de   deséxavos un FELIZ 2025!!! Sempre acompañadas de libros... moitos libros... FELIZ 2025! 🎄🥳📘 'Ana e a lúa ...
31/12/2024

A familia de deséxavos un FELIZ 2025!!! Sempre acompañadas de libros... moitos libros... FELIZ 2025! 🎄🥳
📘 'Ana e a lúa lueira!, de Toño Núñez e ilustracións de Noemí López

Que mellor forma de celebrar este   que con boa música, 'LUAR NA LUBRE XX - ENCRUCILLADA', o vixésimo proxecto do grupo....
23/12/2024

Que mellor forma de celebrar este que con boa música, 'LUAR NA LUBRE XX - ENCRUCILLADA', o vixésimo proxecto do grupo. Coa participación das distintas voces que pasaron polo grupo así como doutros tantos colaboradores en diferentes disciplinas artísticas. Un momento histórico emotivo e importante a través dunha recompilación de música, relatos, fotografías e material variado para entender un pouco mellor o que significa Luar Na Lubre a través do tempo.
Ilustrador da portada:
Luar na Lubre Bieito Romero
https://baiaedicions.gal/arte-e-escrita/582-luar-na-lubre-xx-encrucillada.html

📣 A próxima semana viaxamos a Pontevedrapara presentar "As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos". 📚🪦⚰...
20/12/2024

📣 A próxima semana viaxamos a Pontevedrapara presentar "As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos". 📚🪦⚰
📆 Sábado 28 de decembro ás 11:00 h. realizaremos unha visita guiada ao cemiterio de San Mauro con Emma Pedreira.
📆 Sábado 28 de decembro ás 12:30 h. presentación da obra na Sala Personalizada do Tanatorio San Marcos.
Emma estará acompañada do sepultureiro Francisco Abuín.
Concello de Pontevedra Libraría Paz

https://baiaedicions.gal/arte-e-escrita/597-as-horas-mortas.html

Este   agasalla  , regala  ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos libros de  . Aquí vos deixamos as nosas...
20/12/2024

Este agasalla , regala ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos libros de . Aquí vos deixamos as nosas . Como recoñecer as 50 especies de , e máis comúns de Europa Occidental dunha forma sinxela. 📚🌳🦅🍄

https://baiaedicions.gal/182-guias-de-iniciacion

A nosa pita Xefa, co espectáculo de Títeres Alakrán viaxará este Nadal a Silleda, Ramirás, Moaña e Tomiño.Un gran espect...
19/12/2024

A nosa pita Xefa, co espectáculo de Títeres Alakrán viaxará este Nadal a Silleda, Ramirás, Moaña e Tomiño.
Un gran espectáculo coa adaptación do libro de Marta Lado, A PITA XEFA, con monicreques que farán g***r ás nosas crianzas este Nadal! 📚🎄🐔
A programación comeza este xoves:
📅 19 de decembro de 2024.
🕕 18:00h.
📍 Casa do Concello de Silleda
As seguintes citas son:
📅 20 de decembro de 2024.
🕦 11:30h.
📍 CEIP Rogelio García Yáñez, Ramirás.
📅 29 de decembro de 2024.
🕕 18:00h.
📍 Sala Celso Parada, CSC Daniel Castelao, Moaña.
📅 30 de decembro de 2024.
🕠 17:30h.
📍 Praza do Seixo, Tomiño.
Política Lingüística

O espectáculo 𝗔 𝗣𝗶𝘁𝗮 𝗫𝗲𝗳𝗮 de Títeres Alakrán forma parte do programa de dinamización lingüística 🌲✨ da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Este Nadal visitará Silleda, Ramirás, Moaña e Tomiño, para desfrutar dos monicreques e celebrar as festas en galego.

A programación comeza este xoves:
📅 19 de decembro de 2024.
🕕 18:00h.
📍 Casa do Concello de Silleda

As seguintes citas son:

📅 20 de decembro de 2024.
🕦 11:30h.
📍 CEIP Rogelio García Yáñez, Ramirás.

📅 29 de decembro de 2024.
🕕 18:00h.
📍 Sala Celso Parada, CSC Daniel Castelao, Moaña.

📅 30 de decembro de 2024.
🕠 17:30h.
📍 Praza do Seixo, Tomiño.

🐔 𝗔 𝗣𝗶𝘁𝗮 𝗫𝗲𝗳𝗮 é unha adaptación da obra "A Pita Xefa" de Marta Lado editada por Baía Edicións .

Vémonos hoxe ás 18:30 h. na Facultade de dereito da UDC na charla e presentación do libro de  , MOITO QUE CONTAR. Partic...
18/12/2024

Vémonos hoxe ás 18:30 h. na Facultade de dereito da UDC na charla e presentación do libro de , MOITO QUE CONTAR. Participarán, ademais do autor, Alfonso Hermida Mejuto, Henrique Rabuñal Corgo e Adrián Viña. Esperámosvos! 💙🤍


https://baiaedicions.gal/ensaio/594-moito-que-contar.html

Este   agasalla  , regala  ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras de natureza, dedicado ao c...
18/12/2024

Este agasalla , regala ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras de natureza, dedicado ao cultivo. 📚
- 'Cleopatra. Raíña do Nilo', tradución e adaptación ao galego de Anxela Gracian.
- 'Drácula', tradución e adaptación ao galego de Tamara Aymerich Correa.
- 'Oliver Twist', tradución e adaptación ao galego de Anxela Gracián.
- 'O mago de Oz', tradución e adaptación ao galego de Tamara Aymerich Correa .
- 'Os tres mosqueteiros', tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez.
- 'As viaxes fantásticas de Jules Verne', tradución e adaptación ao galego de Anxela Gracián.
- 'Charles Darwin, de Alan Gibbons e ilustracións de Leo Brown.
- 'O mundo máxico de Tolkien', de Édouard Kloczko e ilustracións Krystal Camprubi. Tradución de Ana Buján.
- 'Leonardo da Vinci', de Steve Augarde e ilustracións de Leo Brown.

https://baiaedicions.gal/124-clasicos-adaptados-6-10-anos

Non hai escusas para ter ben organizado este 2025! Unha axenda que vén enriquecer o panorama en galego da edición de axe...
17/12/2024

Non hai escusas para ter ben organizado este 2025! Unha axenda que vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios.📙📖
Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada día as efemérides máis relevantes da nosa arte, literatura e ciencia.

https://baiaedicions.gal/papeleria/538-axenda-2025.html

Este   agasalla  , regala  ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras sobre as mulleres da nosa ...
17/12/2024

Este agasalla , regala ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras sobre as mulleres da nosa historia. 📚
- 'XelArias. Palabra á intemperie', de Emma Pedreira e ilustracións de Laura Romero.
- 'Feminino singular, en plural', de Co**ha Blanco e ilustracións de Laura Romero.
- 'A voz das últimas cigarreiras coruñesas. Lembranzas dun tempo ido', de Ana Romero e Xulia Santiso.
- 'As mulleres nas matemáticas', de Matilde Ríos Fachal.
- 'As mulleres na filosofía', de Inés Fernández Buján.
- 'Outro mundo é posible: O reino da necesidade Vandana Shiva', Anna Carina de Cervera i Iglesias.
- 'Tres mulleres galegas de armas tomar', de Guillermina Domínguez e Felicia Estévez.
- 'As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta', de Esperanza L. Mariño Davila e ilustracións de Laura Romero.
- 'María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)', de Ana Romero Masiá.
- 'Ferreñas e Rock and Roll', de Laura Romero e Iria Pedreira Sanjurjo.
- 'Mercedes Tella Comas (1868-1934). Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña', de Ana Romero Masiá.
https://baiaedicions.gal/174-as-mulleres-na-historia

Este   agasalla  , regala  ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras para público infantil. Aín...
16/12/2024

Este agasalla , regala ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras para público infantil. Aínda non coñecedes a , , e ? Divírtete con todas elas!!! 📚🐕🐘🐈🐵
Libros con un divertido de dedo con forma de animal que favorecen a dramatización do conto.

https://baiaedicions.gal/108-prelectores-0-3-anos

Este   agasalla  , regala  ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras sobre o reino animal e a s...
13/12/2024

Este agasalla , regala ! Podes escoller a temática... desta volta propoñemos varias obras sobre o reino animal e a súa vida para público infantil. Verás que divertidos! 📚🤩
Quen de vós ten algún título da colección "Quen vive aí?".
Magníficas traducións de María Reimóndez.

https://baiaedicions.gal/215-quen-vive-ai

Dirección

Baía Edicións, Segunda Avenida, A2, 52, Polígono De Pocomaco
A Coruña
15190

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981174296

Página web

https://baiaedicions.gal/editorial/, https://aulavirtual.baiaedicions.gal/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Baía Edicións publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Baía Edicións:

Videos

Compartir

Categoría