30/10/2024
VENTÍN, CLASE A, E PÉREZ E CARDALDA, NA B, DESPIDEN A TEMPADA DE RALLYMIX CON VICTORIA EN BARBADÁS
Alfonso “Pisko” Ventín (Yacarcross), na clase A, e Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda (Peugeot 208 T16 R5), na B, foron os vencedores do Rallymix de Barbadás, séptima e derradeira proba do Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
A proba ourensá, que contou con 70 equipos na liña de saída, estivo marcada pola chuvia e o complexo do percorrido marcado pola organización, no que “Pisko” Ventín foi o mellor dentro da clasificación conxunta da proba.
O piloto de Cotobade, que tivo que lidiar con problemas físicos durante a carreira, deteu o crono en 24:18.964 despois das cinco pasadas ao trazado de pouco máis de seis quilómetros, acadando ademáis, a victoria na clase A e na Copa MRF.
Nesta cita, na que o público volveu a acudir de maneira abondosa a pesar da chuvia, o segundo posto foi para o berciano Antonio Viloria (2º clase A), a apenas dez segundos do vencedor.
A terceira posición final foi para Abel Jurado (3º clase A), que foi un dos grandes protagonistas da fin de semana ao remontar dende o posto 32 ata chegar ao podio. O asturiano foi o mellor en dúas das cinco mangas cronometradas do fin de semana.
Completaron os cinco primeiros clasificados Cristóbal Serantes e Miguel Iglesias (2ºCopa MRF), a 58 e 59 segundos do vencedor, respectivamente.
Ismael Neira, que foi duodécimo clasificado, ocupou o terceiro posto na Copa MRF.
Sergio Fernández, líder ao término do primeiro día de competición, non foi quen de rematar a proba, retirándose na quinta e definitiva manga.
Na clase B, triunfo para Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda no Peugeot 208 T16 R5 cun crono final de 26:29.726.
O segundo posto da clase B, a máis de medio minuto dos vencedores foi para Tino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5, mentres que o terceiro chanzo foi parar a mans de
Iván e Adrián Vázquez no BMW, xa a máis de tres minutos do primeiri posto da clase B nesta carreira.
A continuación situáronse Jesús e Manuel Sánchez no Citroën C2 R2 Max (1º Copa Pirelli Dianteira) e Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo, no Citroën Saxo (2ª Copa Pirelli Dianteira e 1º na Copa Iniciación Escuderías).
Carlos Maquieira e Jesús Tobío obtiveron o terceiro posto na Copa Pirelli Dianteira e segundos na Copa Iniciación Escuderías.
José Miguel Figueiras e David Simons foron terceiros na Copa Iniciación Escuderías.