Aires Novos

Aires Novos "As palabras perténcenlle ao ar porque están feitas del. Saberás que se agochan no vento. Que zoan, que bouran, que nacen libres e loitan por fuxir do chan.

Aférranse aos soños instintivamente. Son aires novos e queren voar". Aires Novos é unha revista de creación literaria, polo de agora autoeditada, que pretende servir de canle de difusión para todas/os aquelas/es mozas/os que sintan o desexo de compartir co alguén colectivo as súas palabras. Tal vez xa nos coñezas, mais poida que non e que che pique a curiosidade. Para facerte co noso traballo exis

ten dúas opcións. A primeira é a edición en papel da revista, que custa 1€. Porén, como o noso espazo de distribución se limita, con algunha que outra excepción, á cidade de Lugo, ofrecemos a posibilidade de recibila de balde por correo electrónico. Nos dous casos é preciso que nos contactedes, pois os propios creadores somos o punto de venda ambulante. Podedes facelo a través do Facebook, ou ben enviándonos un correo á dirección [email protected] onde manifestedes a vosa intención. Por outra banda, se estás interesado en formar parte do grupo, polo momento reducido, de persoas que plasman a súa pegada nas páxinas desta pubicación, só tes que dicilo. Non existe, en principio, ningún requisito especial en canto a idade, xénero, temática, estilo... Mesmo estamos abertos a propostas artísticas non literarias, sempre e cando poidan integrarse no noso formato. Comunícate connosco empregando os medios xa citados. Que se escoiten as túas ideas! Agardámoste.

Address


Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Aires Novos posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Aires Novos:

Shortcuts

  • Address
  • Alerts
  • Contact The Business
  • Claim ownership or report listing
  • Want your business to be the top-listed Media Company?

Share