REVISTA RETRANCA

  • Home
  • REVISTA RETRANCA

REVISTA RETRANCA A REVISTA GALEGA DE HUMOR GALEGO ... Lerasnos de morto
se non nos les de vivo!!!

Este é o artigo que escribín sobre o meu amigo Salvador Alves, o xastre da rúa Princesa de Pontevedra.
22/07/2024

Este é o artigo que escribín sobre o meu amigo Salvador Alves, o xastre da rúa Princesa de Pontevedra.

O debuxante Kiko da Silva rende homenaxe ao xastre pontevedrés Salvador Alves falecido o 15 de xullo

Hoxe o Diario de Pontevedra homenaxea ao meu amigo Salvador Alves, o xastre da rúa Princesa.Grazas Belén López por facel...
22/07/2024

Hoxe o Diario de Pontevedra homenaxea ao meu amigo Salvador Alves, o xastre da rúa Princesa.

Grazas Belén López por facelo posible e darme a oportunidade de despedirme del como merecía.

Pola tarde cando o suban á web do Diario de Pontevedra comparto o textiño que lle escribín.

Hoxe está de aniversario Miguelanxo Prado.Moitos parabéns!!!
16/07/2024

Hoxe está de aniversario Miguelanxo Prado.
Moitos parabéns!!!

Xa a venta en galego en www.retranca.gal
10/07/2024

Xa a venta en galego en www.retranca.gal

Crítica del cómic de Miguelanxo Prado, Presas fáciles (Norma Editorial, 2024)

A comezos de século (17 de maio do 2001) xunteime con Cano Paz para montar BDbanda un ano máis tarde uníronse Germám Erm...
05/07/2024

A comezos de século (17 de maio do 2001) xunteime con Cano Paz para montar BDbanda un ano máis tarde uníronse Germám Ermida , Heitor, Carvalho e Xiko Paradelo para ampliar a banda de BDbanda.

Fixemos un fanzine homónimo, no 2005 conseguimos o Premio á mellor fanzine de cómic no Salón do Cómic en Barcelona (a primeira vez que un fanzine en galego lograba ese prestixioso galardón) logo convertémola en revista en dúas linguas, en galego para Galiza e en castelán a nivel estatal... diriximos unha colección de cómic para Faktoría K de Libros e despois publicamos baixo o selo BDbanda AS SERPES CEGAS de Cava e Bartolomé Seguí (En dúas linguas) e acadamos o Premio á Mellor Obra, Mellor Guión e Mellor Debuxo no Salón do Cómic de Barcelona 2008, ao ano seguinte AS SERPES CEGAS gañou o Premio Nacional de Cómic no 2009... logo fixemos xornadas de Bd, expsicións, unidade didácticas... e ata editamos 2 bds que adaptaban ao cómic a obra de Vicente Risco... tiñamos que ternos disolto hai anos, pero sempre é máis fermoso ter a disolución de BDbanda como excusa para xuntarnos, comer e logo irnos a bañar ao río.

O QUE UNE A BD NON SE DISOLVE NUNCA!!!

O domingo á noite roubaron a Placa da Rúa Keko tamén. A xente non se dá conta que esas placas están  pagadas cos cartos ...
02/07/2024

O domingo á noite roubaron a Placa da Rúa Keko tamén. A xente non se dá conta que esas placas están pagadas cos cartos de todos/as e que o ano vineiro teremos que voltar a facelas?!!!

Se alguén as atopou tiradas pola cidade deixádenola no Concello de Pontevedra ou no Garaxe Hermético.

Se alguén atopa á venta a placa de Bea Lema ou a de Keko en Todocolección ou Wallapop ou similar... avisádeme.

O resto de placas xa foron retiradas.

Moitas grazas

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when REVISTA RETRANCA posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Videos

Shortcuts

  • Address
  • Alerts
  • Videos
  • Claim ownership or report listing
  • Want your business to be the top-listed Media Company?

Share