LUGO Anti-OTAN

LUGO Anti-OTAN Lugo pola Paz e contra a OTAN.

👉GALIZA POLA PAZ E CONTRA A OTAN 🔊Próximo 12 de Marzo, ás 20h, concentración frente o cuartel de S. Fernando.Esperámosvo...
16/02/2025

👉GALIZA POLA PAZ E CONTRA A OTAN
🔊Próximo 12 de Marzo, ás 20h, concentración frente o cuartel de S. Fernando.
Esperámosvos‼️

14/02/2025
NOM Á SUA  PROPAGANDA CRIMINAL‼️NOM Á SUA CENSURA DIGITAL‼️Governo da Entidade Sionazista admite ter utilizado Diretiva ...
11/02/2025

NOM Á SUA PROPAGANDA CRIMINAL‼️
NOM Á SUA CENSURA DIGITAL‼️

Governo da Entidade Sionazista admite ter utilizado Diretiva Aníbal para disparar contra os próprios sionistas presos pola resistência palestiniana o 7 de outubro.
Com isto amostra-se o caráter criminoso de toda a narrativa do regime genocida e as suas mentiras contra a legítima luita do povo palestiniano.
✌️🇵🇸🚩
👇👇 https://thecradle.co/articles-id/28788

09/02/2025

📣Jovem galego: se só tes a ESO, estás de parabéns: podes alistar na OTAN e algum dia morrer defendendo os Estados Unidos e as oligarquias que te condenam à precariedade laboral e depauperaçom social‼️

08/02/2025

[VÍDEO ESCLARECEDOR]
👉Divulgamos um extrato desta entrevista realizada a Zelenski, onde se constata o caráter corrupto e criminal do regime ne***zi de Kiev.

Zelenski, reconhece que nom sabe a onde fôrom a parar 200 mil milhons entregados polos EUA e a UE. Eis umha prova mais da expressom da corrupcom geralizada do protetorado ianque na Ucrânia.

12 de Marzo. Xornada Galega contra a OTAN e pola Paz.
24/01/2025

12 de Marzo. Xornada Galega contra a OTAN e pola Paz.

🇪🇺🇺🇦 A OTAN perderá milleiros de millóns de dólares adicionais en caso dunha derrota de Kiev diante de Rusia, segundo o ...
24/01/2025

🇪🇺🇺🇦 A OTAN perderá milleiros de millóns de dólares adicionais en caso dunha derrota de Kiev diante de Rusia, segundo o secretario xeral do bloque atlantista, Mark Rutte.
Sectores máis elitistas,belicistas e intervencionistas do imperialismo voltan reunirse no Foro Económico Mundial que se celebra coma todos os anos na vila suiza de Davos. Os ultras da Alianza Atlántica precisan incrementar a tensión dende o Báltico e Bielorrusia deica Trasnistria ,para poderen enviar máis armas ao réxime ne***zista e mafioso de Kiev, e abortar unha tregua agora e logo afundir na lama da guerra total calquer chance de negociación política en términos mínimamente aceptables para os intereses da Rusia. A neutralidade da Ucrania e o fin da represión nazista contra os rusófonos e ucrainos antifascistas supón a derrota da OTAN.Eis o que defende Rutte,ao igual do que Sánchez e os seus amos de Davos.

El secretario general de la OTAN, Mark Rutte, ha pedido a los socios europeos de la alianza atlántica que...

23/01/2025

GALIZA POLA PAZ E CONTRA A OTAN
Non ao aumento dos gastos militares!
Evitemos a escalada bélica que nos conduce á III Guerra Mundial
Nen un só €, nen unha soa vida galega para a súa guerra!

Estamos asistindo a unha escalada bélica para salvar os privilexios do imperialismo e frear o ascenso dos pobos articulados a volta dos BRICS.

Argumentan demagoxicamente que é necesario pola nosa "seguridade" e para defender os "valores" europeos, ameazados por Rusia e China.

Estas falacias fican descubertas cuando sectores do imperialismo na Europa e no Reino Unido queren reventar posibles negociacións con Moscovo, e cuando a UE ten amparado e xustificado o xenocidio sionista contra a Palestina, e imposto un goberno yihadista en Damasco.

A nova administración Trump tenta intimidar á desesperada con guerra económica e co patrocinio de parte das forzas fascistas na Europa e na América Latina. Todo para garantir a supremacía do dólar e trabar o ascenso dos BRICS con aranceis, sancións e mais militarización.
Porén, unha parte dos dirixentes da Alianza e a cúpula corrupta e nazificada da UE, queren seguir con provocacións, contra da Rusia que nos leven ao confronto directo en moi poucos anos, ameazando cunha catástrofe nuclear e ameazando de vez a mesma supervivencia humana neste continente.
Na Galiza, pola nosa sumisión secular ao Estado español e a presenza de bases militares en Ferrol, no Monte Iroite (Barbanza), Marín, Figueirido, aeródromo de Lavacolla, entre outras, todas instalacións ao servizo da OTAN.Bases que poñen en risco a nosa seguridade individual e colectiva, o futuro de todas as nosas crianzas, o noso medio ambiente e os direitos e liberdades básicas.

Non podemos seguir observando en silencio o rearmamento, os discursos belicistas das autoridades e das forzas políticas maioritarias. Nom podemos permitir que xustifiquen publicamente a necesidade de termos que facer sacrificios en sanidade, educación, pensións e salarios para aumentar os gastos militares por orde dos amos.

É hora de sairmos a protestar en defensa da Paz, contra o aumento do gasto militar e contra a posible escalada de IIIGM imperialista que están preparando en Washington e Bruxelas.

É hora de voltar ocupar as rúas para reclamar Paz, Soberanía e Xustiza Social, a demandar a inmediata retirada das bases OTAN na Galiza e na Península , é tempo xa de evitarmos que nos arrastren á guerra, de que a nosa mocidade se converta en carne de cañón das multinacionais e dos grandes fondos de investimento de alén e aquén do Atlántico!

Dirección

Lugo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando LUGO Anti-OTAN publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir

Categoría